As ideas fuxidías, dibuxo informático do autor. Os políticos fan tamén promesas vougas sobre o imposto sucesorio, pero non acaban de decidírense pola súa supresión, que só ben e unha maior calidade de vida poderían aportar á sociedade.
Foto histórica. Lourizán dende Estribela, herencia arrebatada á parroquia, fonte de vida de moitísimas xeneraciós.
Pontevedra, 1.05.2008
Entrada n. 477 do blog
Xa sei que tiña que me ocupar doutras cousas, pero o tempo non dá máis de sí e teño que deixar temas [política; a crisis, que estaba aí e a mantiñan agachada; o escándalo de Amstetten, en Austria, do pederasta Fritzl; o escándalo do xirasol e un ministro de Sanidade incapaz de conta-las cousas ó dereito; o tema da EpC; a acción pirata contra un barco español], pero sigo ocupado en recuperar traballos, como este que hoxe insiro no blog, "Tempo postelectoral", do 20.10.2001. E resulta que na pasada campaña volveuse falar do imposto sucesorio, os saramitainos dos políticos a contaren mentiras, como no 2001.
Entrada n. 477 do blog
Xa sei que tiña que me ocupar doutras cousas, pero o tempo non dá máis de sí e teño que deixar temas [política; a crisis, que estaba aí e a mantiñan agachada; o escándalo de Amstetten, en Austria, do pederasta Fritzl; o escándalo do xirasol e un ministro de Sanidade incapaz de conta-las cousas ó dereito; o tema da EpC; a acción pirata contra un barco español], pero sigo ocupado en recuperar traballos, como este que hoxe insiro no blog, "Tempo postelectoral", do 20.10.2001. E resulta que na pasada campaña volveuse falar do imposto sucesorio, os saramitainos dos políticos a contaren mentiras, como no 2001.
TEMPO POSTELECTORAL [20.10.2001],
por Xesús López Fernández
Acabouse a campaña electoral, da que procurei pasar. Fixen dúas perguntas, sí, a un dos candidatos, que interveu nun programa de radio. Referíase unha delas a unha cuestión que coido nos afecta a todos; que a sociedade agarda por alguén que use o poder, antre outras cousas, pra acabare con algo que moitos entendemos como unha satanización do mesmo, inmoral de raiz: o imposto sucesorio, que tanto afecta á unidade familiar. A outra cuestión referíase á cousa medioambiental, á lacra de Celulosas –Satán tamén cheira--, con alusión ó convenio asinado con Antolín Sánchez Presedo, á par que manifestaba a miña disconformidade co agora dito por Cuíña. Se queremos salva-la ría hai que recuperar Lourizán, recupera-lo mar. I eso non se fai con simples lembranzas históricas, alusiós a Colón, o mariñeiro de Portosanto, ó bo que sería botar unha nao, réplica da Santa María, que se atoparía extraña nun mar que xa non é mar. ¿Cidade residencial e de servicios?. Sen Celulosas e con máis mar.
O pasado 15.10, en “Se os cervos volvesen...”, ocupeime xa do tema sucesorio, da necesidade de potencia-la formación de patrimonios de certa entidade, porque a súa defensa podería conleva-la permanencia das xentes no rural: patrimonio agroforestal, gandeiro, urbán. Curiosamente, ese mesmo día a prensa recollía o discurso de Fraga en relación coa exención do imposto sucesorio no caso das explotaciós agrarias, sobre a base da promesa dos herdeiros de seguiren coa empresa familiar un tempo mínimo de cinco anos. Celebro a sintonía do meu traballo coa promesa electoral do candidato popular, que no curso da campaña concretaría aínda máis: exención fiscal na cousa agraria, gandeira e forestal; exención fiscal da sucesión de pequenas empresas, comercios ou negocios de profesión individual ou nas participaciós nestas empresas. É decir, algo podería comezar a moverse.
Cando as últimas elecciós ó Parlamento, o señor Aznar prometera a supresión do IAE –un imposto municipal--, por “injusto y regresivo”. O imposto aí sigue. Daquela comentei que o imposto sucesorio era, ademáis de inxusto, inmoral de raiz, porque unha propiedade que se adquire, un piso, unha finca, convírtense inmediatamente en auténticas “máquinas tragaperras”, en mecanismos de recaudación fiscal: contribuciós urbás e rústicas, tasas de carácter municipal, servicios diversos, máis IVA. Pero, ¿qué acontece cando se produce a transmisión sucesoria?...Pois que os herdeiros teñen, nalgús casos, que pagaren de novo a propiedade que reciben. Están collidos na trampa –trampa de Satán-- porque realmente e como están as cousas, as propiedades son un algo puramente virtual, especie de panterlo do que os herdeiros non van sair. Pode que incluso teñan que pagar como imposto un maior valor do que costou a propiedade pola incapacidade gubernamental de mante-lo valor da moeda.
Agora comeza outra lexislatura, un tempo longo no que a sociedade deberá mostrarse reivindicativa, sempre crítica. Precisamos un goberno nacionalista, porque Galicia é unha nacionalidade histórica. Os partidos non poden sustraérense a esa realidade, alén da Constitución. Na campaña dixéronse moitas cousas. Persoalmente, non asistín a nengún acto, nen me preocupei de abri-la propaganda que ó meu domicilio foi chegando, en prevención de que puidese portar esporas de antrax, de carbunco ou “nacida”, como en Galicia tamén se lle dí. Como sexa, que o goberno que se constitúa non traicione a nosa realidade e manteña un diálogo fluído coa sociedade. Ésta deberá forza-la materialización de certas promesas metidas no cesto da propaganda electoral. Agardo que poidamos neutraliza-la influencia de Satán e consegui-la abolición do imposto sucesorio. Tamén que o que é nulo “ab initio” por non compriren as condiciós da concesión –Celulosas, 1958--, desapareza; que a Xusticia xuzgue dunha vez, paso previo prá recuperación do mar de Colón. Agardo tamén que nengún partido traicione a nosa realidade nacional, lingüística, cultural, ambiental.
1 comentario:
Hai varias semanas que sigo o teu blogue máis nunca me decidin a escreber nel, comparto contigo varias afirmacións que fas neste artigo do "Tempo Post-electoral", a necesidade de recuperar Lourizán e polo tanto retira-la celulosa da súa actual ubicación, o feito de que o imposto sucesorio é un abuso total e absoluto e tamén o feito de que Galiza ou Galicia -segundo quén fale- sexa unha nacionalidade histórica e polo tanto precise dun governo que a defenda como tal, un governo forte e decisivo que defenda a nosa realidade nacional, etnográfica, histórica e lingüistica, sempre dentro do actual marco constitucional (que por suposto có tempo deberia ser revisado e tal vez modificado)
Un saúdo e parabéns polo seu blogue Xesús
breogain (outro blogueiro de Pontevedra)
Publicar un comentario