jueves, 29 de mayo de 2008

O MERCURIO, UN VENENO [29.05.2008]

Ence i Elnosa, aí siguen, ata o 2018, salvo que prosperen as denuncias apresentadas ante a Xusticia, porque hoxe, presuntamente, ambas factorías carecen de concesión. A ría, envenenada, tamén por mercurio.

Pontevedra, 29.05.2008Entrada n. 497 do blog.
O MERCURIO, UN VENENO [29.05.2008],
por Xesús López Fernández

Os interesados poden atopar información sobre o mercurio e os seus efectos neste mesmo blog. Aconsello, non obstante, que recurran á información seria do Worldwatch Instituto, á súa publicación "A Situación do Mundo 2007", editada en España por Icaria.


En You Tube han encontrar vídeos diversos, información viva. Pero, ¿a qué ven traer esa información a un blog pontevedrés?. O porqué está xa explicado no blog, en entradas recentes, con sendos vídeos sobre Minamata. Ademáis d´esas referencias poden atopar, precisamente neste blog informativo, referencias diversas a Elnosa, a fábrica de cloro instalada en Lourizán, presuntamente fora da Lei anque os políticos non queiran asumi-los seus deberes e se convirtan en cómplices da súa permanente ameaza. En "iberica2000.org" existen diversos traballos relacionados co envenenamento da ría de Pontevedra, mesmo coa morte da cidade, degradada ó tempo que o ecosistema que lle daba soporte.


Aínda hai pouco lembraba a cuestión dos vertidos constatados polo estudio Escorp [Estudio da contaminación da ría de Pontevedra], o que nos debería axudar ós pontevedreses a desconfiar dos productos da ría, que xa non é garantía de nada. E tamén coidarse doutros contaminantes, como o endrín ou as dioxinas, antre elas a TCDD, que pode estar no noso medio acuático, formada no proceso de branquexado da pasta de papel por medio do cloro. Hai un video en You Tube sobre o desastre de Seveso, precisamente por causa desa TCDD maldita, que aquí tamén pode estar agachada nas nosas augas, coa posibilidade d´afectare mesmo ós que nos fiemos das bandeiras azules das praias ou das clasificaciós que ven facendo a consellería de Carmen Gallego das distintas zonas de marisqueo. Non podemos esquece-las lecciós do pasado. Nunca. Nen podemos consentir que os políticos xoguen coa nosa saúde. "If we refuse to look back History...", dise no vídeo; pero os nosos políticos non queren sabe-lo que pasou i están condenados a repeti-la historia das agresiós ó noso medio, á nosa saúde....., a se convertir en presuntos delincuentes. Ou estatuas de sal ante a catástrofe...

video

5 comentarios:

Sísar dijo...

Hola Xesús, entrei na páxina que me sinalaches o outro dia no meu blogue e por outros blogues xa sabía moitas das cousas que demandan.

O que me indigna ultimamente e ver como tanto a APDLR como Salvemos Pontevedra permanecen nun segundo plano con que está a acontecer coa Variante de Marín. No o entendo de ningunha das maneiras. Cómo se pode pedir que saquen de ahí a Celulosas tántos anos e non aproveitar toda esa forza contra a hipoteca da recuperación de todo ese espacio.

Que non se lles ocurra pedirme ningunha firma máis.

xesús lópez fernández dijo...

Salvemos Pontevedra está claramente posicionada contra o nudo de Mollabao e outras actuaciós urbanísticas. Recurriremos xudicialmente o que teñamos que recurrir, a pesar da nosa precariedade económica, porque non somos correa de transmisión de nadie, como acontece coa APDR, que actúan como esquiroles de Lores.
Pero das nosas actuaciós case non informa a prensa. Estamos limitados á línea estrictamente xudicial.
Un cordial saúdo.

Sísar dijo...

Sí Xesús, a Salvemos nunca os coñecín e o meu berrinche ten que ver coa APDLR a que tantas veces lle din a miña firma.

APDLR tamén deu o seu apoio contra o Nudo de Mollabao pero o que a xente demanda e a súa posición a carón dos que lideran esta demanda contra a hipoteca (outra vez) da fachda de Lourizán.

xesús lópez fernández dijo...

Hola, César.
Da cruzada xudicial de Salvemos Pontevedra pouco se sabe, por prudencia da asociación e por inhibición de certos medios, como o Faro de Vigo, que ignora a nosa existencia.
Iranse contando cousas nos respectivos blogs.
Pero o obxetivo final da loita ecoloxista tería de se-la recuperación da fachada litoral na zona das marismas de Lourizán, a praia de Pontevedra; incluso en Mollabao, tamén en Estribela, onde se fixeron recheos pra xerar solares pra industrias que poderían instalare noutras partes, porque non están necesariamente relacionadas co mar.
As aais outorgadas a Ence-Elnosa son, simplemente, un disparate; que non queiran os tribunales levanta-la lbre de Holcym, que nunca tivo concesión nen licencia, outra vergonza.
Da depuradora ilegal d´Os Praceres (art. 44.6 Lei de Costas), chegou deci-lo conselleiro de Medio Ambiente que está a máis de vinte metros da ribeira do mar, cando é mentira; está no dominio público marítimo terrestre e denunciada por vía xudicial ante o TSXG por Salvemos Pontevedra.
E a proiectada construcción do nudo de Mollabao sería unha estratexia máis dos políticos que están ó servicio dos clústers que queren converti-las marismas en solar e potencia-lo tránsito pola actual avenida, que deberemos retirar se somos capaces de facer que ésto funcione como Estado de dereito. Nós xa alegamos e, no seu momento, presentarémo-lo contencioso.
A mensaxe ecoloxista non se pode quedar en ¡Ence-Elnosa fóra!. Ten que ir máis alá, porque hai que salva-la ría e non consentir que, pola vía do prolapso rectaldo emisario da edar, acabe convertida en auténtica sentina, eso sí, adobiada con festas d´auga.
Que vaian os partidos pensando en lle atopar outro sitio á edar --como propón Telmo Martín no seu blog, que convén pasarllo a Alberto Núñez Feijóo--, ou a varias depuradoras se preciso fose.
Un saúdo, xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

A traición á ría prosigue, como quedou evidente coa vandálica infraestructura apoiada por Ana Pastor: a rotonda da punta de Mollavao, precisamente pra potencia-lo tránsito cara os terreos sentenciados da Autoridade Portuaria que preside o seu home.
Unha vergonza da presunta total corrupción que manda.