domingo, 24 de marzo de 2013

UN TEMPO DE ESPERANZA

 Primitivo coro franciscán, en Greccio. 
 O 19.03.2009 celebramos aquí unha eucaristía, oficiada polo padre Castro, en Greccio. Foi unha misa de Nadal e, curiosamente, comezou a nevar. O día 21.03, despois de ter pernoctado en Asís, a Cidade da Paz, continuamos camiño de La Verna, ónde non puidemos sobir por culpa da neve. ¿Quén nos diría daquela que o actual Papa Francisco, tan namorado da obra franciscáa, ía invitare ós frades de La Verna, no monte Alverna, a estar coel na misa de iniciación do seu Pontificado?.

Pontevedra, 24.03.2013
Entrada 1632 do blog
Artículo semanal.

Un tempo de esperanza,
por Xesús López Fernández


            Co Papa Francisco parece se abre un novo tempo de esperanza, unha maior apertura da Igrexa cara unha sociedade dela necesitada. Sobre esa necesidade e aceptación venme agora á memoria o caso do padre Michel Marie Zanotti Sorkine, hoxe conocido como o novo cura de Ars da Marsella agnóstica, ó que lle encomendaron a parroquia de San Vicente Paúl á que arribou no ano 2004. O home ten un pasado de cantante de éxito en cabarets de París e Montecarlo, pero o seu amor á Virxe levouno a se consagrare á vida relixiosa, tendo pasado polas ordes de dominicos e franciscáns. Sería ordeado sacerdote no 1999. E dend´o primeiro momento foi o seu lema o de “traer tantas almas pra Deus como posible fose”. Hai que ter en conta que o barrio no que traballa é de maioría musulmáa e que soamente o un por cen da poboación é católica practicante. Así as cousas, o templo parroquial abría soamente os domingos e con asistencia mínima á santa misa, na cripta: unhas cincoenta persoas.

            I estaba prevista a clausura e demolición do templo. Pero xa non, porque hoxe é a parroquia con máis vida de Marsella. Cando un templo permanece coas portas cerradas pode que xa nada teña que ofrecer. Esa filosofía cambiou, estando abertas actualmente, durante case todo o día, as cinco portas do templo, porque a Igrexa ten que facilita-lo encontro do home con Deus. O padre Michel Marie, que comezaría por oficia-la santa misa no altar maior, iría marcándose outros obxetivos: o coidado da liturxia, a limpeza extrema que alí se aprecia, a reposición do rosario cotián, e a confesión, pasando el non poucas horas no confesionario. En definitiva que, pouco a pouco, foi convertindo o seu apostolado nun fenómeno de masas conocido en toda Francia e hoxe asisten a misa unhas setecentas persoas, sendo necesarias sillas suplementarias. E polas mañás, antes de abri-las portas do templo, os fieles fan cola pra se confesare. Numerosos adultos foron bautizados, 34 na última Pascua. Michel Marie, tamén compositor musical, coida especialmente os cánticos litúrxicos.

         O bispo mandárao a esta parroquia como última esperanza, e fíxolle caso cando lle pideu permiso pra mante-las cinco portas abertas. O crego viste ademáis de sotana e así móstrase públicamente, acodindo ós cafés pra face-lo seu desaxún ó tempo que conversa con xente diversa que nalgús casos acaba por frecuenta-la parroquia, tendo sido numerosos os casos de conversión. Incluso os seus sermós son agardados, ata o punto de que algús fieles pendúranos en internet. E mantén, afirma en relación coa súa parroquia, que 90.000 coches e numerosos viandantes e turistas reparan en que o templo está aberto e con sacerdotes á vista, sendo éste parte do seu método: a presencia de Deus e da súa xente no mundo secularizado. O sacerdote debe estar atento ós que a el acodan. Por éso, tamén, é importante a recuperación da práctica da confesión porque, en certo sentido, o sacramento pode facer posible a sanación das conciencias e menos necesarias as consultas ó psiquiatra.

       Coido que o evanxelio do Papa Francisco, o de que o poder só é válido si se fai servicio, conecta co estilo do novo cura de Ars, o padre Michel Marie. Vanse conocendo datos da pastoral do bispo Bergoglio, en Buenos Aires, agora bispo de Roma, Papa Francisco, que se dispón a oficia-la misa de Xoves Santo nun reformatorio román, perto dos máis necesitados. Unha nova reevanxelización do mundo, especialmente dunha Europa que hoxe pasou a ser terra de misión, parece vai comezar. A frase pronunciada na misa de iniciación ante os representantes de non poucos estados, a citada de que o poder é servicio, ven sere unha crítica soave pero firme contra a corrupción, contra aqueles gobernos que non sirven ós seus países, nos que a clase política está hoxe desprestixiada, trufada de políticos do trinque, en moitos casos nemigos da propia Igrexa. Que entendan o poder como servicio é algo que lles debemos demandare pra marcar ese tempo de esperanza, posible xa en Marsella.

2 comentarios:

candela dijo...

Frente a los despóticos, que piensan que son dueños exclusivos de la fe católica, yo creo que Cristo fué, ante todo, un pescador de hombres. No se pesacan almas deslumbrando con boatos y frases intrincadas, sino hablándoles en su mismo idioma, abriendo el corazón al verdadero espíritu de nuestra fe.

Sin desmerecer al anterior, un Papa culto y sabio, el Papa Francisco me gusta por su proximidad. Invita a la esperanza.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Coincido con tu apreciación. Y espero que los representantes de los distintos países en la misa de iniciación del Santo Padre, sí habrán entendido lo dicho por el Papa Francisco, como también hemos entendido los fieles que sabemos cuando el poder político se ha vuelto abyecta corrupción. Espero que, al final, la batalla ha de tener un claro vencedor: los humildes.
Un cordial saludo