martes, 28 de mayo de 2013

CUESTIÓS QUENTES, AVISOS [23.04.2004]


Pontevedra, 28.05.2013
Entrada n. 1669 do blog
Artículo do 2004 actualizado, remitido a Pontevedra Viva o 25.05.2013

Cuestiós quentes, avisos, [23.4.2004]
Por Xesús López Fernández

            Case todo-los días recibo a nova dalgún delito ecolóxico dos moitos que acontecen no diverso mundo  e, co material que teño na “reserva” podería facer diversas colaboraciós. Pero máis alá da pura ecoloxía hai outras novas que [aínda sendo relevantes] non son debidamente tratadas nos diversos medios, ora por se teren producido en países non democráticos, ora por que non cunda a alarma no noso entorno, onde sabemos non existe unha política de previsiós, o que nos achega un tanto á información dos aludidos países. E unha desas noticias minimamente aludidas facía referencia ó estoupido dunha pranta química do concello de Chongging, no suroeste da China. Tivo que intervi-la policía na evacuación de 150.000 residentes do distrito de Jiangbei e dos arredores da factoría. Numerosas víctimas foron atendidas por problemas respiratorios consecuencia dun escape de cloro, seguido de fortes estoupidos. Houbo nove mortos i é curioso que oito deles foran altos directivos da fábrica de Tianyuan [director, subdirectora xeral, a vicesecretaria do Partido Comunista da China na fábrica e mai-lo director de protección do medio ambiente]. As autoridades aclaran agora que a aspiración de máis de 2,5 mgs. de gas cloro abonda pra causa-la morte.

            No incendio de Tradepana, Pontevedra,  arruinouse toda a instalación. Avisáronme da formación da impresionante nube, de que a respiración resultaba imposible na zona afectada, e tamén de que os habitantes d´Os Praceres movéronse como puideron pra ofreceren uns servicios mínimos, volcándose fundamentalmente cos nenos. Cortada a comunicación, tamén se oiron estoupidos a máis dun kilómetro de distancia. E  nos congratula a afirmación dun portavoz da empresa no sentido de que non houbo peligro prás persoas, porque o amoníaco que necesitan pró frío das cámaras estaba almacenado nun tanque que non se chegou quentar, porque ten un aillamento de 32 chapas de aceiro, e que foi alí onde primeiro actuaron pró seu enfriamento inmediato....Sí, pero lembremos que esta empresa, a súa licencia e ubicación, foi denunciada no seu día polo colectivo da Praza dos Praceres. É unha das cuestiós que denunciaron ante a Xusticia. E  un pergúntase se realmente pode estar aí esa  fábrica. O  amoníaco [como o cloro de Elnosa] é unha ameaza potencial que habería que situar, por lei, a máis de 2.500 metros de distancia dos grupos de poboación, (en función do RAMINP que xa non está en vigor).

            Digo esto como resposta a un correo electrónico que me chegou o pasado 21 e polo que me perguntaban a razón da “permisividade” institucional en relación con certas empresas, tema a tratar nun traballo  periodístico. E, claro, non podo responder ó por qué desa tolerancia. Podo supoñer moitas razós como, dunha ou doutra forma, veño denunciando nalgún que outro traballo dende os anos 60. É triste que a Administración non se posicione en relación a certas actuaciós agresivas co medio ambiente e que deixen de man a lexislación aplicable en materia ambientel: Raminp, Lei de Costas, Constitución, etc. E parece que non existe outra vía que a da acción popular e a vontade ferreña de levare as denuncias adiante. A anunciada visita de Lores a Cristina Narbona pode marcar un novo tempo de esperanza, un horizonte distinto, incluso máis rico prós empresarios que agora parecen contrariados coa paralización das obras de Lourizán, porque pra Ence sobran sitios en Galicia. É cuestión de vontade porque aquí levamos xa moitos anos sofrindo a agresión do complexo pasteiro.  

            Un cambio de actitude e fóra a prepotencia, porque algús, no seu delirio, esquecen que non se pode ir contra a legalidade. I esto de Tradepana é un aviso, como tantos a nivel global. Pero os feitos non se poden calar ata o absurdo, como acontece en Corea do Norte, onde acaba de producirse unha gran traxedia. Fillos do pensamento único, estancados no marxismo-estalinismo, os medios de comunicación permanecían o venres herméticos, sen daren datos do accidente, un choque de trens [con combustible e dinamita], que se supón causou, según algunhas fontes, 3.000 mortes. A estación quedou destruída. Cando redacto estas líneas, Corea interesou axuda á Cruz Roxa, despois de 24 horas de silencio. Triste porvir o deste país máis preocupado polo programa nuclear que pola calidade de vida das xentes, antre as que  oito millós viven no umbral da miseria. E a fame non se aplaca con soflamas patrióticas,  bandeiras e música militar; ou espertando á poboación  ás 7 da mañá, por medio dunha sirena [en Pyongyang]. E se sabemos algo é gracias ós surcoreáns, ós seus contactos con xentes da capital da outra Corea, ou ó que se puido fotografiar dende os satélites artificiales. Deixo dito esto porque no noso entorno pode haber xentes que aínda conectan co pensamento único, que mesmo parecen disfrutar coa ignorancia das leis.   
Aínda que o chiste de Caín é do 29.05.2013, en La Razón, vale pra ampliare algo as acusaciós que aparecen no traballo. Moito político nas cloacas, onde hai pleno. E intercambio de cromos, suponse que diñeiro en B, etc. 

No hay comentarios: