domingo, 12 de mayo de 2013

A EDAR D´OS PRACERES, ILEGAL

As marismas de Lourizán, espacio virxinal, sen autovía, sen celulosas, sen merda, capital natural a recuperare, o máis importante banco de ameixas de Galicia, chamadas a se-la praia urbá de Pontevedra, bandeira azul. 

Pontevedra, 13.05.2013
Entrada n. 1663 do blog
Artículo semanal, Diario de Pontevedra. (Publícano mañán, 14.05.2013)

 A edar d´Os Praceres, ilegal,
por Xesús López Fernández

            O pasado Xoves, 9 de Maio, Salvemos Pontevedra convocou unha roda de prensa pra informare dunha sentencia da Audiencia Nacional, da Sala do Contencioso Administrativo, Sección Primeira, do 19.04.2013, que contén unha longa exposición sobre a denuncia presentada polo citado colectivo, dividida nos correspondentes antecedentes de feito, fundamentos de dereito, e fallo. O presidente da asociación, Francisco Díaz, entregou ós diversos medios que acodiron á convocatoria unha copia da dita sentencia; tamén copia dunha resolución do 24.01.2007, do Ministerio de Medio Ambiente, da Secretaría Xeral pró Territorio e a Biodiversidade, en cumprimento do solicitado pola Dirección Xeral de Costas en relación coa petición formulada por Ence, S.A., o 29.07.2003, de declaración de innecesariedade prá protección ou a utilización do dominio público marítimo terrestre dos terreos comprendidos nas concesiós outorgadas a esa empresa, paraxe de Lourizán, así como as restantes ata a línea de deslinde dese dominio aprobado no 1996.

              Francisco Díaz aclarou ós presentes a importancia deste segundo documento pra unha maior comprensión da sentencia do 19 de Abril. Nel figura, no punto III dos antecedentes de feito a conclusión do informe do Avogado do Estado do 25.10.2003  no sentido de  que “os terreos gañados ó mar como consecuencia directa ou indirecta de obras, e os desecados na súa ribeira son bens de dominio público marítimo terrestre legalmente insusceptibles de desafectación [….]”. E neso radica a estratexia do colectivo de recuperación do litoral: as tenzas que ocupaban Malvar, Holcim, nas que Medio Ambiente debería estar facilitando un novo protagonismo do mar liberado. No punto IV relaciónase a solicitude de S.P., o 20.01.2004, da denegación  da  innecesariedade demandada; que se teña a esta asociación como parte interesada no procedemento. No punto 3 das consideraciós xurídicas queda indicado con claridade que “tense considerado comenente elimina-la posibilidade de adquiri-la propiedade dos terreos gañados ó mar” [….] e non sóo manter neste dominio público os espacios naturales do medio, senón tamén ver de integrare outros terreos ó dominio público marítimo terrestre pra así amplia-la estreita franxa costeira con carácter de demanio.

            Regresando á sentencia do 19 de Abril que vai sobre da edar d´Os Praceres asentada en dominio público i en terreo concesional non segregado, quede indicado, en breve,  que “tanto o emisario como a edar atópanse nunha situación administrativa irregular, xa que non contan coas preceptivas concesiós do Dominio Público Marítimo-Terrestre”, según informe da Xefa do Servicio Provincial de Costas. Que, polo tanto, podemos reputar de ilegal o convenio de Ence coa Consellería Territorial de Obras Públicas da Xunta de Galicia prá realización, mantenemento i execución de obras de saneamento da marxe esquerda da ría de Pontevedra, coa fin de construiren unha Estación Depuradora (EDAR) e un emisario submariño, obras rematadas en Xuño do 1993, por careceren de capacidade normativa en contra da prohibición do artículo 44.6 da L. de Costas; obras entregadas pola Xunta ó Concello en outono do 1994.

            A sentencia entra tamén no fallo da dictada o 19.05.2011, pola que se ordeaba incoa-lo expediente de cancelación da concesión de Ence e o conseguinte rescate e recuperación dos terreos pola Administración; tamén o cese de cantas actividades se manteñan no terreo concesional sen título habilitante. Tamén se condena á Administración demandada (o ministerio) á adoución das medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión de uso das instalaciós. (Esta sentencia foi recurrida en casación, pendente de fallo). É de citar tamén a resolución  do 19.10.2010 da D. X. da Sustentabilidade da Costa e do Mar pola que se conminaba ó Concello de Pontevedra á retirada da EDAR do terreo demanial, única forma de legalizala, pró que se lle outorgaba un prazo de menos de cinco anos.  Van  alá dous e medio e no Concello, qué listos, os “ecoloxistas” estiveron caladiños.

addenda: Enlace do Faro de Vigo, 10.05.2013. Declaraciós de Tino Fernández que ve na Xusticia a posible fin de Ence. Coido se trata dunhas declaraciós cinceladas nas que, ademáis, queda explicada a estretexia de Salvemos Pontevedra prá recuperación do dominio público marítimo terrestre. 

Enlace de El País, 10.05.2013: La Audiencia Nacional ha vuelto a condenar a la Administración a que incoe el procedimiento de cancelación de la concesión de Ence, S.A. (La actual Grupo Empresarial Ence, S.A., carece de concesión)
Dend´o ano 1963 machacando a saúde  dos pontevedreses. Xa o comentara o goberno franquista no 1973, ó decir que Ence-Elnosa non deberían permanecer en Lourizán; que da súa presencia soamente se derivarían problemas prá saúde e convivencia humáas.


2 comentarios:

candela dijo...

Veo que estás de enhorabuena, aunque tanto follón para que se decida lo que parece obvio a la vista de la foto..

En fin, nunca es tarde si la dicha es buena.

o blog de xesús lópez dijo...

Dios te oiga, Candela, pero falta mucha batalla habida cuenta que ni la Xunta ni el Concello son, no digo ya ecologistas, es que ni siquiera actúan como defensores de la Ley. Son verdaderos esquizofrénicos.
Y a ver qué da de sí la nueva Ley de Costas. A ver, que parece fue pensada para favorecer la sinrazón y la posesión de los clústers, o relanzar la burbuja inmobiliaria.

Un cordial saludo.