sábado, 20 de noviembre de 2010

UN MUNDO EN DECLIVE

Caín en la Razón. España. Cursos de capacitación pró paro que xa vai en máis de 4500000 como resultado da mala gobernación, do gasto público contínuo, moitas veces sen xustificación.
-
Pontevevedra, 21.11.2010
-
Entrada n. 1364 do blog
-
Artículo semanal

-Un mundo en declive,
Xesús López Fernández
-
Cando tanto están a falaren de desenvolvemento sostible, sobre o que incluso ousan promulgar leis, perguntámonos se non estamos ante unha situación política de impotencia, porque no país faltou o respeto ás claves dunha verdadeira ecoloxía, a que conocían as xentes que no rural facían posible, nos seus labores agrogandeiros, esa sustentabilidade que, coa degradación de ríos e mares, do medio natural, estáse a terminar. Un crecemento industrial sen harmonía, boscos primarios arrasados, o mar como gran sentina ou solar, parece xa tarde pra lle dare a volta ás cousas, lonxe do que agora se chama ecoloxía profunda e na que moitas xentes do campo estiveron verdadeiramente integradas, consideradas, sí, como parte do medio ambiente, aínda que sexa agora cando se define esa relación como novo modelo de ética ecoloxista.
-
Lester R. Brown foi un dos primeiros en lle toma-lo pulso á Terra e comproba-lo seu estado crítico; que nos anos 70 comezou a traballare sobre o concepto da sustentabilidade pra ver de artellare recetas coas que defende-lo futuro do home nun planeta que está a morrere. Co refluxo ou devalo da nosa civilización, como el di, afirma que falta un claro compromiso dos estados, aínda tendo a esperanza de que as cidades han cambiar, nun horizonte que el sitúa nos 50 anos, a súa idea do desenvolvemento asentado no consumo infinito por outro máis responsable fundamentado nas enerxías alternativas. Pero non ve fácil un acordo global se a sociedade, o planeta todo, non cumpre certos principios básicos da ecoloxía. Se así non se fai, producirase aínda un maior retraso e o conseguinte gran colapso. E non queda término medio, porque unha economía ou é sustentable ou non-o é. Por eso hai que cambiare de conducta, pensar máis nunha economía basada nos principios da ecoloxía que nas fantasías derivadas da gobernación acaída como producto das forzas do mercado, das leis dos clústers. E así nos vai.
-
No discurso do home hai datos prá esperanza en relación coas novas fontes de enerxía e os xacimentos de emprego, de novas profesiós e traballos que el ve próximos. Pero hai que facer un esforzo real e case nengún país industrializado está disposto a se fixare unha meta cero en carbono pró 2020; só dous, un deles Costa Rica, seguramente máis comprometida na conservación do capital natural, clave prá salvación do planeta, O home fai diversas recomendaciós pra este mundo que xa viveu un “Pearl Harbour” climático, o furacán Katrina, o asolagamento en Bangladesh e Pakistán, e insiste na necesidade de estabiliza-la poboación, en limita-la deforestación na Amazonia ou en Indonesia, en acabar coa miseria, coa penuria dos sen traballo, un discurso difícil de interiorizar sobre todo nun país como o noso, con máis de 4500000 parados a causa do reventón da economía ladrillista e prós que parece non haber un claro futuro.
-
Da economía do despilfarro ha ser difícil ir cara as novas tecnoloxías, lastrado o esforzo polo discurso político, moitas veces simple marketing electoral alleo ó labor ecoloxista que polo ancho mundo centra o seu traballo na salvación, cando non sanación, do medio natural. Con esta idea empata o discurso do Santo Padre do pasado 14.11 sobre “a crisis como síntoma agudo que se ten sumado a outros máis graves e xa ben conocidos…, o escándalo da fame, a emerxencia ecolóxica e o problema da desocupación… Neste cadro é decisivo un relanzamento estratéxico da agricultura, …sector que ten perdido importancia con notables consecuencias tamén no plano cultural..…Paréceme o momento pra un chamamendo a revaloriza-la agricultura, non no sentido nostálxico, senón como recurso indispensable pró futuro….. É necesario, polo tanto, apostare por un novo equilibrio antre agricultura, industria e servicios…Que o aire, a auga e os outros recursos primarios sexan preservados como bens da Comunidade universal.”. Éste é, moi en extracto, o discurso do Papa.

No hay comentarios: