Mostrando entradas con la etiqueta eucaliptus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eucaliptus. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de abril de 2014

Coidado coas abellas

 Cartel promocional de Greenpeace, na defensa das abellas.
 Apicultor na faena da recollida do mel.
Enxamio laborando nas celas da abellariza. A gran ameaza prás abellas, en Galicia, pode estar fundamentalmente no uso dos agrotóxicos. Fracasada a loita biolóxica contra o defoliante do eucalipto, o gonipterus scutellatus, por medio dunha mosca, a anaphens nitens, tense recurrido á fumigación por medio de avionetas teledirixidas, con resultado negativo, caso denunciado por Alfredo Conde, como se indica neste artículo, o ano no que morreran as abellas da Mahía.  

Pontevedra, 7.04.2014
Entrada n. 1753 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Coidado coas abellas,
por Xesús López Fernández

            Hai xa anos que as abellas e outros insectos polinizadores están a desapareceren en non poucos lugares do mundo, situación que tamén se nota no noso país. A razón da desaparición depende de diversos factores, relacionados cos novos modelos de producción agrícola dos que se deriva unha cadea de impactos a todo nivel. Forma parte desa nova economía agraria, como tamén da preservación das masas boscosas, o aumento sustancial e uso indiscriminado de agrotóxicos, o que ten provocado graves impactos sobre a fauna e sobre o home, sendo as abellas as máis afectadas pola súa mortandade e desaparición.  O 9.06.2003, nun artículo titulado “Noticias de ecoloxía”, recollía un aviso de A.C., coestas palabras: “E algo pode ter que ve-lo asunto co que hai algús días comentaba Alfredo Conde no Correo Gallego, que se as abellas da Mahía morreran todas (decían que se polo uso dun insecticida as flores dos eucaliptos se convertiran en trampas da morte deses insectos). E tamén decía Alfredo que tampouco se sinte ás rás croar ou que morreron as ponlas novas dos seus arces, “porque entrara un mal vento”, según lle comentaran. Un pergúntase se o Seprona foi avisado”.

            Albert Einstein avisou con palabras sabias que nos deben poñer en situación de alerta máxima: “Si as abellas desaparecesen, á Humanidade quedarianlle poucos anos de vida”. Os científicos avisan do feito de que no mundo enteiro están a se quedaren libres as colmeas (trobos, cobos, cortizos, abellarizas, albarizas..), desaparecída-las abellas progresivamente. Sendo que o 80% das especies de prantas teñen flores que dependen das abellas pra seren polinizadas, podemos estar nese “tempo final que presaxiaba Einstein”. Sen ese insecto non teriamos nen froitas nen legumes, porque as pequenas abellas constitúen un eslabón fundamental prá cadea da vida, que sen elas esgazaría.  O seu traballo é vital, como tamén a participación activa nos procesos de rexeneración do mundo vivo das prantas. Este inmenso traballo cíclico prá vida vexetal e as sociedades humáas pode estar  ameazado. 

            Cando en España levan desaparecido seiscentas mil albarizas e nos Estados Unidos quedaron deshabitadas un millón e medio, Alemania leva perdidas un 25% das súas. En Francia, mil apicultores vense obrigados a abandona-la profesión cada ano a causa desta crisis na que os científicos siguen a se moveren en conxeturas do que chaman “o síndrome de colapso das colmeas”.  A campaña contra certos agrotóxicos levada a cabo por Avaaz.org, pra ver de reverti-la situación creada, puido valer pra deborca-la balanza da situación que se estaba a dare en Europa. Así, despois de dous anos de incansables campañas acadaron da Unión Europea a prohibición no 2013 dos pesticidas que están a mataren as abellas, pero parece unha pírrica víctoria xa que a tal prohibición non vai máis alá do 2015. E pra eso foron necesarias máis de 2,6 millós de sinaturas. Ten sido un longo camiño con campañas de opinión, organización de protestas cos apicultores e, por medio dunha abella inflable de cinco metros de altura, foron obxeto de noticia en moitísimos medios.

            Nun informe recén do Corporate Europe Observatory e da Coordinadora Europea da Apicultura responsabílizase ás empresas fabricantes de agrotóxicos como as primeiras culpables da desaparición das abellas, ó que se suma a neglixencia das autoridades pra actuare de forma independente da dita industria. A Sociedade Apícola Uruguaia, que recolle estos e outros informes apunta así, sen citala, á política de “portas xiratorias”, á “conexión” ás veces existente antre os grandes clústers depredadores e as Administraciós… Cando Avaaz.org sigue coas súas campañas prá salvación das abellas, a éstas aparécelles un novo nemigo: a telefonía móvil, ata o punto de que as sinales emitidas por ese medio nunha conversa próxima as desorientan e pódenas incluso levare á morte. 

domingo, 1 de septiembre de 2013

GALICIA, DE NOVO O LUME

O lume de Ribeira, no Barbanza, comezou a partir de cinco focos, a ambos lados da autoestrada. Foron localizados artefactos incendiarios.    
 Lume en Nogueira de Ramuín, onde a crueldade cebouse no cañón do Sil.  
 Lume en Oia, un dos que máis hectáreas arrasou. 
Galicia chora despois do incendio devastador das Fragas do Eume, o 1.04.2012, co protagonismo principal da árbore gasolina, do eucalipto. Algún directivo prometeu daquela a erradicación desa árbore da zona. Promesas. Nada máis, que o lume pode ser provocado mesmo pra potencia-la presencia do eucalipto, como se sabe acontece, o que resulta rentable pra certos bastardos intereses. 

Pontevedra, 2.09.2013
Entrada n. 1705 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Galicia, de novo o lume,
por Xesús López Fernández

            O mes de Agosto cerrou cunha serie de grandes incendios na nosa terra: o lume visítanos de novo e reitera o seu brutal e conocido protagonismo. Son moitos os lumes que arrancan dende diversos focos e coa axuda de artefactos incendiarios, dispostos moitos montes de Galicia como grandes piras, bouzas acrecidas polo abandono existente que fan doado o traballo dos presuntos traballadores inducidos da mafia incendiaria. Nesta hora parece que sí hai unha protesta xeneralizada, un clamor das comunidades de montes que ata o dagora non mostraran unha actitude clara pró cambio da forestación da nosa terra, prá posta en valor dos nosos montes, ós que tamén hai que lle procurare outros usos no eido da gandería extensiva. Galicia sería outro país; podería ser incluso a reserva proteínica de Europa, mais pra eso habería que cambiar de política, findar dunha vez coas subvenciós do abandono das terras de labor á par que coa potenciación dunha reforestación irracional.

            Estamos fartos de oir discursos políticos á baixa en relación coa peste incendiaria, que parece minimizan coa noticia de que, de momento, van 1500 incendios, “se ben nos esperan meses complicados”. ¿Pero é que necesitamos tanto tempo pra reaccionare e acabar co lume forestal pra sempre, cando é sabido o claro protagonismo das árbores pirofíticas coas que se fixo unha prantación masiva na nosa terra? Se os bombeiros californiáns lle chaman ó eucaliptu a “árbore gasolina”, por algo ha ser. Hoxe seguramente  han lamentare o feito de ter prantado no seu chan nada menos que 42 especies desa árbore australiáa. Aquí, en Galicia, fomos tamén víctimas da prantación masiva de piñeiros radiata e, sobre todo, de eucaliptus,  cos que ocuparon os montes galegos, privados así pra outros usos. Como que esas prantaciós foron a presunta causa do maior éxodo emigratorio da nosa terra.

            ¿Pero é que non pode haber un discurso máis intelixente prá posta en valor dos nosos montes como fontes de riqueza e de traballo, de salvación de aldeas, de fixación de poboación? O eucaliptu expándese co lume e despois de cortado téñense contabilizado máis de vinte mil renovos de cepa por hectárea incendiada. Se no 1989 se contabilizaron máis de 15000 incendios (incluso no mes de Outono ardían os nosos montes ou se recollían nos montes de Carnota numerosos artefactos incendiarios), no ano 2006, preñádo-los montes de biomasa, enormes bouzadas, o efecto do lume foi quizaves máis arrasador, que algún deles debeu ter vinte kilómetros de longo, como que hai montes aínda non recuperados, daquela asustados e co chan totalmente mineralizado. E os incendios destos últimos días (o de Oia-O Rosal-Tomiño, o de Barbanza-Ribeira, os de Lousame, Boiro, Nogueira de Ramuín, Cualedro, Navia de Suarna, etc.), denotan un protagonismo incendiario activo.

            Sábeme a pouco a presentación de 2500 sinaturas dunha chamada “Asamblea galega contra o lume” no rexistro xeral da Xunta, en apoio dunha nova política forestal que evite os incendios. A asamblea está formada por máis dunha ducia de colectivos ecoloxistas e sindicatos que teñen como obxetivo denunciare  que o lume nos montes galegos “non é unha cuestión puntual”, senón que corresponde a unha política forestal que non cumpre os seus obxetivos, según explicou Miguel Anxo Abraira, da plataforma na Defensa das Fragas do Eume: “Abonda con decir que nos últimos 25 anos ardeu máis da totalidade do territorio galego, como mínimo unha vez”. Non se resolven as cousas con ter aviós ou helicópteros, que ó mellor non serían necesarios con outra política forestal distinta da que conleva a simple producción de madeira barata pra moer ou queimar; que tamén conviría a promoción da multifuncionalidade do monte e coidado das súas funciós ecosistémicas (biodiversidade) e sociales; tamén “a limitación (eu diría eliminación) das especies pirofíticas ou alóctonas e promovere unha silvicultura preventiva e sustentable”.

martes, 4 de junio de 2013

EN TORNO Ó EUCALIPTU, PASANDO POR GALEANO

O protagonismo incendiario no Parque das Fragas do Eume estivo marcado polo eucalipto. Non se entende o bestialismo dos provocadores, tendo sido apuntado por alguén a posible intención de acabar co parque porque na zona hai presencia de andalucita, mineral estratéxico, nun momento no que os responsables da nosa Economía parecen dispostos a entregar Galicia á megaminería, algo contestado masivamente este pasado Domingo, en Compostela. Sigue un traballo publicado na web de PontevedraViva, o 3.06.2013, tomando referencias de Eduardo Galeano, que na súa obra fala da prantación industrial de Eucaliptus, soldaditos que provocan "fueguitos", dí o home comprometido coa Ecoloxía.   

Pontevedra, 5.06.2013
Entrada n. 1673 do blog
(Artículo publicado en Pontevedra Viva)

En torno ó eucaliptu, pasando por Galeano,
por Xesús López Fernández

Pode que no horizonte dos corenta ou cincoenta do pasado século arrancara xa a colonización da nosa terra por medio das prantaciós masivas de piñeiros insignes ou radiatas (que hoxe vemos en gran parte infectados de procesionaria) e de eucaliptus, a árbore gasolina según lle denominan os bombeiros califoniáns. E toda esa colonización dictada, ó parecer, pola UE, condenada Galicia, con políticos mediocres, a fabricar materia prima prás pasteiras contaminantes cando non a albergare a estas industrias de vertedeiro que sí poden xerar riqueza, pero non pró país, senón prós colonizadores, ó tempo que se cargan as rías e disparan as estadísticas de non poucas enfermedades. (O que teña curiosidade pode consulta-las estadísticas de enfermedades de obrigatoria declaración, de cuios retoques debería saber non pouco o finado de Fraga).

Poderiamos contar algo da historia incendiaria que, como escándalo, veu sendo unha das características desas prantaciós masivas que serviron, incluso, para impulsare máis a emigración das nosas xentes, pra matare aldeas. Anos de triste relembro o do 1989, co conselleiro Miguel Sineiro, socialista, e o 2006, co conselleiro Suárez Canals, na gobernación do bipartito. E inda está recén o incendio no Parque das Fragas do Eume, no que o eucaliptu tivo tamén un protagonismo infernal. Claro, esas prantaciós foron un verdadeiro disparate, á par que o noso monte perdía valor e a vexetación climax resultaba arrasada. Pero fixémonos nalgunhas cousas que dí Eduardo Galeano, cidadán universal: “Nas novas prantaciós madereiras non cantan os paxaros. Nada teñen que ve-las vellas fragas aniquiladas, que eran pobos de árbores diversas apertadas ó seu xeito e maneira, fontes de vida diversa que sabiamente se multiplicaba a si mesma, con estos exércitos de árbores todas iguales, prantadas como soldaditos en fila e destinados ó servicio industrial”.

Galeano é un dos escritores máis comprometidos coa realidade do mundo e dos seus pobos, i é conocido pola súa obra clásica “As veas abertas da América Latina”, editada hai xa máis de 25 anos, obra que marcou o punto de partida da súa cruzada sen claudicación por un mundo máis libre i equitativo, no seu permanente compromiso pola xente e o ambiente do que todos dependemos. E como cidadán uruguaio tivo que se involucrar na loita contra a instalación no seu país de xigantescas pasteiras –a finlandesa Metsa Botnia e a española Ence--, que se fornecerían de monocultivos de eucaliptus imprantados en territorio uruguaio destinados a mante-lo consumo insustentable de papel e cartón dos países do Norte, sobre os que Galeano xa tiña unha opinión clara no 1994 cando no seu libro “Úselo y tírelo” decía: “Pero resulta que os banqueiros abandonaron a usura pra consagrárense á ecoloxía, a proba está: o Banco Mundial outorga xenerosos crétos prá forestación. O Banco pranta árbores e recolle prestixio nun mundo escandalizado polo arraso da súa flora autóctona. Conmovedora historia, digna de ser levada á televisión: o destripador distribúe membros ortopédicos antr´as víctimas das súas mutilaciós, como cando aquí Fraga subvencionaba o abandono das terras de labor a cambio da prantación de eucaliptus, algo que se pode apreciar moi ben dend´a nova terminal de Lavacolla: o avance escandaloso dos “soldaditos” de Galeano no que foron veigas, campos, onde agora xa non cantan os paxaros. [….] Poderiamos seguir con Galeano, que queda moito por decir, pero un protagonista minúsculo, o gonipterus scutellatus está a comprometere a vida desas prantaciós… 

Fracasada a loita biolóxica por medio da anaphens nitens tense recurrido a insecticidas hoxe prohibidos, que poderían incluso acabare coas abellas. Estamos avisados do peligro mundial, como tamén (Albert Einstein dixit) de que a vida de moitas prantas, incluso a vida do home, depende da permanencia da abella nos nosos ecosistemas. Se acaso, mentres algús dos nosos políticos poden sentírense rufos coas súas decisiós, rubriquemos estas líneas con palabras do autor uruguaio: “Pero ocurre que os finlandeses prantan no Uruguai os boscos artificiales que en Finlandia están prohibidos polas leis de protección á natureza”. Aquí pode que algún “doudo iluminado” afirme que hai que potenciar aínda máis a prantación do eucaliptu, “a nosa vexetación clímax”. E aquí salta a chispa, que o dos incendiarios pode ser incluso traballo inducido sendo como é o lume un dos métodos de expansión do eucaliptu, téndose contado 22000 renovos de cepa en hectáreas queimadas desta árbore.

Pontevedra, 3.06.2013


jueves, 18 de abril de 2013

ARDE O PAÍS, DE NOVO [6.08.2004]

 O lume en Cotobade, ano 2006, outro ano de terror incendiario. Lembremos que nesa ocasión gobernaba o bipartito PSOE-BNG, que algo máis puideron ter feito. Léanse as alusiós a Quintana no artículo hoxe recuperado, do  ano 2004, preñadas de sentido común. Pero suspendeu no 2006, un ano grande prá mafia incendiaria, tanto como o horroroso 1989, cando ardían os montes incluso no mes d´Outono e se atoparon daquela quince aparellos incendiarios nos montes de Carnota.
O pasado ano ardían as fragas do Eume, fundamentalmente na zona con gran presencia de eucaliptus, que os bombeiras de California denominan árbores "gasolina". E a Xunta, desta volta, tampouco parece té-las ideas claras sobre o cambio de forestación, sobre a recuperación da vexetación clymax: carballos, castiñeiros, nogueiras, freixos, etc. 

Pontevedra, 19.04.2013
Entrada n. 1650 do blog
Artículo do ano 2004, recuperado.


Arde o país, de novo, [6.08.2004]
Por Xesús López Fernández

            O que siga o día a día do calendario das festas galegas pode chegar á conclusión de que aquí non pasa nada aínda que Galicia estea a vivir un ano máis incendiario que os pasados, con Lugo e Ourense especialmente abrasadas, o que podería revelar que detrás pode haber un particular 11-M orquestado polas mafias queimadoras con intención diversa. ¿Promover urbanizaciós, modifica-la reforestación....? Porque á hora de explica-las causas incendiarias téñense dito moitas estupideces. E  sería necesario un debate aberto, apunta-las posibles orixes do lume de tolos que estamos a sofrir ó mesmo tempo que se celebra a Festa do Albariño e se nomean novos cabaleiros e damas, ou a Festa do Galo de Corral en Portas, a do Pemento en Arnoia, a da Peregrina en Pontevedra, ou se aproba a denominación de orixe do grelo, producto galego de calidade, cando aquí debera estar funcionando un gabinete de crisis, talvez terse producido algunha dimisión, porque o que é evidente é o vergonzoso fracaso  da política antiincendiaria da Xunta. Teñamos presente o que dí Adena cando afirma que en once anos só un “pirómano” sofreu penas de prisión e multa de 42.000€.  

             Ó que queira ter unha conciencia clara do drama que estamos a vivir recomendaríalle que consultase a abundante información da páxina web que se cita http://orgaccmm.org/xNOVAS/NOV-12-NOVAS.htm , unha especie de caleidoscopio no que  decote aparece o inventario da maioría dos incendios que se van producindo, recollido de distintos medios, coa nova de que comezaron a apareceren artefactos incendiarios (en Oímbra, Carballiño, i en Valdeorras), algo do que se ten dado noticia en anos pasados, como no  1989, en Carnota, aparecidos daquela uns quince aparatos. Pero os políticos queren te-lo seu discurso pró momento e a propia Cristina Narbona profireu unhas acusaciós que parecen gravísimas e sen base. Según ela os viticultores poderían ter arte e parte nos lumes de Ourense, pra así cambia-la vocación do monte, dito de forma soave.  Paréceme algo inadmisible e coido sería bo que a ministra botase man das hemerotecas e verificase datos en relación coa vaga incendiaria do ano 1989, cando en Galicia tiñamos un presidente socialista, González Laxe. É posible que daquela o lume tivese un culpable máis identificable, e tamén nestos momentos sería bo practicar unha especie de contabilidade da desfeita ecolóxica que estamos a padecer, porque ó final é seguro, seguro, aparecería algún beneficiario.

             Pero das nefastas políticas reforestadoras falan os partidos todos da oposición: PSOE, BNG. As acusaciós dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente son fortes e directas, a raíz das súas declaraciós de que o lume non ten que ver co abandono da poboación rural. ¡E claro que ten que ver, como ben lle lembrou Quintana en Allariz!. O home afirmou algo que está na conciencia de moitos de nós, sabedores de que co abandono das aldeas, co cambio de uso do monte, co cambio cultural e a perda de prácticas conservacionistas, ese espacio fíxose máis fráxil á apetencia dos malvados. Quintana lembrou a promesa de Fraga de hai quince anos, de que en seis meses acabaría co lume (o cal foi certo na época de Romay Beccaría, 1990, 1991, como conselleiro de Agricultura) pero van xa queimadas nese tempo máis de 400.000 hectáreas de monte galego. A solución, dixo Quintana e parece de sentido común, ten que vir a medio prazo, “coa reutilización da superficie agrogandeira e a repoboación humáa do medio rural”.  E tamén afirmou que Allariz é un claro exemplo de cómo se pode combati-lo lume por medio da recuperación das terras agrarias abandonadas. Pra Anxo Quintana o conselleiro debe  dimitir inmediatamente, pola súa clara incompetencia.

            O PSOE dagora  manifesta que os cidadáns queren  outra política forestal...I é oportuno cita-lo dito polo grupo alemán Euronatur, que afirma que cos criterios reforestadores ás veces seguidos non só se racharon equilibrios ecolóxicos (algo do que hai pouco tempo avisaba o profesor Antonio Rigueiro) senón que se incrementou enormemente a posibilidade de desencadear incendios. “A estratexia futura a nivel de Europa debera pasar, según afirma Claus-Peter Hutter, presidente da fundación, pola creación dunha política forestal europea con estratexias claras a longo prazo e por unha recuperación de boscos a través de especies propias dos ecosistemas. Están en  xogo perdas ecolóxicas moitas veces irrecuperables, con graves consecuencias económicas sobre as zonas afectadas. A Fundación pró Patrimonio Natural de Europa sabe que a reforestación con autóctonas correxiría a situación actual, na que a “eucaliptización” producida é causa principal incendiaria. ¿Pero cómo conseguir que o lobby incendiario deixe de impoñe-lo seu organigrama de lume ano tras ano? 

viernes, 22 de mayo de 2009

ENCE, FALAN DO TRASLADO

Núñez Feijóo fala de conversas con Ence, pra Agosto, en relación co posible traslado.
-
Pontevedra, 22.05.2009
-
Entrada n. 958 do blog
-
ENCE, FALAN DO TRASLADO,
por Xesús López Fernández
-
O presidente da Xunta, que prometeu recupera-lo litoral de Lourizán, dixo que pró mes d´Agosto están previstas as primeiras conversas pra tratare do traslado da fábrica e liberar Lourizán. Difícil dende logo ubica-la nova fábrica na bisbarra. Pero hai algo que esquece Núñez Feijóo i é que a factoría xa non ten concesión, perdida cando foi privatizada a empresa sen a necesaria transferencia. A fábrica, se imos polo carreiro legal, ten que cerrare e busca-la vida noutra zona. É o seu problema.
-
Teñamos presente tamén que esta industria d´enclave colonialista representou a eucaliptización de Galicia ata a alma do seu agro, en gran parte arruinado pola semente do demo que ese tipo de forestación veu representar. Lembremos que incluso foron primadas, na época de Fraga, non poucas explotaciós agrarias prá súa reconversión en eucaliptales. Fraga apostou pola irracionalidade en moitos aspectos da nosa vida; a súa política foi un fracaso continuo. E resulta qu´agora ben nos viría un sector primario xerador de riqueza, ou de simple subsistencia. Pero aínda andan a ver se poden acabaren coa nosa gandería.
-
Pero Núñez Feijóo, coa promesa de recupera-lo litoral de Lourizán, vai coa mesma máis lonxe que nadie antes. Que teña vontade de saca-lo tema adiante, como tamén o da execución das sentencias firmes do TS, traballadas por medio de contenciosos dos Defensores da Praza d´Os Praceres [levantamento do ferrocarril, derrubo de Tradepana] é algo que acabarían por llo agradece-los cidadaos todos da ría. Que teña tamén presente o labor de Salvemos Pontevedra, do que se informa neste blog en máis dunha entrada.
-

miércoles, 26 de marzo de 2008

MEDIO AMBIENTE E FEISMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001]

De cando a ría de Pontevedra era un mar cheo de vida. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 26.03.2008

Entrada n. 459 do blog.

Seguimos inserindo no blog traballos do ano 2001. Este que sigue pódese reiterar tal cal, pero engadindo cousas que daquela non se comentaron, como que a depuradora d´Os Praceres é ilegal ante a Lei de Costas e que, na súa realización, son delincuentes as tres administraciós. ¿A ría, espacio sensible? Naturalmente. O malo é que soamentes a definiron así porque quedaba ben nos discursos. O eucalipto permanece como estigma da terra e foi a gran ferramente usada pra despoboa-lo país e marcar a moitas das nosas xentes o camiño da emigración. Galicia perdeu así gran parte do seu capital humán e natural. (Este traballo está xa no blog, como entrada n. 437 do 9.02.2008, pero déixoo porque nesa outra entrada aparece con outras ilustraciós e comentarios).

MEDIO AMBIENTE E FEÍSMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001],

por Xesús López Fernández

A pasada semáa estivo tinguida de verde e de “feísmo”, obxetos de distintos foros, marchas e asociaciós. E de acordos. Simpática a actuación dos nenos dun centro escolar a repoboaren unha zona do Castrove con carballos e castiñeiros, todo no marco dun programa de protección ambiental. E agradecémo-lo acto da Federación Castelao na punta das Corbaceiras, a lectura de poemas de Amado Carballo e de Otero Espasandín, a entrega de flores á ría, o rito rexenerador de verteren alí auga nacente do Lérez e mái-lo Gafos. ¡Xa quixera eu que o Gafos tivese a forza do gran río que prometen os seus catro nomes! Pero o que en Marcón chaman Pintos convírtese no Tomeza cando cruza o val. Chámanlle tamén Tablada cando pasa pola ponte dese nome en Campolongo, pra desembocar xa como río Gafos en lembranza do edificio que foi alí lazareto, a casa dos gafos, dos malatos ou enfermos de lepra, que parece sigue viva na desembocadura, a afear e contaminar máis e máis. Unha triste fin.

Tamén na pasada semáa foi declarada a ría zona sensible, denominación ésta que se terá de manter cando menos catro anos e que nos avisa de urxencias como a de que os lodos das depuradoras e outros fangos non poden ir á ría, i eso no-lo dín cando está recén o percance da depuradora d´Os Praceres, estoupido de alcatreo que alarmou ó vecindario. Pois ben, non vai abondar coa depuración secundaria, senón que é necesario e obrigatorio o tratamento biolóxico dos vertidos, algo reclamado dende hai tempo. Pero, ¿e os posibles accidentes que se han producir se seguimos a pensar nunha depuradora única de dubidosa eficacia? ¿E qué criterios se van adoutar, máis alá das auditorías, pra manter á raia os efluentes das industrias que afean a paisaxe ademáis de comprometeren a saúde dos cidadáns?

Sobre feísmo falouse tamén estos pasados días e asináronse acordos, parece que despois do debate promovido por algús urbanistas –Xerardo Estévez, Gallego Jorreto, Precedo Ledo— que se definiron de forma moi crítica co que aquí se fixo e co que se sigue a facer. “O feísmo é a nosa vergonza, a vergonza de ter descoidado a organización do territorio en trinta anos de desenvolvemento. Temos mercado bonos de fealdade a cambio dun crecemento importante e preocupa que despois de tres décadas de democracia esto aínda aconteza”, son palabras de Estévez. “Falamos de arquitectura popular, pero ¿cal é a paisaxe galega dende Ribadeo ata Santa María de Oia, con esa invasión de eucaliptus?”, palabras éstas de Gallego Jorreto, moi puntual nesa cuestión, e chega decir que a eucaliptización implica torpeza, desinterese, destrucción estúpida, inconsciencia: a traición á paisaxe natural e ó urbanismo.

¿Vai pode-la Xunta ordea-la paisaxe? ¿O acordo asinado cos concellos vai servir pra algo, se hai tempo que é a principal responsable na aprobación de plans de urbanización como o de Pontevedra, un acelerador máis do proceso de degradación ambiental?.O día da marcha sobre Lourizán descobrín o muro das lamentaciós que están a construiren como parte das obras do ferrocarril, feísmo por mandato económico e parlamentario. Tornemos á idea de Gallego Jorreto. Un amigo tenta poñe-lo seu monte en valor por medio de nogueiras e castiñeiros. Actuaciós dese tipo e a recuperación de terras de labor poden marca-lo camiño de retorno ó campo, que tamén quere a Xunta repoboar con xente nova, difícil se non se acompaña de medidas como a da supresión do imposto sucesorio, posible si se ten a vontade de face-las cousas ben. Nesta panorámica constitúe unha ameaza seria a permanencia de ENCE, causa en gran parte do feísmo na paisaxe “dende Ribadeo a Santa María de Oia”. Os nenos que repoboaron no Castrove deben tamén aprender que hai que cambiar de política forestal, que o eucalipto degrada e afea, que mesmo é causa do abandono de aldeas. Confío que a Federación Castelao ha ser sempre crítica cos partidos no marco da comisión medioambiental que está a promover. Pola saúde da ría e da paisaxe.

domingo, 25 de noviembre de 2007

A TRAMPA FORESTAL [14.08.1999]

Outro tipo de forestación. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 25.11.2007

A trampa forestal é evidente. Non hai directrices políticas claras más alá do discurso electoral. As comunidades de montes, un desastre, por careceren de información ou estaren condicionadas pola política de certo clúster, non acaban de aprender o que é poñe-lo monte en valor. O artículo vai de eso dende a perspectiva do ano 1999. Parece que nada cambiou.

A TRAMPA FORESTAL [14.08.1999]
por Xesús López Fernández

Contoume un amigo que dispón dun terreo de certa importancia, prantado de piñeiros insignes. Vinte hectáreas. O amigo ten un problema importante: que a empresa que lle mercaba a madeira prá fabricación de aglomerados cambiouse ó eucaliptu. O home sinte como se fora obxeto de engano despois de ter prantado unha madeira de crecemento rápido e de fácil saída. I está claro que nada está perdido porque pode agardar pra vende-los piñeiros, dentro de dez ou vinte anos, con outro destino e precio notablemente máis alto. E quédalle a alternativa de ir derivando cara outro tipo de bosco, mixto, con presencia de especies nobles: nogueiras, castiñeiros, píceas, seudoacacias, carballos...

Hai outra trampa á vista, da que están a dar conta algunhas comunidades de montes, embarcadas no seu día na prantación masiva de eucaliptus. E o eucaliptu págase a baixo precio, fundamentalmente prá fabricación de aglomerados e de pasta de papel. A fixación do precio depende do mercado global e das prantaciós feitas noutros países, fundamentalmente no cono sur do continente sudamericán, i en África. Madeira moi barata que está situando á nosa terra, Galicia, no clube dos paises terceiromundistas pola excesiva reforestación coa especie citada. Pero algo parece se está a mover neste asunto, como consecuencia da aparición dunha peste, o gonipteros, que compromete o desenvolvemento do eucalipto, ó que priva das follas novas. E as comunidades de montes queren darlle outro sentido á reforestación, se ben aínda lles falta información e decisión. Pero o gonipteros, esa maldición, pode ser causa de plans de futuro máis intelixentes.

Greenpeace acaba de informar sobre a situación forestal en España, onde sóo quedan 88.859 has. de boscos vellos ou asimilados, é decir, sóo o 0,30% da superficie forestal potencial. E insiste na necesidade de potencia-la reforestación que propicie a biodiversidade, de fuxir do monocultivo forestal de pirofíticas como o eucaliptu. Incluso afirma que, dunha superficie aproximada de 180.000 has. queimadas nos últimos anos en España, cen mil arderon en Galicia. Situación grave, límite, de auténtica trampa mortal. Pode ser un momento bó, crítico, pra escomeza-lo cambio de orientación porque desapareceron xa o 50% dos boscos primarios de todo o mundo e o 50% restante está claramente enfermo. I están sonando toda-las alarmas.

O Worldwatch Institute, como sempre, recolle importante información no seu último estudio, consellos pra un mellor aproveitamento e reducción no consumo de madeira. Sería decisivo o cambio de hábitos do consumidor final, o aumento na capacidade de reciclaxe do papel, hoxe desaproveitada en máis dun 50%; a utilización de productos de natureza non forestal ou deriva-lo mundo das computadoras cara unha maior utilización do correo electrónico ou as ediciós “on line”, como fai unha importante compañía de seguros que aforra, por este medio 14 toneladas de papel ó ano. Existen xa periódicos con edición exclusivamente dixital e a BBC, que imprime 15 billóns de páxinas ó ano, audita ós seus proveedores e ten afirmado que mercaría papel certificado procedente dunha silvicultura sostible. Coido que nos están a marca-lo camiño pra sair da trampa, pra que entremos na silvicultura racional, na biodiversidade.

domingo, 18 de noviembre de 2007

O REGRESO DO LUME FORESTAL [9.6.2000]


Un souto vese, tamén, presa do lume. Dibuxo informático de Xesús López

Pontevedra, 19.11.2007

Vai agora un traballo de Xuño do 2000, aquel ano no que Romay Beccaría denunciou, coa evidencia de dous paracaídas nas súas mans, que o lume viña do ceo, que os incendios eran provocados. El soupo frea-lo lume por contra do acontecido no 1989, holocausto forestal, especie de anticipo do pasado 2006.

Este ano e gracias ó lume, a temporada incendiaria foi corta, pero a seca delongada trouxo como resultado que incluso neste mes de Novembro houbo novos incendios e moitos. Unha das claves incendiarias, estimamos moitos, están na presencia masiva do eucalipto, o gran culpable. Sobre eso versa o artículo.
O REGRESO DO LUME FORESTAL [9.6.2000],
 por Xesús López Fernández 

Tiña intención de dedicar uns comentos á Carta de Aalborg por se-la mesma cousa importante. A propia Xunta acaba de face-lo anuncio de que está a preparar unha Axenda 21, un dos documentos aprobados polos 173 gobernos que asistiron no 1992 ó Cumio de Rio Janeiro e que dixeron estar dispostos a apostar pola sustentabilidade, por un desenvolvemento que concilie industria e medio ambiente. A tal Axenda vai ser un auténtico test, unha demostración de si se está polo labor ou se, simplemente, se está a montar unha opereción de marketing, en moitos casos pouco creíble. --Aí temos senón a afirmación do ministro do Medio Ambiente no sentido de que “a incineración non é o camiño”, que contradí os criterios da Xunta--. E a ver de qué vai a Axenda 21 do concello de Pontevedra, cando a redacten. Veremos. 

Pero crúzase o tema do lume forestal porque o día antes de facer este traballo ardía, novamente, un monte de Poio, onde este ano os incendios semellan seren especialmente temperáns. E o conselleiro señor del Álamo está a culpar, outravolta, a gandeiros e cazadores, algo que xa non vende porque somos moitos os que miramos noutra dirección. E xa dende o prólogo de “A situación do mundo 1998”, o informe do Worldwatch Institute dí, despois de cita-los incendios de boscos primarios –Borneo, Sumatra, ano 1997— que éstos, no seu estado natural, non soen arder e que o lume demostra categóricamente “inestabilidades máis fondas”. O estudio refírese a forzas máis profundas apantalladas tra-los incendios do sudeste asiático: “a crecente demanda de alimentos, pasta de papel e outros productos, dunha poboación de case 6.000 millós de persoas que impón unha presión crecente sobre a terra”.

O devandito informe pódese leer sempre, pero hai cousas aquí das que nos estamos esquecendo, como é o tema –hai poucos días relembrado por Joaquín Reigosa— da condición pirofítica do eucalipto. É decir, o mesmo que se dí en certo informe confidencial, anexo ó Inventario Forestal 1986, que á maior presencia desta árbore “contribúe, en primeiro lugar, o lume, facilitando o seu esparexemento e fomentando a formación de renovos por brotes de cepa”. Un pergúntase por qué ese informe non trascendeu máis, porque aí, nesa frase, pode estar sintetizada moita da filosofía incendiaria dos últimos anos. I é curioso que, agora que o señor del Álamo denuncia o exceso reforestador con eucalipto de 80.000 Has., se nos apareza a tal noticia como algo que xa denunciaba no 1989 un xornal hoxe desaparecido –El Independiente, 9.07.89—e que se refería á “connivencia antre a Xunta, Goberno e CE”: Galicia como reserva eucalipteira e celulósica da Europa Comunitaria. 

Naquela vella noticia estaba xa o “guión” dos “traballos” que nos traerían á situación terminal na que parece nos atopamos. ¡E menos mal que a contestación social freou o apoio que os gobernantes estaban a daren ás papeleiras transfronteirizas! O xornal aludía tamén ó holocausto das especies nobres: “carballos, castiñeiros, bídalos, amieiros, freixos, arces...”. Foi daquela cando se presentou unha iniciativa popular de “Lei Forestal” no Parlamento Galego --desbotada incluso polo PNG e CG--, en defensa da nosa flora, da nosa identidade. Pero non podía ser porque Europa quería unha Galicia eucalipteira e pasteira antes que forestal e gandeira, en contra dos consellos de González Bernáldez e Van Ermen. Na segunda metade do 1989, a nosa terra foi un inferno.. E hoxe sabemos de boca do señor del Álamo que temos 80.000 Has. de eucaliptos máis da conta. Parte do mérito pode ser do lume, seguro. Pero, ¿úlo os incendiarios?. ¿Tan atobados están que non conocémo-lo seu rostro?.

miércoles, 24 de octubre de 2007

CONTRADICCIÓS NA REPOBOACIÓN

Outra paisaxe é posible no monte galego. Máis riqueza, máis turismo, que non morran máis aldeas. Fotografía do autor en Moldes, Boborás, Ourense. A igrexa ten, sobre o campanario, unha cruz celta.

Pontevedra, 24.10.2007

Na prensa d´hoxe dan a nova de que as comunidades de montes de Pontevedra propóñense erradica-lo eucalipto nun espacio de mil hectáreas. Sobre a idea desa erradicación trataba xa o traballo agora reproducido, do ano 2002, así como do fracaso da loita biolóxica contra o gonipterus e a posta en escea da fumigación con plaguicidas de cadea longa, letales prás abellas. E peligrosos prós humáns.


Contradicciós na repoboación [2.11.2002],

por Xesús López Fernández

Hai xa tempo que foi denunciado o feito de que a unha maior repoboación forestal correspondera máis e máis emigración. Os montes foron ocupados e privadas así moitas aldeas do uso tradicional dos mesmos, algo que habería que ter en conta agora, cando a Xunta fala da posibilidade de recuperar 261 núcleos de poboación que se quedaron sen xente. ¿Quén se vai asentar agora nesas aldeas e con qué soporte económico, agrogandeiro, agroforestal? A economía campesiña fora de sempre un sistema dentro do sistema, que se sostiña a sí mesma sustentablemente. Pero son xa moitas as zonas coa clase labrega desaparecida, perdída-las raíces, reubicados nas cidades algús emigrantes retornados, daquela emigración forzada pra, coas súas remesas de cartos, financia-los plans de desenvolvemento industrial. O amor á aldea, á súa cultura, está perdido en moitos dos nosos sectores. Os que pola vía da reconversión gandeira resistiron están a seren cada vez máis presionados.

Aínda existen prados –que alegran e dan máis luz á nosa paisaxe--, pero poden nalgús casos estaren a punto de desaparecer, porque as súas lindes correspóndense con masas espesas de eucaliptos colonizadores que só entendemos sobre a base dunha total irracionalidade reforestadora, monoespecífica, á marxe da biodiversidade desexada, que converten a nosa xeografía, nas zonas por eles ocupadas, en espacio monocromático. E por se fora pouco, cada vez aparecen máis fincas abandonadas reconvertidas á cousa eucalipteira. ¿E non se poderían usar esos terreos prá outra fin? Porque se falamos da reconversión do eucalipto a papel tisú, tamén poderiamos falar da reconversión da cerdeira brava ou da nogueira híbrida en mobles de estilo, algo sabido e que tiña stand en Forestalia, como tamén un viveiro de Esgos que promove a prantación, antre outras coníferas, do piñeiro de Oregón, madeira de gran calidade, outra forma de poñe-los nosos montes en valor.

Hai cousa de dous meses que os representantes das comunidades de montes pontevedresas fixeron pública a súa intención de erradica-lo eucalipto no prazo de vinte anos e de lle dar outra orientación á repoboación, con criterio de prima-la variedade. Lémbrese aquí tamén a proposta de Miguel Cortizo, parlamentario socialista, de elimina-lo eucalipto de Galicia nun prazo de 50 anos. Son medidas que deberían ser consensuadas nun momento no que queremos salientar certos valores paisaxísticos cara ó turismo. A recuperación do litoral da que falou Fraga hai escasos días n´O Grove sería así máis facedeira, sen caer na contradicción, na alienación do que propoñen sen razón certos “axentes sociales”. Que a Xunta estea traballando na reconversión hoteleira dalgúns conventos –San Clodio, San Estevo de Ribas do Sil, San Vicente do Pino— é importante; decidirse pola recuperación dalgún que outro espacio natural é a súa asignatura pendente, en contra do prometido.

Quero incluir aquí unha pequena noticia sobre a demostración de fumigación que, ó abeiro de Forestalia, fixeron na zona de Combarro con avioneta controlada con mando a distancia. Parece que a “anaphens nitens” que ía acabar co “gonipterus” non pode coa plaga. E non se lles ocorre mellor cousa que botar man dun insecticida, o flufenoxurón, que non ten efectos tóxicos sobre humáns. Eso é o que din, como se fora unha cousa portentosa, como o DDT hoxe prohibido. Como el, resulta que non é biodegradable, que sí é extremadamente tóxico pra algús grupos de invertebrados acuáticos e co que, cando se manexa, hai que ter coidado: “Evita-lo contacto cos ollos, pel, boca e nariz. Se a roupa se contamina é preciso quitala e lava-la pel afectada con auga e xabrón. Lavar toda-las partes expostas antes de comer, beber ou ir ó baño. Despois do traballo cámbiese a roupa e dúchese”. Hai peligro. Todo pode ser cuestión de dosis como no caso do gas usado polos rusos. As aldeas cercadas por eucaliptos poden tamén, dende agora, vivir situaciós de verdadeiro risco.

viernes, 7 de septiembre de 2007

NOVA VIDA NO MONTE [18.09.06]

Pontevedra, 7.9.07

Na miña teima de recuperar cousas mostro hoxe outro traballo do pasado ano, de cando o lume aterrrador acababa coa nosa terra. Son dos convencidos da existencia dunha trama real, clara, en relación con todo o acontecido. Pero si neste traballo falo do labor dos fentos e das herbas que daquela estaban a tingui-la paisaxe do verde orixinal, agora terei que decir que en non poucos espacios naceron, "como fentos", eucaliptus invasores, avanzadilla dos clústers que queren acabar coa nosa terra co pretexto de que van colaborar na retirada do CO2 atmosférico..

Aínda onte, cando marchaba pola Sionlla cara Lavacolla, como evidencia da trama existente antre o poder e o clúster eucalipteiro, puiden ver terras de labor colonizadas con esas árbores, alineadas como soldaditos, como tantas veces ten dito Galeano, pero os 200 ou 300 que están nacendo nos montes de Pontecaldelas, no que poida quedar de chan fértil, por cada eucaliptu queimado, levan con eles a consigna de acabar coesta terra, de faceren imposible outro uso do monte, de arrasaren a nosa cultura. Nada, política demencial.

Nova vida no monte,[18.9.06]
por Xesús López Fernández

Parece como se, co outono a nos dá-la man, a chuvia que vai caíndo fose na xusta medida, ás veces como orballo ou marmaña sotil, como pra que a cinza non se asuste. Agradecidos, moitos dos montes que o lume deixou negros comezan homildemente a cambia-la súa color porque está a inza-lo verde nacente de milleiros de fentos i herbas, de xeito espontáneo; mesmo algunha árbore que quedou como gran queimada pero que conserva ponlas con vida, parece reclamar un certo protagonismo e, ó se desfacer da folla que ardeu, está a facer un certo aporte á recuperación do chan. Naturalmente, a colaboración do voluntariado –en Cerdedo, Pontecaldelas, Poio, Rianxo,.....--, que ha reparar no dito, deberá cristalizar nunha actuación certa. E a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo pendurou en internet, un manual sobre reforestación e recuperación da vexetación autóctona, de forma simple e sen remove-lo chan, a imitación da natureza, con landras e castañas.

Non esquezamos que aínda non estamos libres do lume e que este pasado sábado estaban activos 19 focos en todo o país. Lembremos tamén que no 1989 ardían os nosos montes con furia renovada mediado o mes de Outubro: en Carnota –15 artefactos incendiarios--, en Covelo, etc. O dos artefactos, que este agosto apareceron en non poucos sitios, queda dito por aquelo das tramas que agora negan. Incluso en casos sabidos que comezaron con diversos focos, con seis, oito ou vinte, é un decir, as autoridades din que non houbo tramas. E que se lle queira dar ese perfil á carta “tonta” do PP ós seus alcaldes parece demasiado. Que se expliquen todos eles e, sobre todo, que se comprometan por un novo modelo forestal, máis rico e diverso; que pensen no monte como un factor de verdadeira riqueza e viveiro de postos de traballo que debe ilusionar ás futuras xeneraciós. E fracasaremos se non conseguimos fixar poboación no rural, se proseguimos coa idea de aparcar a máis e máis xente na serie de guetos nos que se están a convertiren as nosas cidades a consecuencia da corrupción recalificatoria e inmobiliaria.

Pero volvamos co tema do lume, no que o asunto da posible trama non está aclarado. Con negala non se resolve o problema. E despois dos discursos descalificatorios dende ámbo-los bandos parlamentarios que non xustifican o operativo caótico que en principio puxeron en marcha contra o lume; que parecía totalmente inútil máis alá do esforzo veciñal, ata que acodiron á nosa terra bombeiros doutras comunidades, ou se pediron voluntarios. Poden os nosos políticos botárense a culpa uns ós outros. Mai-la culpa está servida, é deles. E están agora coa ditosa comisión de estudio á que finalmente tamén se suma o PP. ¿Pero por qué non quere o goberno a creación dunha comisión de investigación?. De investigación a tope que profundice nas causas e concausas do lume e, sobre todo, nos seus verdadeiros beneficiarios e presuntos planificadores. O propio xornal El País, nun traballo titulado “A fuego lento”, perguntaba este pasado 16 por qué non quere a Xunta constituí-la tal comisión.

A Xunta non veu con bos ollos a manifestación convocada –o Obradoiro a reventar-- polo colectivo “SOS contra o Lume”, que algús tacharan de remedo do “Nunca Máis”, pero instrumentalizado polo PP. ¿É que a bandeira do Nunca Máis non se usou sectariamente por outros, mostrada mesmo como divisa nalgún consistorio que eu sei por meses e meses?. A política é así e prostitúe moitas veces ós movementos de protesta solidaria e cidadá. Núñez Feijóo falou con sentido cando dixo –da manifestación--, que falarían na rúa o que non se podía falar no Parlamento. E a Galicia estanlle a negar esa comisión de investigación precisa pra poñe-las cousas en claro e destapar culpas próximas ou remotas. ¿Por qué Galicia é hoxe unha ruína e perdeu o verde?. Modesto e notable traballo o dos fentos e as herbas por nos devolve-la color dominante, por renova-la vida nos nosos montes, con conciencia de país.

martes, 14 de agosto de 2007

PRA DESPOIS DO LUME [15.08.07]]

Pontevedra, 15.08.07
Outro traballo sobre a temática incendiaria, que forma parte do bloque de artículos escritos o pasado ano, hai agora un ano e un día. Nel análizanse algunhas das posibles causas do lume, os error cometidos pola Administración á hora de planifica-la política agraria e forestal de Galicia. A opinión deAlbino Prada é definitoria, e definitiva. Que Quintana teña dito daquela que aquí o que se preparou foi un polvorín é algo sobre o que el tamén pode ter responsabilidades se o lume volve desta hora, porque moitos montes siguen sendo un desastre, un aprecia como o polvorín vai medrando, cobra forma. Esa é a trama, aínda que o Fiscal teña concluído que non hai indicios de tal.
No se puede mostrar la imagen “http://www.elcorreogallego.es/servicios/galeriagrafica/523/grandes/7158.jpg” porque contiene errores.

Pra despois do lume, [14.08.06],
por Xesús López Fernández

Que o Fiscal Xeral do Estado impartira instrucciós de investigar, en relación coa guerra incendiaria que está a sofri-la nosa terra, si hai algún tipo de trama, pode non conducir a nada dado que a Policía non cree na existencia da mesma en función do perfil das persoas detidas. Os analistas, sen embargo, apuntan cara certos intereses: urbanísticos, como en Cataluña, ou doutro tipo. Ou sinalan outras posibles causas como o cambio de uso do monte, a perda da relación osmótica que o home e a muller mantiñan co seu entorno, do que dependían pró lume manso da lareira ou prá mantenza do gando, como prá obtención de esterco. Perdida a aldea como unidade de producción por ter sido decretada unha reforestación salvaxe, Galicia deixou de ser un verxel pra se ver invadida de especies pirofíticas, como reiteradamente temos denunciado. I ésa é, simplemente, a trama incendiaria. Dos beneficios a corto prazo tamén se sabe.

Un libro editado no ano 1979, “Realidade económica e conflicto social”, avisaba dos problemas socioeconómicos que ameazaban á nosa terra. Da obra, un estudio multidisciplinar encargado polo Banco de Bilbao, editáranse 12.000 exemplares, 8.000 en castelán, 4.000 en galego; pero foi retirado por orde gubernamental. Pois ben, quero pensar que a difusión do libro e a súa lectura terían representado unha ferramenta útil pra evita-la ruína á que finalmente sería conducida Galicia, hoxe con problemas en moitas das súas frontes porque o home xa non está integrado na paisaxe como elemento dinamizador, productor e beneficiado dos seus traballos. ¡Se incluso nos queren nega-la posibilidade de ser un país gandeiro! Pero un dos traballos aparecidos estos pasados días, de Albino Prada (La Voz de Galicia, 7.8.2006), afirma de xeito clarividente que non existe nengún uso activo que evite a acumulación de material combustible en dous millós de has. do territorio e que así temos un problema estructural e cíclico que potencia unha catástrofe ambiental e social sen precedentes.
O que agora está a pasar pode certamente corresponder a unha actuación planificada, como xa se ten apuntado. Como no ano 1989 aparecen agora profusión de aparellos incendiarios. E hai que estudia-los posibles beneficiarios; pero tamén a culpa certa das Administraciós na perpetuación do modelo forestador franquista, asumido curiosamente por xentes de sentimento galeguista que erraron no modelo de desenvolvemento que precisaba a nosa terra, como este pasado Sábado me indicaba un amigo colaborador no traballo citado no parágrafo anterior, ó que tiven ocasión de lle lembrar algo aludido nun dos meus traballos anteriores: o proiecto de lei forestal de iniciativa popular presentado ó Parlamento galego no 1989. A súa posible aceptación debatíríase despois das elecciós europeas, pero nen socialistas, nen coagas, nen os representantes do partido nacionalista galego estiveron polo labor de poñer a andar un traballo respaldado por máis asinaturas que votos tiña calquera dos partidos nacionalistas presentes na Cámara galega.
Desconozo se agora se terá producido o necesario cambio de sensibilidades. Quintana tivo o outro día, na TVG, unhas palabras acertadas ó defini-lo tipo de forestación ou reforestación obrada en Galicia como a da conformación dun auténtico polvorín. Certamente, aquí nadie precisa de bombas de fósforo ou misiles pra acabar co país, co país das 35.000 entidades de poboación que é Galicia. O home dixo máis, despois de ter afirmado que o prioritario agora era apaga-lo lume. Determinar se hai trama incendiaria ou non corresponderalle á Policía e á Fiscalía. Cando acabe esta guerra haberá que pensar en reforestar con outro criterio; e haberá que pensar, tamén, en fixar poboación no rural, amplia-las zonas agrarias e non caer xa, nunca máis, na construcción do polvorín. Esa é a trama e ten un principal culpable: a Administración, que precisa facer exame de conciencia. E pensar no pobo antes que nos lobbies.

OUTRAVOLTA O LUME FORESTAL [25.06.06]

Pontevedra, 15.08.07

"Outravolta o lume forestal", un dos títulos do pasado ano que entra agora no rol do blog. Este ano, afortunadamente, houbo pouca actividade incendiaria porque, sobre todo, estivo vixiante o mellor dos bombeiros, a auga, que inda onte, 14.8, trouxo unha rega abondosa. Xa se sabe: Aí ven san Lourenzo co seu caldeiriño penzo, auga, nubes, que tampouco nos deixaron ve-las estrelas. Pero os montes están dispostos a arderen de novo, porque non se fixeron os traballos de rexeneración dos que tanto se ten falado.

Unha noticia de hai un par de días, no sentido de que na provincia de Ourense foron sementadas oliveiras, parece que nunha superficie dunhas dez hectáreas e cunha promesa de obter unha producción de 40000 litros aceito virxe de oliva no prazo de tres anos, pode ser exemplar, pero resulta cativa cando deberon quedar, sen rexenerar nen rozar, montes por un total dunhas 80 ou 90 mil hectáreas.

Hai espacios que son un auténtico escándalo, Nun horizonte de eucaliptales (non quero decir eucaliptais, plural bastardo por diferencialista) secos, co chan do monte mineralizado e sen capacidade xa de producciòn, aprécianse en zonas que eran de monte raso, como se fosen fentos, os milleiros de eucaliptus fillos dos protagonistas incendiarios. Cando arde un eucaliptu estímase que, antre os renovos e os que nazan das sementes que saen despedidas polo vento, poden aparecer 200 novos exemplares: a peste incendiaria como ben sabemos. Sigue o traballo aparecido o pasado ano no Diario de Pontevedra e no Xornal.com
No se puede mostrar la imagen “http://www.elcorreogallego.es/servicios/galeriagrafica/523/grandes/7154.jpg” porque contiene errores.

Outravolta o lume forestal, [25.06.06],
por Xesús López Fernández

Levamos meses con noticias de incendios provocados. En Boiro, Ribeira, Meaño, en Ourense, o lume devorador volve como outros anos. Un tiña certa confianza en que, despois dun ano do cambio, estiveran xa concretadas medidas certas no eido da política forestal; que Medio Ambiente ou Medio Rural tivesen máis adiantádo-los seus deberes, nos que deberán asumir un protagonismo de primeira línea as comunidades de montes, xa no control da masa forestal ou ben no cambio da mesma, porque aí poderían esta-las claves de moitas cousas i, en definitiva, da involución da nosa sociedade rural, quebrado o soporte da súa economía agrogandeira que, cada día que pasa, paréceo ter máis difícil. Que a Xunta teña promulgado un decreto que vai impedi-la presencia de masas boscosas a 25 metros das casas, incluso a 50 se se trata de pirofíticas (eucaliptos, chopos) parece unha solución corta, moi corta. Aínda gardo memoria dun gran incendio do pasado ano e podo afirmar que, situado a uns catro ou cinco kilómetros de distancia do mesmo, chegaban onda min como linguas de lume as follas que o vento forte traguía dende a gran cacharela.

A maior presencia dos eucaliptus é o resultado de anos de política forestadora irracional e hai escasos días tiven ocasión de leer que a superficie por eles ocupada aumentara un 450 por cen (¿en cántos anos?), realidade moitas veces denunciada que, sen embargo, foi agachada todo o posible, causa primeira de non poucos cambios socioeconómicos dos que se levan producido na nosa terra; tamén do seu desgarro medioambiental. No ano 1989, especialmente incendiario, escribín nun traballo de 22 folios cousas que hoxe podería reiterar: a referencia á forte involución demográfica da nosa terra e, logo de insistir na culpa dos políticos polo modelo forestador imposto, na hipoteca do país emanada do mesmo.

“¿E non estaría ese protagonismo da árbore australiana a condiciona-lo absentismo dos homes, a deshumanización da paisaxe, a morte das aldeas? ¿E por qué non...?” Ocupádo-lo seu ámbito sagrado, o marco da súa economía de subsistencia, “os homes emigraban. I ese absentismo, ese retirarse do marco xeográfico, podería ser tamén razón profunda do pasotismo crecente en sectores concretos da nosa sociedade...Non parecía desbotada a idea de [do protagonista da historia] que ó deixar de sé-la paisaxe a resultante do encontro do home coa natureza pra se converter en algo hostil –decretado polos violadores do mundo— a conducta social como un todo sofría. Por eso había unha falta de pulo real nas inciativas da cidadanía, en clara retirada, sen estar disposta a asumi-lo protagonismo que cada momento histórico demandaba...” No traballo tamén se facía unha aproximación ás diversas formas incendiarias e as súas consecuencias (22.000 renovos de cepa por hectárea de eucaliptus queimada), ou do esforzo de promover unha lei forestal de iniciativa popular, daquela respaldada por máis asinaturas das que puideran avalar a calquera dos partidos nacionalistas existentes. Nas hemerotecas, Xuño do 1989, consta a vergonzosa actuación do Parlamento galego daquela hora.

A un ano da gobernación da nova Xunta, agardamos un maior pragmatismo. O decreto que ordea afasta-las masas arbóreas paréceme tímido. Urxe a imprantación doutro modelo forestal: castiñeiros, carballos, nogueiras, cerdeiras de monte, piñeiros de Oregón, etc. E tanto se optamos polo modelo incendiario das prantas de xeneración eléctrica a partir da biomasa como se escollémo-lo austríaco da fabricación do compost, a vontade política dunha solución real parece aínda lonxá. En Austria, o 20 por cen da superficie rural é boscosa e son moitas as empresas dispostas a limpa-lo monte ou as zonas de prados (xardíns ou bordes das estradas) e pagan 10 euros no primeiro caso, no segundo cinco por metro cúbico. Prá fabricación de compost. Parecen máis intelixentes os austriacos e por eso a súa paisaxe é distinta. Non conciben o protagonismo que o lume ten antre nós.