viernes, 31 de mayo de 2013

DE GARZÓN

 Baltasar Garzón, o xués apartado, ledo co tema dos sobre. (Montoro en La Razón)
Baltasar Garzón aclara: Baltasar, con "B". (Montoro, en La Razón)
Pontevedra, 31.05.2013
Entrada n. 1671 do blog
Artículo de opinión (Pontevedra viva, 30.05.2013)

De Garzón,
por Xesús López Fernández

            A controvertida figura do xués estrela, Baltasar Garzón, volve estare cuestionada. Cando se decía que estaba disposto a regresare á Política, algo por el anunciado, a retornare cun partido de novo cuño en presunta alianza don Ada Colau e G. Llamazares, resulta que o vai ter difícil, porque se cruzou no seu camiño de volta Alfonso Guerra, que ven de editar, qué oportuno, un novo libro de memorias no que fala de moitas cousas, de cómo lla montaron no seu día, polo caso Ibercorp, a Mario Conde, ou de cómo Garzón chegou recibir diñeiro en B, algo que o xués nega.

            A verdade é, como comenta José Antonio Martín del Pozo no seu blog, que o home parece xa un muflón abatido, a imaxe dos que caían nas súas cacerías, nas cazatas participadas con amiguetes do seu “club”. Pero cando Garzón fichou polo PSOE presentabase un problema gordo, “porque como xués debería abandonare uns meses antes das elecciós o cargo, polo que deixaría de recibi-lo seu estipendio” dí Guerra finamente, pra afirmare seguidamente: “Consultáronmo e comentei que o partido sería solidario abonando as cantidades ata ser proclamado diputado, pero que o teriamos de facer en A, é decir, de xeito legal e coa firma do recibo pola cantidade real”. Garzón non aceptou, o que motivou a resposta de A. Guerra: “Pois entón non hai pago… Parece que acodeu a outra institución, desta volta con éxito.”

            Garzón desminteu a Super Guerra, e tense doído desta outra guerra sucia e de que, “se neste país ten habido alguén en conspiración permanente foi el [A. Guerra]”, aínda que de momento non ten anunciado nengún procedemento criminal pola tan grave denigración da súa Persoa. Xa que logo, Garzón anuncia que xa non vai entrare en nengunha lista electoral, consecuente coa embestida de A. Guerra. José Antonio Martín del Pozo, con fino humor, aínda recomenda: “Aprendede, borjamaris do PP, deste Rei Guerra, que [….] el solito cobrouse onte  o Elefante Branco da Esquerda radical”. Mai-la cousa non acaba aí, que outra persoa, nalgún tempo secretario de Estado, Rafael Vera, o home que morou no cárcere por permanecere calado, suponse que pra pagare moitos dos pecados do felipismo, acaba de falare: Canto dí Guerra no seu libro é certo. Garzón pideu que lle pagaran en negro, algo ó que o PSOE se negou, polo que outaron por compensalo con fondos reservados procedentes do ministerio de Defensa. Pola soldada e un pequeno local habilitado pró seguimento da campaña que facía o xués.

            Rafael Vera aclara que, como conduci-los pagos por medio do ministerio do Interior non parecía doado, acordaran finalmente facelo a través da Secretaría da que era titular, e que exerceu as funciós de caixeiro/pagador e afirma que aínda conserva recibos da época. Como tamén que, na época de Garzón como xués da Audiencia, lle pagaban  dous millós das antiguas pesetas pra gastos de seguridade. Á vista das últimas informaciós diriase que Garzón se confirma como home sen escrúpulos. Presuntamente, claro. E parece que Rafael Vera ten moito máis que decir. Pode estar arrancando un novo serial…

31.05.2013: addenda. No programa de El Gato al Agua do 29.05.2013, ó que acodeu como invitado Rafael Vera, falouse de moitas cousas, incluso dentro dun certo posibilismo e con gran prudencia, da guerra do Gal, daqueles anos de plomo. Pero Vera deixou claro que Garzón cobrara en negro e que incluso lle fora financiada unha viaxe, coa familia, a Santa Domingo. En B.   

          




No hay comentarios: