Esta é a gran chousa que nas marismas de Lourizán ocupa o complexo letal clorocelulósico. A pasteira, a día d´hoxe, presuntamente carece de concesión. Pero os políticos están a xogaren un xogo siniestro todos eles: uns queren seguir mantendo a carga de contaminación, a perda do lucro cesante da ría, a ocupación do dominio público marítimo terrestre. E ata Louzán acaba de asinar un acordo de colaboración co señor Arregui, o novo home forte de Ence, que anuncia un plan de futuro, unha falacia, pra integrare Ence na paisaxe, cando esa paisaxe está a sofrire un desgarro que non podemos consentir.
Este é un novo dibuxo fractal, xa presente no blog. A parte de riba representaría o vello Lourizán, a praia de Pontevedra; a parte inferior a contaminación da factoría fundamentalmente, á que tamén se suman os vertidos urbáns. Sen datos actuales, téñase presente que a factoría chegou consumir catro veces o caudal do río Lérez que a cidade. E gratis total. Vergonza, corrupción política.
Entrada n. 1661 do blog
A FALSA ENQUISA DE ENCE,
por Xesús López Fernández
Hai dous días estaba descansando, pola tardiña, cando sonou o teléfono. Unha dama, señora ou señorita portavoz dalgunha empresa demoscópica interesándose pola preocupación dos cidadáns polo medio ambiente. Segmento de edade, algo que aclarei ó momento. Máis de oitenta anos. ¿Principal problema ambiental? Os políticos. ¿Por qué? Porque si eles compriran cos seus deberes estarían resoltos os problemas de contaminación da cidade, da ría, e non teriamos sido nalgún momento, un área de saúde deprimida, con catro veces máis enfermedades do tracto respiratorio que a área de Vigo que ten catro veces máis poboación. E cun colectivo de paralíticos cerebrales. E con información facilitada ós franceses sobre a comenencia de non consumire mexilós da ría de Pontevedra, algo que habería que acreditar nas ventas, por medio de certificado do Instituto Español de Oceanografía, no sentido de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectores de Meloxo e O Grove na ría d´Arousa. No discurso entrou o tema do mercurio, das dioxinas, dos bifenilos policlorados, do endrín, etc., algo que á dama non lle interesou.
Pero as perguntas íanse centrando en torno ó caso Ence, que si eu non creía que Ence beneficiaba a Pontevedra, en absoluto; a Galicia, en absoluto, convertida en gran eucaliptal forxador de incendios e de cerre de aldeas. Se ó mellor ata se pode considerar como emprego inducido o realizado polos incendiarios porque, según informe confidencial dun enxeñeiro de Montes anexo a un inventario forestal dos anos setenta, algo sabido pola Xunta, tres son as formas de expandi-lo eucaliptal: por sementes, por medio de planteles, polo lume, que incluso se teñen contado 22000 renovos de cepa por hectárea queimada.
¿Pero non cree, perguntaba a señorita ou señora, que coas medidas adoutadas por Ence a situación ten mellorado e que a nova Lei de Costas, ó reducire a distancia de protección de cen a vinte metros, a fábrica podería permanecere onde está? Non, porque está asentada no mar, como estaban Malvar, Holcim, o propio ferrocarril, a depuradora presuntamente ilegal e a avenida de Marín... Todo está asentado no mar, en terreo demanial ou dominio público marítimo terrestre. E hai que recupera-lo litoral ou a ría toda está perdida, sobre todo primando a corrupción de actuaciós como a de Ana Pastor sobre a autovía pra favorecere á Autoridade Portuaria que preside o seu home, que tenta evita-lo comprimento das sentencias dictadas. Aínda lle dei unha idea prá salvación da pasteira: montar unha nova fábrica no interior, sen vertido, por medio de circuíto cerrado e que coesa técnica xa existe en Alemania unha fábrica de papel que depura os vertidos que retoma, e repón soamente a auga perdida por evaporación.
A dama tenta poñere na miña boca certas respostas e non quería oir da gran riqueza que aquí existía: sardiñas, robalizas, ameixas, ostras. Non, a ela sóo lle interesaba a defensa de Ence, que non ten defensa e que xa non se chama Ence, senón Grupo Empresarial Ence, _S.A., perdida a concesión na época de José Luís Méndez, cando primou a corrupción nas súas relaciós con Fraga: a donación de Monte Gaiás a cambio das marismas de Lourizán, algo que Fraga tentou, demencialmente, por medio do decreto de supramunicipalización pra, dese xeito, montar aí Tisú de Lourizán, en terreo da vella concesión de Ence non segregado. Por certo, coese decreto puido termina-la Xunta de Touriño e Quintana. Pero non-o fixeron porque estaban no mesmo barco da corrupción que os outros. Aínda lle lembrei o decreto de Cristina Narbona definindo as marismas de Lourizán como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, impresciptible e insusceptible de desafectación.
En fin, o que comezara como enquisa resultaba ser unha entrevista de Ence, que confío terán grabado. Como confío en que a sentencia do TS, de Xuño do 2011, ordeando incoa-lo expediente de caducidade da concesión da vella Ence, se resolva dunha puñetera vez. A dama díxome que, certas cousas, non-as ía ter en conta. I, en fin, ésto é un corto resume das miñas declaraciós a unha presunta entrevistadora de Ence. Mellor dito, do Grupo Empresarial Ence, S.A., sen concesión.
Addenda: Faro de Vigo do 11.05.2013 publica unhas declaraciós de Tino Fernández, correctas, en relación coa declaración como ilegal da edar d´Os Praceres e a estratexia levada a cabo por Salvemos Pontevedra pra abatir ó xigante pasteiro apoiado pola presunta corrupción política.
Addenda: Faro de Vigo do 11.05.2013 publica unhas declaraciós de Tino Fernández, correctas, en relación coa declaración como ilegal da edar d´Os Praceres e a estratexia levada a cabo por Salvemos Pontevedra pra abatir ó xigante pasteiro apoiado pola presunta corrupción política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario