jueves, 23 de mayo de 2013

O ABANDONO DAS ALDEAS

Son máis de tres mil as aldeas galegas abandonadas ou con poboación nalgún caso representada por un ou dous habitantes. E pensar que algunha delas foi unha verdadeira unidade de subsistencia e sustentabilidade.....Botando man do enceto dun poema de Curros poderiamos decir: "Da aldea lonxana fumegan as tellas,/ detrás dos petoutos vai póndose o sol.../ Retornan prós eidos coa noite as ovellas/ tiscando das veigas o céspede mol..... (ou así...). Se houbera ovellas habería tamén homes....

Pontevedra, 23.05.2013
Entrada n. 1666 do blog
Artículo semanal, publicado no D. de Pontevedra do luns 20.05


O abandono das aldeas,
por Xesús López Fernández

            Hoxe hai en Galicia máis de 1400 aldeas abandonadas e outras 2000 ó borde da desaparición. Algunhas están no mercado inmobiliario como verdadeiras gangas. E aparecen compradores de diversos países: ingleses, noruegos, incluso rusos. Mesmo a jet-set está interesada en lle toma-lo pulso á natureza, en se meter na paisaxe e formar parte dela. E tamén hai xentes que, a consecuencia da crisis e por estaren na gran nómina do paro, inician un certo retorno ó rural. Aínda hai pouco que comentabamos esa tendencia do retorno ó terruño dos golsados da economía industrial e de servicios, dispostos a comezare unha nova andaina, a ensaiar na economía verde, sen sabere que xa no Cumio de Río Janeiro 1992 se aconsellaba a reconciliación antre ecoloxía i economía, a posta en marcha dunha verdadeira economía ecolóxica porque a nosa civilización estaba a punto de colapsar, de reventar. ¿Pero con qué medios se pode reverti-la situación nunha terra como a nosa, hai tempo derrotada?

            Moitos orates da política non souberon senta-las bases pra esa sustentabilidade da que tanto falan, a sustentabilidade que estaba encereñada, maridada coa economía agrogandeira e coa pesca e marisqueo. E a ver qué fan agora pra repararen tanto mal derivado das súas políticas. Porque a volta ó rural tense convertido nunha opción obrigada, pode que incluso barata prás familias aganadas polo paro, a crisis e o coste de vivir nunha gran cidade, ou non tan grande, ónde os fluxos dinámicos foron morrendo, matando así os viveiros de traballo. ¿Pódese decir que tamén as cidades están a completaren un ciclo, fracasadas xa como marco de riqueza e convivencia? Pero aínda outando polo retorno ó rural, ¿quén vai ser capaz de reconvertire as vellas aldeas, hoxe apagadas, en unidades de producción? Que haxa xentes que practican con éxito a agricultura ecolóxica e colocan os seus productos nun mercado próximo; que haxa tamén xentes que tornen ó pastoreo, non indica que esas aldeas abandonadas volvan a se enchere de vida, perdidos en moitos casos ata os nomes dos lugares, das fincas e desnaturalizada a vexetación clímax.

            Esto queda dito porque aínda hai xente que mantén o discurso dunha reforestación estúpida,  causa talvez da morte de non poucas aldeas. E, curiosamente, na gran bolsa do mercado inmobiliario están, ademáis de pequenas aldeas, pazos e casas rurales, fracasado ás veces o ensaio de cambio de economía dalgunhas familias. E se temos en conta que en 2052 aldeas sobreviven un ou dous habitantes atopámonos nunha situación verdadeiramente dramática: 3460 pobos abandonados ou a punto de morrer, cifra moi importente aínda tendo en conta que en Galicia están radicados o 60 por cen dos núcleos de poboación do país.  Xa na época de Fraga pensárase na posible venta de núcleos abandonados, sen resultado, pero parece que agora, con internet e as axencias inmobiliarias como mediadoras, estáse a concretare un negocio certo. De tódo-los xeitos, se non se fixa poboación nas vellas aldeas, xentes que lle tomen o pulso á labranza, imos seguir en caída libre. Pero esperamos que o retorno xa dou comezo. Aínda que a nova savia fale outras linguas.

            Os espíritos de Clutamo e Lovesio que F. L. Cuevillas describe en “Noite na Citania” han seguir agochados no seu monte, o monte das casarellas que decían xentes xa mortas, pero seguro que axexantes a si se produce a chegada de novas vidas; se de novo bate nos seus oídos o aturuxo, o berro de loita que marque nesta  alborada nacente a revitalización da aldea. Eles han saber de sustentabilidade, polo menos da practicada nos eidos por eles conocidos; poden mesmo presentir que, convertída-las cidades en trampas, as novas xeneraciós se aferren ás aldeas como táboa de salvación, de reencontro coa terra nutricia, de diálogo coa natureza. Clutamo e Lovesio han poder notariare este momento. Se fose posible o diálogo, poderían incluso mostra-lo nome das cousas, dos lugares, leiras, muíños, regatos…

3 comentarios:

trillian dijo...

Xesús creo que seria una buena idea estimular a los jóvenes y no tan jóvenes a trabajar en él campo, rehabilitándoles casas,facilitándoles maquinaria agrícola etc etc.
Tienen que quitar colegios porque ya no hay niños en las aldeas, y si quedan uno ó dos tienen que desplazarse demasiado lejos.
En unas ya no queda nadie y en otras solo quedan Jubilados,porque le tienen cariño a su aldea cuando ellos falten, solo quedarán los fantasmas.
Bicos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:
Tienes razón. Y es que la nueva economía o será verde o no será. El hombre tiene que reconciliarse con la naturaleza generadora de riqueza y curiosamente, cuandola informática ha enviado al paro a muchísimos hombres y mujeres al paro, queda el recurso del campo, y uno será rico si cosecha zanahorias, patatas, o repollos.
El regreso se está iniciando de forma tímida, pero no quda otro remedio.
Aunque el PP piense en impulsar de nuevo el ladrillo, eso ya no vende. No nos lleva nada más que a la miseria ambiental.
Y no sé que pasa con la Ley de Costas, que de momento no aparece publicada en el BOE. No hacía falta una nueva ley, que la anterior era muy buena, pero los políticos prostituídos la han traicionado u hecho mil barrabasadas.
Pero, lo dicho, creo en la economía verde como solución, como salvación.
Sobre eso va mi próximo artículo, "A sustentabilidade esgazada".

Bicos

o blog de xesús lópez dijo...

Trillian:

....Quise decir: ..." la han traicionado o hecho mil barrabasadas."

Bicos.