domingo, 4 de mayo de 2008

PANOROMA ECONÓMICO [5.05.2008]

O hotel El Algarrobico debería estar derrubado, con sentencia firme de demolición. Un xués ordeou a paralización das obras. Manuel Chaves falou de derrubamento. Pero aínda que o fallo xudicial é do 2006, a día d´hoxe coido que nada pasou. É unha das cousas que acontecen cando a corrupción rampa e se instala no poder. A corrupción infiltrada nos clústers urbanísticos trae como consecuencia cousas como esta agresión a un parque natural, o do Cabo de Gata. Do mesmo xeito que Ence, xa sen licencia, sigue a lastra-la vida da ría de Pontevedra co aplauso dos políticos.

O arroz, racionado nos EEUU. En Asia temen que a súa escaseza poida acabar co progreso económico, sendo como é un alimento básico.

Pontevedra, 5.05.2008

Entrada n. 479 do blog
Traballo semanal que se queda corto, porque o panorama económico, a nivel global, ten perfiles dramáticos. Cando a hambruna é algo xeneralizado en moitos países; cando as economías dos máis probes se ven aínda máis limitadas pola maior carestía dos cereales que os poderosos queren convertir en biodiesel, pódese decir que a Humanidade toda está enferma. Esta pasada semáa foron noticias a cuestión do aceite de xirasol e a frivolidade con que o ministro de Sanidade, que carece de talla, dou a noticia. Tamén o arroz, o cereal dos máis probes, que está sendo racionado nos Estados Unidos. En España está prevista un alza no precio do 30%. A crisis, en fin, ten moitas caras e non se analiza a xeito nun traballo dedicado, básicamente, ó tema do PIB e mái-la economía basada no ladrillo, que algús chaman, nas súas colaboraciós, tixolo.
Entendo que, aínda que tal palabra existe en galego, corresponde o seu significado a "asador de castañas", unha tarteira furada que se usa con ese mester, familiar evidente de tixola, sartén. Pero o traballo non vai de idioma.

Panorama económico [5.05.2008],
por Xesús López Fernández

Existía unha certa impresión de que non se nos estaba a contar todo en relación cos problemas económicos que nos veñen enriba, que levan con nós certo tempo, que o común dos cidadáns viña avisando. Certo que mentres durou a burbulla inmobiliaria e a algús grupos lles foi doado atoparse co placet recalificador que lles permiteu inzar de rañaceos non poucos lugares da xeografía española, cambia-la vocación de terreos agrarios pola de urbanizaciós dubidosamente insustentables; que mentres durou esa enchente contrabalanceada polas hipotecas contraídas por tantísima xente homilde e con traballo precario, parecía que todo ía ben; pero moitos están agora no paro e negociando a entrega do piso porque, acabado o espellismo, teñen que regresar ás súas raíces, ó país de orixe. Moitos empregados na construcción son agora víctimas; xa non é desaceleración soave, a saramina dalgús por seguiren apantallando, anubiando a cruda realidade. Varios indicadores mostran claramente o cambio de ciclo; que xa non estamos na Champions League.
A superficie a construir en obra nova cae a un ritmo anual do 27,70%, donde o sector das vivendas (-24,30%) é o que máis está a lastra-la actividade, que ven representa-lo 9,40% do PIB, o producto interior bruto que o señor Solbes estimaba na campaña en máis dun 3%. Agora fala de índices máis baixos, parece que convencido polo Banco de España. Pero se o crecemento estimado desta volta polo ministro é do 2,40%, os estudios do BBVA apuntan un índice por baixo do 2%, mentres a revista The Economist fai unha estimación máis á baixa pró noso país, en torno ó 1%. É decir, que se temos en conta os quebrantos en capital natural, en capital social, en ecosistemas, posiblemente habería que pensar nun serio retroceso. O señor Solbes, tentando serear ó persoal, falou tamén das hipotecas, que polo visto no noso país teñen outras “garantías”, pero que aínda así pontificado, no pasado mes de Outono levaban caíndo por sexto mes consecutivo, outro indicador de que se acabou a bonanza do ladrillo, coa confirmación según Fomento dunha caída do 33,50% en precios correntes, con inflación.
Nada. Que os desaxustes do mercado financieiro mundial coincidiron co estoupido da burbulla inmobiliaria en España, tanto tempo negada, como se co ladrillo se puidera edificar unha economía de bonanza. Os expertos telumbran unha caída do consumo e que incluso a riqueza poida recibi-lo culatazo dun efecto negativo a consecuencia da depreciación dos activos inmobiliarios e a detracción crediticia. Ó incremento do paro hai que engadi-lo forte endebedamento dos fogares e o elevado déficit por conta corrente que, di The Economist, acadou un 9,10% do PIB no 2007, como que ante este “corsé” da economía nacional, os efectos da crisis internacional van ser especialmente dolorosos. O semanario tamén avisa de que os riscos poden ser maiores que nos países veciños, porque co escaso peso económico de España no seo da Unión Europea, o BCE pode non adoutar nengunha acción específica dirixida á estimulación do crecemento español. Por se non fora pouco, ante o aumento do gasto social anunciado polo Goberno español contra a crisis que nos solaga, é probable que o superavit español se evapore con celeridade.
Simplemente antre os ecuatoriáns se contabilizaban, na construcción, máis de 16000 parados na fin do 2007. Unha das soluciós estudiadas polo Goberno podería servir como paliativo. Consistiría en estimula-lo retorno desas xentes ó seu país, por medio do pago total, nunha entrega, do subsidio de paro; ou ben outorgárenlles microcréditos pra que monten no seu país pequenas empresas. Só no mes de febreiro deste ano creceu un 53,80% máis o paro dos inmigrantes que en febreiro do 2007, a causa da desaceleración en sectores como a construcción e a agricultura. No drama global hai novos actores, como o arroz, coa fame da Terra como factor común.

No hay comentarios: