Poden algús creeren que Ence, así, é como unha especie de gran discoteca ou máis ben un gran lupanar no que se maridan os clústers e os políticos traidores á nosa terra.
Entrada n. 1665 do blog
Artículo inserido na web de Pontevedra Viva.
O Delegado do Goberno
fala de Ence,
por Xesús López
Fernández
E non ve ó Goberno
dando prórroga a Ence sen un informe positivo da Xunta. Tamén o alcalde
fala do tema e dí que os beneficios da pasteira acaban nos petos dos
accionistas. O delegado entrou na polémica porque, según parece, algús
políticos entenden que a nova Lei de Costas pode implicar unha prórroga á
permanencia da pasteira en Lourizán. El non-o entende así, que o Estado poida
outorgare o permiso prá permanencia sen un informe positivo da Xunta de
Galicia, que debería emitir un informe ambiental “determinante” (se inda está
moralmente capacitada pra facelo) ó
ministerio de Medio Ambiente antes de que este responda á petición, á solicitude
que vai presentare Ence pra delongare a súa permanencia nas marismas de
Lourizán máis alá do 2018. Dí ademáis que a Lei concibe prórrogas se unha
comunicade autónoma “avala que unha empresa non contamina”.
Parece bo que o delegado se pronuncie no sentido de
que a Lei non se fai pra Ence; que pensar eso sería unha parvaxolada. Por outra
banda, Fernández Lores rexeita calquer tipo de negociación que poida mante-la
Xunta con Ence cara a permanencia da pasteira en Lourizán. E incluso dí que os
veciños de Pontevedra queremos outra cousa: recupera-la ría, ¿el tamén?, pra outros usos e que cando Arregui mercou
Ence sabía que tiña data de caducidade no 2018, data cuestionada dend´a sentencia da Audiencia
Nacional de data Maio 2011 pola que ordeaba ó Estado incoa-lo proceso de
cancelación da concesión. O alcalde tamén di que non entende que ó amparo da
crisis se poidan eliminare postos de traballo, pero non os de Ence. ¡Pero se
coa rexeneración da ría, no que non pensa Lores, xeraríanse máis postos de
traballo!
¿E non podería ter feito algo máis en relación coa
ocupación das marismas de Lourizán? ¡Non será porque Salvemos Pontevedra non-o
teña avisado, como o señor alcalde ha poder lembrare se busca o escrito
presentado por esa asociación, por rexistro, o 14.01.2004, coa suscripción do
mesmo por Vaipolorrío, Estriceres e mái-la Federación Castelao!. A Lores daquela
gústáralle o escrito, unha ponencia que Salvemos Pontevedra quería presentare á
consideración do pleno, unha folla de ruta prá recuperación das marismas de
Lourizán. O alcalde respondía cunha especie de “carta de amor” ó coincidi-lo
escrito, decía el, coa súa filosofía, pero que habería que modifica-la carta
coa que se presentou, algo que se fixo con vistas á presentación da ponencia
nun pleno posterior, coido que no de Xuño do 2004. Días despois chegaría unha
carta antedatada de inadmisión, sinada por G. Vázquez.
Se a Xunta non entrou nunca no fondo da condena
xudicial a Ence por delito ecolóxico continuado, un motivo prá cancelación da
concesión, outras circunstancias téñense dado igualmente prá posta en marcha da
recuperación do terreo demanial, prá conversión do mesmo, ¿por qué non?, na
praia de Pontevedra. Holcim carecía de concesión e de licencia municipal, pero
Lores non se moveu; ¿e non será tamén causa da perda de concesión da celulosa a
instalación da edar en terreo non segregado ou a circunstancia de que hoxe é a
fábrica de Lourizán case máis productora de enerxía que de pasta? En fin, o
problema da permanencia da fábrica de celulosa, do Grupo Empresarial Ence,
S.A., é difícil resolvelo por medio dun informe da Xunta, presunta conculcadora
da Lei de Costas 22/1988. Convén que o delegado do Goberno faga un exame fino
das circunstancias que se están a dar e da presunta perda de concesión.
Pontevedra i entorno levan moitos anos de sofrimento e a ría está degradada.
Pontevedra, 13.05.2013
2 comentarios:
Con la nueva Ley de Costas, o sin ella, esa empresa debe desaparecer de ahí por su alto grado de contaminación. Es lamentable el alto grado de degradación de esa estupenda ría.
Un abrazo
Hola, José Luís:
Acabo de llegar de Andalucía y he estado aislado de las noticias y de mi blog, que retomo ahora en breve dando acuse de recibo a tu mensaje.
Tienes toda la razón. Ence lleva aquí demasiados años mareando la perdiz o provocando enfermedades con el consentimiento de la caterva política.
Un abrazo
Publicar un comentario