Esperanza Aguirre falou esta pasada semáa pra lle recorda-los deberes a Rajoy. Aínda que a foto é do 2012, pode valer pra estimar un discurso máis fácil en Aguirre; a falta de discurso en Rajoy.
E así chegamos, pola inacción gubernamental de catorce meses, á situación de paro alarmante que denuncia Esteban, en La Razón: Postos os parados todos en cola chegarían a Moscú, coas consecuencias gripales que eso conlevaría.
Entrada n. 1660 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A hora da verdade,
por Xesús López
Fernández
As cifras da última EPA conocida son escalofriantes:
o paro está xa en 6.202.700, cifra dos que buscan traballo e non-o atopan,
algús deles parados de longa duración. Eso representa un 27 por cen da
poboación laboral, o porcentaxe máis alto de Europa, que na poboación xuvenil
aínda se dispara ata o 57 por cen. Unha lexislatura perdida na creación de
emprego, ademáis das de ZP. ¿Pero realmente pode resisti-lo país esta situación
e qué causas foron as desencadeantes do que parece a fin dun ciclo siniestro no
que xa case non queda país? A alternancia política non sirveu pra inverti-la
escalada que a partir do terceiro trimestre do 2005 (un 8,42% de paro)
comezaría unha aceleración insultante, con raras pausas. I éso que Rajoy
parecía ter un programa certo, en principio centrado na baixada de impostos que
acabaría por sobir, por penalizarnos fiscalmente. Dolorosamente, sí.
O seu
discurso ía tamén sobre economía, pero máis referido ó sector das finanzas que á creación de
riqueza i emprego. Total que no que leva de mandato cerraron unhas 600000
empresas. Unha debacle denunciada por
voces críticas do seu propio partido, como Vidal Quadras ou Esperanza Aguirre.
O eurodiputado non se traba cando afirma que “os políticos españoles que
tivemos responsabilidades públicas ó longo do último cuarto de século sabemos
ata qué punto os partidos son estructuras burocratizadas, opacas e
oligárquicas, nas que pequenas cúpulas que se reproducen a sí mesmas controlan
férreamente a organización impedindo o debate e a libre competencia antre
opciós”. Despois de definir esa situación endogámica critica o sistema de
“sucesión”, moi lonxe ó seu xuicio da libre decisión das bases: “Temos chegado
á aberración de tragare co feito de que os líderes de determinadas formaciós
decidiran ó se retiraren da primeira fila designar sen disimulo ó seu sucesor,
furtando así ás bases o seu dereito inalienable a designare o seu cabeza de filas”. Pero o estaribel, afirma o home, “veuse
abaixo afogado pola corrupción, a incompetencia, o deterioro institucional e o
aumento do tamaño e complexidade do Estado, entendido como axencia de
colocación de leales, familiares e correlixionarios”.
O
eurodiputado clama pola reconversión interna dos partidos pra que sexan auténticamente democráticos,
pero os encargados de levare estas iniciativas lexislativas adiante [lei de
partidos e lei da súa financiación] son os grandes beneficiarios da triste
situación presente, polo que o seu interese en modificala é moi escaso, algo
que sí se pode decir máis alto, pero non máis claro. E así van as cousas, con
negros horizontes despois de catorce meses de inacción gubernativa, ou de falta
de ideas, ata o punto de que tamén Esperanza Aguirre veuse obrigada a decir
unhas palabras no sentido de que o PP sí ten un programa pra saíre da
situación: o que levaba na campaña electoral, o que o Goberno foi esquecendo
conforme arrancaba a lexislatura, ata chegare ó paro maior da UE.
I Europa
está preocupada pola situación de España: un paro que xa parece endémico; un
Estado hipertrofiado; partidos desideoloxizados queren xustificaren a
permanencia dese Estado, tamén ineficiente, en perxuicio da sociedade. Como se
fosen meros recaudadores, despois das brutales e confiscatorias sobidas de impostos,
Rubalcaba aínda fai unha nova proposta fiscal “pra que paguen os ricos”. Ese ven
se-lo seu último discurso, que xa non vende. Pero as ideas claras parecen estar,
como en Vidal-Quadras, en Aguirre, que pide unha reforma radical e sen
precedentes, censura a política impositiva de Rajoy e pide centrarse nos
gastos; pide políticas de apoio a empresas e familias, aburadas na actual
situación; os cartos deben estare nas mans da cidadanía antes que nas dos
políticos; e avoga por que os gobernos reduzan o aparato e intervención ó
mínimo. Sentido común o de Vidal-Quadras i Esperanza Aguirre, pero a hora da
verdade pode chegar tarde pra moitos dos parados, xa que a remontada cara unha situación de bonanza require cambios
no Goberno. Está claro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario