miércoles, 29 de julio de 2009

POLO Á CARTA

Algunhas xentes esfórzanse por traballa-la terra, porque saben que dela poden obte-la necesaria mantenza. Non-obstante, o planeta, maltratado, agredido, négase a lle dar soporte a unha poboación maior cada día. Pero a razón do mal pode estar no corazón dos gobernantes que non pensan tanto na boa administración como na fortuna persoal. ¡Ai, a política como carreira!.
-
Parece como se os homes non quixeran confiar nos homes como solución final, total, sustentable, pra marcar novos camiños d´esperanza. Tamén de riqueza. I é lóxico que neste momento de degradación os gobernados non confíen nos gobernantes, nos que decote aniña a corrupción. Case todos están baixo sospeita.
-
Pontevedra, 29.07.2009
-
Entrada 1023 do blog
-
POLO Á CARTA,
por Xesús López Fernández
-
Vaia como argumento máximo o que recolle o corto de Fernando Dimadura que inclúo nesta entrada. Vaia como exemplo ilustrativo e actual de aquel: "Contan dun sabio qu´un día/ tan probe e mísero estaba/ que sóo se sustentaba/ das herbas que recollía. /¿Haberá outro máis probe ...?..pra sí decía.../E cando o corpo xirou/ veu qu´outro sabio recollia/ as herbas qu´el desbotou."
-
A situación do mundo, a fame extrema qu´algús viven poderiase remediar con políticas máis equilibradas. Tristemente, parece que sóo a Igrexa ten, nestes momentos, unha política social clara e qu´os comedores nos que se dá acollida a tantísimo necesitado sempre están relacionados con ela, xestionados directamente ou ben por medio de colaboradores. A familia do "reciclador" que se xunta no remate do corto, pra cear, non deixa de face-lo sinal da cruz nen de rezar, agradecidos de que a outros lles sobre.
-
Guión, fotografías, dirección e música do autor, Fernando Dimadura. Importante o aviso do final: 25000 persoas morren de fame, a cotío, no ancho mundo. A xeografía da fame está tamén instalada nas sociedades opulentas, testemuña de qu´as cousas se están a facer mal. Algo falla. Moito.
-
-
Enlaces en relación coa fame no mundo:
-
-

3 comentarios:

Sísar dijo...

Puxéronseme os pelos de punta. Tou abrumado polas imaxes.

xesús lópez fernández dijo...

Non é pra menos, amigo. Un saúdo, Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Este posst merece máis consultas, porque no que nel se conta é a pura verdade da miseria dun planeta que foi conducido ata case o extermino e a fame absoluta pola corrupción política.
Vede con atención os enlaces, especialmente o vídeo de Dimadura. Veredes qu´a felicidade dos máis probes é moi fácil d´acadare, pero non ó precio dunha falta total de oportunidades nen degradando a súa dignidade.