

-
Pontevedra, 25.02.2010
-
Entrada n. 1183
-
A AVENTURA TERMAL DE CASIMIRO GÓMEZ,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe será persentado un libro sobre a gran figura de Casimiro Gómez, o creador da finca de Monteporreiro, que eu conocín no seu devalo, pero que funcionaba como parque e pulmón da cidade. Nos últimos trinta, o balneario era xa unha ruína, pero se mantiñan algús dos usos da granxa con galiñas de diversa caste: as brancas Leghorn, as case roxas Rode Island, pedresas, as negras casteláas, etc. Asombraba o paseo central con eucalilptus de diversa especie, que remataba no edificio do mirador-biblioteca, aínda aceptablemente conservado.
-
Por moitos anos Monteporreiro foi espacio de camiñatas, cos puntos de encontro citados, ademais do desembarcadeiro, lugar de baño obrigado. Na campa frente ó convento de San Benito había unha casa, coido que morada dun guardabosco ó que conocín persoalmente. Agradáballe falare do pasado da finca; mesmo me mostrou en certa ocasión unhas bandas de papel, etiquetas que quedaran sen uso unha vez suspendido o embotellado das augas mineromedicinales de Monteporreiro.
-
Xosé Manuel fixo un verdadeiro labor de investigación que vai servir pra nos achegar á figura de Casimiro Gómez, un daqueles espíritos emprendedores dos que a nosa cidade quedou privada. A persoalidade que nos descobre Xosé Manuel é a dun verdadeiro titán que soupo emigrar, aprender e construir un imperio con renome internacional.
-
Traballo serio o de Pereira; nada que ver coa ópera bufa do "purolérez.com" do BNG. Pero mellor leé-la noticia de La Voz de Galicia desta data.
-
2 comentarios:
Creo lembrar que para a promoción do balneario Casimiro Gómez fixo tamén uns plans do río Lérez no que figuraban os salóns co seu nome.
Non che sei. Nen puiden asistir tampouco á presentación do libro, que parece prometedor.
Seguro que has dar con ese dato.
Saúdos.
Publicar un comentario