Praza da Ferrería [ése é o seu nome e non o de Ferraría como o Bloque pretende], de noite, case un espello pola abondosa chuvia caída momentos antes de tira-la foto. Ó fondo, a entrada a San Román.
Pontevedra, 29.05.2008
Entrada n. 496 do blog
Na realización da obra, especialmente pra colocaren os adoquís, estiveron presentes obreiros portugueses, como nos anos 1940 no adoquinado das rúas Real, Curros Enríquez, etc., obras ben feitas. A nova rúa Real está xa precisada de Plan Renove, esgazadas moitas tapas-trampa e lousas mal asentadas, "timbre de gloria" do tandem Mosquera-Fole na planificación da ruína total da zona vella. Estafa urbanística. De escándalo. De xuzgado de garda. Cómo se ve que non gastan do deles.
¡E aínda lles dan a oportunidade de presumir da obra mal feita, porque Pontevedra acaba de ser premiada --un premio menor, certo-- pola remodelación efectuada na zona vella! ¿Remodelación? ¡Remodelación e ruína á par que destrozo patrimonial de espacios a conservaren, convertidos agora en espacios roxos prá bullanga e os malabares ou prá demasía decibélica! ¿Pero ónde coño está unha asociación veciñal seria e con poder pra inicia-la xudicialización das denuncias tantas veces feitas?
Entrada n. 496 do blog
A NOVA SAN ROMÁN,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Cando comezaron as obras na rúa San Román, a xente agardaba a actuación como unha ameaza, porque as pedras da mesma estaban en aceptable estado. Abondaría con renovar unha media ducia. Pero renova-la infraestructura era necesario e así, os veciños que ousen permaneceren na mesma como residentes poden dispoñer de telefonía de cable, de gas. Confiemos en que tamén han proceder ó soterrado dos outros servicios e que, desta vez, terán quedado debidamente colocáda-los servicios de alcantarillado, separadas fecales e pluviales.
Tiña intención de mostrar algunha outra fotografía, pero algo me pasou que non puiden. Quería mostrar outras fases do que me pareceu unha obra ben feita, ben prantexada. Que non se diga que soamente somos críticos pra sinala-lo mal feito, como por exemplo o arraso da praza da Verdura, prá que terían que pensar igualmente nun plan Renove: na devolución dos bancos e na corrección da inclinación ladeada ideada polo tandem Mosquera-Fole, dous "xenios" do urbanismo, da conversión en Gulag da zona vella, algo que, por desgracia, non remedian as actuaciós puntuales de San Román e Manuel Quiroga, outra obra ben feita, que dubido poidan servire pra fixar poboación.
Tiña intención de mostrar algunha outra fotografía, pero algo me pasou que non puiden. Quería mostrar outras fases do que me pareceu unha obra ben feita, ben prantexada. Que non se diga que soamente somos críticos pra sinala-lo mal feito, como por exemplo o arraso da praza da Verdura, prá que terían que pensar igualmente nun plan Renove: na devolución dos bancos e na corrección da inclinación ladeada ideada polo tandem Mosquera-Fole, dous "xenios" do urbanismo, da conversión en Gulag da zona vella, algo que, por desgracia, non remedian as actuaciós puntuales de San Román e Manuel Quiroga, outra obra ben feita, que dubido poidan servire pra fixar poboación.
Na realización da obra, especialmente pra colocaren os adoquís, estiveron presentes obreiros portugueses, como nos anos 1940 no adoquinado das rúas Real, Curros Enríquez, etc., obras ben feitas. A nova rúa Real está xa precisada de Plan Renove, esgazadas moitas tapas-trampa e lousas mal asentadas, "timbre de gloria" do tandem Mosquera-Fole na planificación da ruína total da zona vella. Estafa urbanística. De escándalo. De xuzgado de garda. Cómo se ve que non gastan do deles.
¡E aínda lles dan a oportunidade de presumir da obra mal feita, porque Pontevedra acaba de ser premiada --un premio menor, certo-- pola remodelación efectuada na zona vella! ¿Remodelación? ¡Remodelación e ruína á par que destrozo patrimonial de espacios a conservaren, convertidos agora en espacios roxos prá bullanga e os malabares ou prá demasía decibélica! ¿Pero ónde coño está unha asociación veciñal seria e con poder pra inicia-la xudicialización das denuncias tantas veces feitas?
Repárese en que, desta volta, colocaron nas arquetas tapas de fundición, que levan á súa vez encastañádo-los adoquís, obra fina confiada ó persoal portugués.
Así quedou a obra, vista na noite e con chuvia, a falta dalgún pequeno remate. En principio, parece obra ben feita e con outra asistencia técnica. Parece. Porque si a asistencia técnica fose a mesma do resto da zona vella, que dalgún xeito permanece solapada no Concello, é evidente que algo deberon aprender. A non ser que o mérito corresponda á empresa constructora, coido que subcontratada e con persoal portugués, que cumpreu escrupulosamente os prazos. Non estaría mal retirar tamén a luminaria, os candiles-supositorios de Fole, e poñer de novo farolas de forxa, máis d´acordo co entorno.
2 comentarios:
Coincido punto por punto con todo o que dis neste artigo. A resposta da asociación terá que ver moito con achegamento de Ernesto Filgueira con Bloque que nunca lle reprochou nada, ainda que teño que recoñecer que durante os 20 anos que estive de presidente fiso cousas moi boas.
Un saúdo
Vexo que coincidimos. A dirección da Asociación de Comercio da Zona Vella actuou, ó longo destos oito anos ó dictado de Mosquera.
Como se E. Filgueira fose a figura do gran irmán creado por Orwell.
El é, en certo sentido, tan culpable como M. do aquí acontecido.
Ou a asociación Cidade Vella, convertida noutra correa de transmisión. Coido que xa non existe, pero fixeron todo o mal que puideron.
Xesús.
Publicar un comentario