lunes, 4 de marzo de 2013

NULIDADE RADICAL [13.02.2004]

Ence-Elnosa, a morte dunha ría. Sigue un traballo do ano 2004, no que se comezaba a dibuxar un certo horizonte de esperanza. Pero as cousas non van ben, sobre todo tendo en conta a actitude de permanente traición da Xunta de Galicia no tema medioambiental, e do propio Concello de Pontevedra, aínda que o disimulen con algunha que outra prédica pseudoecoloxista, o seu xeito de vendere bolas de neve; pero o certo é que si Ence non foi aínda trasladada, o Concello e a Xunta teñen gran parte da culpa. Son uns mentireiros. Todo parece máis propio dunha mafia criminal. I é claro que hai mafia.

Pontevedra, 5.03.2013
Entrada n. 1622 do blog


Nulidade radical, [13.02.2004]
Por Xesús López Fernández

No último dos meus traballos remataba cunhas precisiós sobre Lourizán como dominio público marítimo terrestre, como tal inalienable, inembargable, imprescriptible e indesafectable. Realmente, esa definición estaba apoiada en algo que é sabido polos xuristas e funcionarios. E que tamén acaba de deci-lo Avogado do Estado en Pontevedra ó se pronunciar en contra da innecesariedade do  terreo solicitada por Ence. No informe, que a Subdelegación do Goberno fai seu, díse que a zona en cuestión e dado o carácter demanial da mesma é “insusceptible de desafectación”. Ese informe debe entenderse como definitivo por moito que algús tenten botar man do extintor da legalidade e confíen en que Madrid vai convertir en solar a marisma de Lourizán, cousa que non creo e sí entendo que na Corte poden comezar a ve-las cousas con máis rigor que ata o dagora. Que a factoría pasteira teña proiectos de futuro pró enclave de Lourizán non modifica o cúmulo de ilegalidades que ó longo de anos  levan cometido. Parece como se alguén os aconsellara mal co deseño do paquete de medidas xa sabidas, pra legaliza-lo ilegalizable: supramunicipalización, innecesariedade, papeleira, compactación das balsas de decantación.

O Concello acaba de mover peza e o alcalde Fernández Lores, como é sabido, ordeou a paralización dos traballos que, cun frenesí indescriptible, están a acometer en Lourizán. Naturalmente, o Concello defende a súa autoridade en materia urbanística; que son eles os que deben outorgaren ou non licencia de obras. E na orde de paralización das mesmas e de reposición da legalidade están razoáda-las súas competencias, como tamén se fai alusión no segundo dos feitos nos que se basa a resolución da alcaldía á denuncia apresentada por rexistro o 14.1.2004 pola asociación “Salvemos Pontevedra”, que solicita a incoación dos correspondentes expedientes de anulación das licencias [...] concedidas ás instalaciós fabriles existentes en Lourizán e ó cese da súa actividade, denunciando, así mesmo, a “evidente existencia de las obras e instalaciones sin licencia municipal que se vienen ejecutando en diversas zonas del complejo de Ence-Elnosa”. A denuncia está razoada en vinte folios e, como xa tiñamos noticia dela, témola citado nalgún traballo anterior. Porque se trata dun escrito hermético, rotundo, que insiste varias veces na cuestión da nulidade radical das concesiós.

O escrito en cuestión é de denuncia urbanística que foi entrada por rexistro no Concello e na Delegación de Costas e notificada igualmente ó Ministerio Fiscal. A día 13 de febreiro continuaban as présas, o movemento de terra en Lourizán; a construcción de diversas estructuras. Pero a Administración comeza a actuar, a posicionarse nun asunto que podía estar resolto dende hai anos se alguén tivese exercido a acción pública.. O presidente de “Salvemos Pontevedra”, nunha entrevista de Radio Voz [13.2, ás 9,45 A.M.], explicou de forma didáctica a denuncia presentada polo seu colectivo, a súa confianza na Administración e no comprimento das leis, da Lei de Costas e outras, pero sobre todo na evidencia resultante do RAMINP [Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas], no que se describen diversas actividades que non se han poder ubicar nunca a menos de dous mil metros de núcleos de poboación integrada. E así se definen antre outras a fabricación de pasta de papel, a fabricación de cloro, a fabricación de papel... É decir, que aínda no caso de que o complexo conseguira a declaración de innecesariedade de Lourizán pra convertilo en solar, esas industrias e a proiectada papeleira de Georgia Pacific caerían na chamada nulidade radical.

Según o presidente de “Salvemos Pontevedra” ENCE parece  estar mal acompañada nesta singladura, mal asesorada; como tamén dixo que talvez ó presidente do Uruguai non lle aclararon que esto é un Estado de Dereito e que o disparate de Lourizán non é legal. Poderá selo no seu país, pero non aquí. A denuncia, á que se están a sumaren novos colectivos, non foi aínda dabondo explicada máis alá do dito nalgunha que outra xuntanza ou na aludida entrevista. E tendo en conta que nos próximos días hanse concretar outras acusaciós [sempre amparadas documentalmente], falta por saber qué pasos vai dá-la Delegación de Costas mentres nalgús medios procuran aplica-lo extintor pra que a nova non se expalle. Pero a xente que conoce o texto da demanda comeza a ve-lo futuro con máis esperanza, cunha Xunta máis dialogante, capaz de crear un novo polígono industrial [en lugar ermo, non habitado] pra acoller alí un novo complexo [vertido cero, sen alcatreo], e salvar así os postos de traballo. Nadie ten por qué sofrir. O futuro de Marín e Pontevedra pode ser ben distinto e poderemos ter, nun tempo non lonxán, unha praia urbáa, porque a nulidade radical ten que pasar factura.... En Lourizán están xa a pensar nunha alborada nova, coa campáa da igrexa a repinicar.  


2 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Es admirable tu lucha en defensa del medio ambiente, sobre todo en lo que se refiere a Pontevedra.
Me alegraría enormemente que todas esas reclamaciones para parar ese desaguisado, dieran fruto. Pero mucho me temo que, al final, los intereses creados se impongan a la razón.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, José Luís:
Puede que finalmente acabemos sin ría porque lo que aquí se está haciendo parece más propio de una mafia criminal.
Los vecinos de Placeres se disponen a iniciar acciones de tipo penal y anuncian ya un gran estudio de impacto ambiental.
Los discursos de diversos representantes de la Autoridad Portuaria, de la propia Xunta, parecen propios de una organización criminal que disimula sus verdadera intenciones.
Un abrazo