O traballo hoxe presentado no blog é do 11.12.2004, pero está de rabiosa actualidade cando os políticos están baixo o sarampelo das súas declaraciós de patrimonio que prós cidadáns poden non ser de recibo. ¿Pode haber algún caso Bárcenas en Galicia? É unha pergunta que moitos nos estamos a facer, precisamente estos días. Pero averigualo pode ser cousa de periodismo de investigación. ¡Ata podemos facer unha porra e ver quén acerta ou lle pon nome a algún persoaxe! Por falare aínda se fala no artículo que sigue d´algo que aquí nos fire de forma especial: a presunta conculcación en materia de Lei de Costas por máis dun político, Xunta incluída. (Chiste de Esteban, en La Razón).
Entrada n. 1664 do blog
Artículo do 2204
Código de boa conducta, [11.12.2004]
Por Xesús López Fernández
O Goberno español ven de aprobar un código de ben facer, coa intención
de face-la política máis transparente e ós políticos máis próximos. Algo é algo
nun momento no que a corrupción parece estar presente en moitos dos segmentos
da nosa sociedade según presume o común dos cidadáns que asigna ós partidos
políticos a maior cuota de corrupción según un sondeo efectuado por
Transparencia Internacional, unha ONG alemáa
que ten como finalidade precisamente eso: o combate da descomposión
moral visible, tanto a nivel global como no entorno máis próximo. Según a
citada ONG, despois dos partidos veñen os medios de comunicación e as empresas
privadas. E inda que non sei qué significativa pode ser unha mostra de
cincocentos españoles a opinar sobre o tema, no Barómetro Global da Corrupción
que Transparencia Internacional acaba de presentar traducido a vinte idiomas,
aparecen asignados ó noso país un 3,8 á política, por dediante dos medios de
comunicación (3,6),as empresas (3,5) e o poder xudicial (3,4). Aclara o informe
que nalgús países é máis elevado o grado de descomposición moral dos Parlamentos e dos lexisladores que o dos políticos.
Seguramente
que estos días, nos que en Buenos Aires se está a celebrar un Cumio sobre
Cambio Climático (porque o Protocolo de Kyoto entra en vigor en febreiro
próximo), estaranse a fixar deberes difíciles, porque xa estamos fóra de tempo
e comeza a conta atrás. E parece que algús firmaran sen sabe-lo que asinaban, a
qué se comprometían. “As elites políticas corruptas e os inversionistas sen
moral atoen o desenvolvemento sustentable”, destacaba o índice de percepción da
corrupción de Transparencia Internacional, do 28.8.2002. “As elites políticas e
os seus camaradas siguen a aceptar sobornos
e, xunto con empresarios igualmente corruptos están a someteren a naciós
enteiras á probeza, a atrancaren o seu crecemento. Hai altos niveles de
corrupción en lugares probes do mundo, e tamén en moitos países con empresas
que invirten en naciós en fase de desenvolvemento” (deslocalización pra
abarataren costos con salarios de fame), declaraba Peter Eigen, presidente de
TI, con motivo da presentación do índice citado. En fin, no discurso do home á
hora de presenta-lo traballo insístese en que é unha enquisa de enquisas,
referida a douscentos países do mundo.
No
dito traballo fíxanse unha serie de apartados, antre os que citaremos: “xestión
de conocemento”, no que parece existir un campo grande prá información en
internet, prá ensinanza das boas prácticas e acceso fácil a datos do ámbito da
corrupción. O Sistema de Investigación e Información na Línea sobre Corrupción
(CORIS), facilita ós activistas que traballen pola rexeneración, ós interesados
no tema, un fácil acceso á documentación que en volume crecente debe estar a
disposición das iniciativas éticas. Outro dos apartados é o de “crear
conciencia e incidencia” en cuestiós como a de denuncia-lo soborno de
funcionarios públicos extranxeiros en transacciós mercantís, etc. E no apartado
do “monitoreo” deberase acadar unha evaluación
selectiva das tendencias da corrupción e a súa frecuencia, así como datos de éxitos e fracasos na loita contra a
mesma, como “referendos da conculcación da Lei de Costas ou mesas camillas de
concertación pró seu posible abandono”. Mai-lo interese dagora está na aprobación do borrador do código de “Buen
Gobierno del Gobierno”, un paso importante se vai servir prá posta en valor
dunha política certamente rexeneracionista.
Claro que os cidadáns sospeitaremos sempre de
actitudes raras, do enriquecemento fácil, da creación de patrimonios excesivos,
algo imposible si se exerce a política en clave de “honradez”. Coido que todos
sabemos de casos nos que as leis parecen un mero adorno ou de cómo se dilúe en
ocasiós a xusticia. Sexa benvido o “código de boa conducta” do Goberno, que
esperamos non acabe o seu mandato marcado como o nacionalfelipismo por
escándalos disparatados. Dedicación exclusiva, transparencia informativa,
austeridade no uso do poder (a prohibición de recibiren agasallos que poidan
condiciona-lo desempeño da función pública), supresión dos tratamentos (porque
abonda, naturalmente, con decir señor/señora), promoción do entorno cultural,
protección e respeto á igualdade de xénero. Por outra banda, o xefe do Goberno
e os seus ministros terán que facer público o seu patrimonio nun rexistro de
carácter público, ademáis de se publicar no BOE a inscripción de actividades e
dereitos de tipo patrimonial. A definición de sanciós dá un maior créto ó
“código”, porque os que infrinxan a normativa non poderán ser nomeados de novo
en dez anos pra cargo oficial equivalente. A creación dun Observatorio de
Conflictos parece encastañar un algo co espírito da ONG Transparencia
Internacional, nada/nacida como instrumento anti-corrupción. A ver si é
verdade.
2 comentarios:
Genial idea ese código, pero yo soy más partidaria de aplicar la letra de la ley, no el espíritu, porque este último es etereo y vanescente. En cristiano: ... para todo lo demás, el Código Penal.
Hola, Candela:
Yo no entiendo por qué el Código Penal permanece anónimo. Es muy modesto el chico cuando realmente son muchos los que tendrían que estar en la trena por su actuación criminal.
Conforme con lo que dices.
Unsaludo.
Publicar un comentario