Nas Corbaceiras, Pontevedra, o peirao de Carrascal. Fotografía do Faro de Vigo, de comezos do século XX. Mariscadoras e mariscadores van depositando no chan banastas ateigadas de croques e ameixas. Pontevedra aínda era porto de mar. Eran os tempos previos á industrialización desa riqueza, case desaparecida por falta de política ambiental. O artículo desta semáa vai sobre lucro cesante, sobre o arraso da riqueza natural da ría. A corrupción política manda de momento, especialmente a trama portuaria que quer convertire todo en deshonesto recheo.
Pontevedra, 10.03.2013
Entrada n. 1626 do blog
Artículo semanal
Sobre lucro cesante,
por Xesús López
Fernández
Pode haber nervios en relación co auto do TSXG
ordeando a execución da sentencia do TS de retira-los recheos portuarios de Marín,
300000 mt2, unha forma de desnaturaliza-lo medio natural e de arruina-lo capital
social con el relacionado. Curiosamente, a alcaldesa de Marín defende os
recheos, os empresarios e portavoces da Autoridade Portuaria din que o
importante e salva-los postos de traballo que se poidan ter xerado a costa desa
actuación vandálica, de arruina-la riqueza da ría. Menos mal que os
Defensores da Praza dos Praceres mantiveron a súa vontade profética ferreña, o
exercicio da acción popular pra acadare, á fin, unhas sentencias esperanzadoras en relación
cos recheos e o ferrocarril que debería levar tempo levantado; en relación
tamén con empresas non relacionadas co mar prás que os iluminatti da Autoridade
Portuaria arranxaron solar contra
natura. Pero, curiosamente, ninguén da trama portuaria tivo presente a gran
perda da economía real da ría, o lucro cesante do que imos procurare algunha
definición i exemplo.
O lucro cesante é unha forma de dano patrimonial que
consiste na perda dunha ganancia lexítima ou dunha utilidade económica, que se
tería obtido se a agresión, neste caso medioambiental, non se tivese producido.
É, polo tanto, o que se ten deixado de gañar e
se tería gañado de non ter acontecido o dano, os danos na ría de
Pontevedra, que podemos contabilizar dend´a desecación das xunqueiras,
urbanismo non pensado, estreitamento da
ría, asentamento de Ence-Elnosa, recheos, contaminación, e outros bestialismos. Se falamos do precio do marisco, do peixe,
dos moluscos, ó mellor poderiámonos achegar a unha aproximación máis didáctica,
porque é sabido que políticos e sindicalistas subvencionados, nas comidas de
traballo, presuntamente pican alto e o marisco non pode faltar. ¿Pero qué
garantía hai hoxe dunha depuración certa das especies que mal resisten e que,
no caso de Pontevedra, poden ser portadoras de dioxinas ou de mercurio, ou
mesmo hai tempo que desapareceron?
É que hai cousas ás que lle perdémo-la perspectiva co
paso do tempo. Pero uns traballos recéns de Juan Juega Puig, publicados no Faro
de Vigo, válennos pra comprendere a que foi a nosa realidade, a fartura do noso
mar. Así, o 31.12.2012 publicaba un traballo titulado “Una delicatessen: ostras
en escabeche”, das que a familia real era, no século XVII, unha das demandantes
deste exquisito prato saído das Rías Baixas. ¡Si aquí había ostras incluso por
riba da ponte de Burgo! Os bancos de Ponte de Santo Paio e Redondela, pola
extracción masiva, foron sometidos a control, non fose que non se puidera
atende-la demanda real. O artículo é longo, e o home tratou outros temas en
traballos posteriores como “Las cuaresmas y vigilias, tiempo de sardinas”, que
vai da abondancia de sardiñas da nosa ría, falta hoxe tanto das setembriñas,
propias pra arencare, como das de inverno, etc. Outro estudio vai das artes de
pesca que precederon á mecanización, ilustrado cunha fotografía de comezos do
século XX, na que se aprecia a descarga de numerosas banastas cheas de croques
ou ameixas no peirao de Carrascal, un dos lucros cesantes desta hora. Ou
poderiamos seguir cos cercos, entalladas ou camboas, artes prá captura de
peixes.
A retirada dos recheos portuarios sentenciados é
posible, case fácil, valéndonos da avenida de Marín hai pouco mellorada por Ana
Pastor en servicio da Autoridade Portuaria. Por ela poderían retiraren os
recheos, mesmo os de Ence, con destino, talvez, á rexeneración de tantísimo
monte desnaturalizado por sobreabuso de canteiras. Maxino caravanas de camiós
de gran tonelaxe. A riqueza apuntada
polo amigo Juega, o lucro cesante desta ría, sería recuperable, pensando tamén
na rexeneración das xunqueiras. Se os mariscos e moluscos acadan un sobreprecio
nos restoráns de elite, as Rías Baixas, coidadas, poderían sere a grandes fornecedoras, ó tempo de marcaren o rumbo cara unha nova economía, coa Natureza
como gran productora.
4 comentarios:
No les hables de lucro cesante o lo porcentualizarán como hicieron las compañías de seguros con los daños personales. Al final, tocarán a nécora por habitante...:)
Hola, Candela:
Aquí estaríamos hablando de una derrota de la Naturaleza y del propio hombre de ella dependiente por los que ejercen y ejecitan el dominio emanado desde la corrupción del poder.
Un cordial saludo
Por conseguir una riqueza problemática, van a terminar por arruinar una riqueza segura y garantizada. Ya comienza la gente a desconfiar del marisco gallego, por la contaminación que pueda llevar. Y es que era una zona que ni hecha a propósito para producir tan rico manjar.
Un abrazo
Hola, José Luís:
Todos los partidos nos han traicionado, víctimas de la corrupción.
El Relativismo satánico está acamado en todos ellos, el poder satanizado que diría Romano Guardini, está acabando con la civilización cristiana y también con la naturaleza.
Confiemos en este nuevo Papa, que parece va a hablar mucho, ya lo está haciendo, de Satanás. Voy a incluir en el blog una entrada curiosa, porque un hermano franciscano estuvo, de rodillas, varios días en la plaza de San Pedro, rogando por un papa para los pobres, un San Francisco. Y Francisco se llama el nuevo papa. Ah, ese hermano franciscano caminó desde Asís.
Un abrazo
Publicar un comentario