Noticia de El País. Outra puñalada no litoral galego, n´O Grove: a urbanización de Raeiros, 52 chalés de luxo construídos cunha licencia pra levantare alí un aparthotel.
En base a dúas sentencias, unha do TSXGalicia, outro do Tribunal Supremo, os chales deberán ser demolidos, algo que a Xunta tenta eludire, está a tentare non derrubalos, presuntamente por seren algús dos chalés de xentiñas con cartos.
E mentres, Alberto Núñez Feijóo, a falare da defensa do medio ambiente; pero se van cargando a costa.
En base a dúas sentencias, unha do TSXGalicia, outro do Tribunal Supremo, os chales deberán ser demolidos, algo que a Xunta tenta eludire, está a tentare non derrubalos, presuntamente por seren algús dos chalés de xentiñas con cartos.
E mentres, Alberto Núñez Feijóo, a falare da defensa do medio ambiente; pero se van cargando a costa.
O artículo hoxe recuperado, aínda que do ano 2004, ten que ver cos abusos do litoral e nel quedan ditas cousas sobre quén é, quén era alguén coas ideas claras en relación co respeto á natureza.
Entrada n. 1667
Artículo do 2004, publicado no Diario de Pontevedra.
Noticias do litoral, [16.7.2004]
Por Xesús López Fernández
Asociación
Green Peace. O pasado día 15 deron a conoce-lo seu informe
“Destrucción a toda costa 2003” ,
datado precisamente o 31 de xullo do ano ó que se refire. A noticia foi
comentada en diversos medios e xa a ministra de Medio Ambiente fixo algunha
aclaración ó respecto, no sentido de que é necesario cambia-la xestión da costa
cara á sustentabilidade. O estudio da asociación ecoloxista é crítico coas
actuaciós dese ministerio e o de Fomento, causantes nalgúns casos dos maiores
arrasos apreciables, polo que non parece casual a modificación da Lei de Costas
22/1988 aprobada na fin do 2002, embuchada na Lei de Acompañamento dos
Presupostos do Estado, a partir da cal Fomento facilita unha máis completa
ocupación do espacio litoral, chegando a autorizar construcciós a vinte metros
do mar, e supedita a protección ós plans urbanísticos dos concellos, eliminando
o carácter conservador desta normativa...As praias atlánticas e cantábricas, dí
o informe, comezan a emula-los disparates propios do Mediterráneo. E Galicia
nos ofrece o peor dos exemplos “onde os bañistas comparten a praia coas
máquinas de Medio Ambiente, que gastará este ano –2003—un millón de euros [en
Silgar] en repoñe-la area que bloquea o dique do porto”.
A información de Salvemos
Pontevedra. ¡Qué casualidade que o mesmo 15.7 tivese
lugar unha roda de prensa informativa deste colectivo en relación cos problemas
do noso litoral! E o punto 3 da exposición referíase á posible presentación
dunha querella criminal por presunta prevaricación e delitos contra o medio
ambiente, en Sanxenxo. Están xa dádo-los pasos previos e, reunida a pertinente
documentación, irase á xudicialización de
denuncias que xa deberan estar resoltas. Unha das cuestiós nas que incide
o relatorio de Greenpeace é a dos portos deportivos, que aumentan en número
exponencial coa desfeita e división de praias, nalgús casos. Non falan,
naturalmente, da privatización en curso do porto deportivo de Sanxenxo, porque
aínda non se tiña producido. I é curioso ver que en torno ó mesmo andan incluso
conselleiros que parecen moi felices co que se está a facer alí, como se foran
xueces e parte do que moitos entendemos como auténtico disparate. Pero a
asociación tocou, na roda de prensa, outros asuntos importantes, ademais de
afirma-la súa decisión inquebrantable por recupera-lo espacio ocupado en
Lourizán, según prevé a Lei. O mar
agarda.
Outras cuestiós. Parece que,
coa investigación que Salvemos Pontevedra está a levar a cabo, comézase a ter
un perfil certo, o conocemento de ata donde están dispostas a chegar algunhas
autoridades. E si Greenpeace responsabiliza do deterioro litoral a Medio
Ambiente, a Fomento, e ás autoridades dos concellos, aquí non temos que pensar
de distinto xeito. I eso foi o que dixo o presidente da asociación, que afirmou
que certas manifestaciós non cadraban co que realmente estaba a acontecer. Como
proba, citou e mostrou un documento asinado polo secretario do Concello
pontevedrés e polo alcalde Lores polo que se urxía a construcción do ramal
ferroviario, fronteira dura antre terra e mar. Non faltou a cita da licencia de
Costas prá pasarela, con elementos
fixos, que o Concello pode recurrir ata o 26.7 si é que están pola defensa da legalidade.
E tamén comentou a súa deixadeza no tema
da pranta de efluentes, no que o Concello deixouse estar no canto de
presenta-lo oportuno recurso, ademais de ser discutible que se trate dunha obra
hidráulica e non a tapadeira coa que se tenta dar cobertura á pranta de papel
tissue, que a día de hoxe non ten solar. Como tampouco o Grupo Empresarial
Ence, S.A., ou Elnosa, teñen documentáda-las súas concesiós. ¡Unha bomba!
A carta dunha
mariscadora. É o discurso simple dunha muller que conoce o seu
oficio e que sabe das potencialidades do areal. A súa misiva “Marisco de
Lourizán” contesta ás declaraciós de Buela e Seoane (e tamén ás de Niell, que
aínda non se produciran). Ela di o que moitos sabemos: que a producción do
areal sempre foi boa, pero que coa presencia das fábricas se perderon especies
como a navalla, ostra, vieira,...Afirma a muller que o marisco extraído non
pode ter denominación de orixe polos motivos sinalados, polos vertidos pesados
que Ence-Elnosa foron xerando ó longo dos anos. Dolores Sartal Villar (ese é o
nome da mariscadora) fala con verdades absolutas cando dí que o pilar básico da
economía da zona é a praia que non quere ser conocida como “Tissues de
Lourizán”, senón coa denominación
“Mariscos de Lourizán”. Pra eso fai falta o triunfo da Lei. A bullanga
tra-la pancarta pode manter vivo o “Ence fóra da ría”, pero convén non esquecer
que tamén Horpasa e outras empresas están no espacio a recuperar pró mar.
Parece que todas sen concesión. Pero denunciar esto é xa mérito primeiro de
Salvemos Pontevedra. Agardemos que outros se sumen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario