O éxito corrompe ós homes; os homes humillan á Terra e ós mares. O dibuxo podería ser unha recreación virtual dos fondos da ría de Pontevedra, antes de que o Poder satanizado acabase con ela. E siguen con saraminas e trampas. Dibuxo de Xesús López.
Avenida de Marín, a que Mosquera quere densificar aínda máis co nudo de Mollabao, con Ence-Elnosa como telón de fondo.
Pontevedra, 6.05.2008
Entrada n. 480 do blog.
O traballo hoxe pendurado parece que fora redactado pra este momento, cando a Xunta accede a que Ence-Elnosa permanezan por tres anos máis, din. Tururú. Seguimos a humilla-la terra e a degrada-los mares. A Xunta, culpable. O Concello, tamén culpable. O Ministerio de Medio Ambiente, inédito. Que agora fale Lores de traición e de que van recurrir, tampouco vende. E a Telmo Martín mellor lle sería calar, porque foi el, na campaña das municipales do pasado ano, o que máis falou de recuperar Lourizán. Pero agora se lle ocurre decir que a Xunta portouse como goberno serio.... Vamos, vamos, que eso non cola; e afirmalo non dá votos. Pero coido que o que queira afondar neste tema non debe pasar por alto o escrito de acción pública de Salvemos Pontevedra, do 14.01.2004. Pódeo atopar no blog da asociación, "meinteresalavida". Ese escrito tamén foi presentado ante o Concello, coa intención de que constase na acta dalgún pleno. Lores contestou daquela cunha carta d´amor, manifestando que esa era a súa filosofía, pero que habería que lle dare outra redacción á carta coa que se entregou, por rexistro, a ponencia. A carta cambiouse, entregouse de novo, pero do Concello xa non contestaron; mellor dito, remitiron un acuse de recibo despois de celebrado o pleno de Xuño 2004. Ó escrito, naturalmente, puxéronlle unha data anterior. Que Lores diga agora que vai recurrir non parece senón unha das súas trolas, das súas trampas, unha especie de "menage a trois" que se trae coa APDR e con ADEGA. Pero vaiamos ó artículo.
TRAMPAS EN DEMOCRACIA [20.01.2001]Entrada n. 480 do blog.

por Xesús López Fernández
Cando compoño este traballo aínda non rematou unha semáa preñada de malas novas. Os cidadáns sentímonos incómodos porque vemos que, ás veces, parece existir unha impotencia política certa pra resolve-los problemas que aparecen. ¿Impotencia ou desleixamento, perguntamos?. Como se os votos non serviran pra nada vemos que, despois de vintecinco anos, a nosa democracia non está, non é. George Steiner, o gran lingüista, acaba de decir en Madrid que a democracia está chea de trampas; tamén que o éxito corrompe. Quédome coa idea da democracia que non é tal, como tamén con algunha das afirmaciós feitas polo Papa ante 8.000 persoas, na súa audiencia do mércores 17. Falou sobre a traición do home á natureza, que se está a comportar máis que como ministro do Señor como déspota autónomo que ten humillada á terra, e “arrasadas sen dubidar chairas e vales boscosos, contamináda-las augas, deformado o habitat e convertido o aire en algo irrespirable”.
De eso sabemos aquí, onde xentes que din defende-la fe cristiá ou os dereitos humáns, aparecen como presuntos cómplices dos arrasadores, se non están eles mesmos a compromete-la saúde ambiental e van en contra da natureza de xeito permanente. Estos desastres ecolóxicos próximos –ría e mar degradados, atmósfera irrespirable polos políticos consentiren a contaminación industrial; por provoca-lo estrago de praias como Silgar, motor económico de Sanxenxo; pola construcción dun ferrocarril innecesario, etc..--, esos disparates de deseño teñen culpables conocidos, naturalmente, tanto no referente a Tafisa, ENCE i Elnosa, como nos recheos delirantes de Marín e Sanxenxo, outros na serie de despropósitos denunciados. Pero, tranquilos, aquí non se fan contas, non vai pasar nada, a ría vai acabar sendo un canal sen utilidade porque os responsables non lexislan, porque os políticos nos están a facer trampa máis alá da fanfarria electoral e programática. Estase a acabar con todo.
A decisión do xuez do n. 2 de Instrucción de arquivar parte do sumario do caso ENCE é algo que non satisfai a un sector importante da sociedade, discrepante. Que o propio fiscal xefe teña persentado recurso pode casar coa estimación que facémo-los cidadáns que sabemos do día a día da contaminación do noso medio e das nosas vidas. Sabemos de situaciós límite, de persoas que –sobre todo nos primeiros tempos da empresa— estiveron a punto de morrer afogadas por crisis asmatiformes inducidas polas emisiós da factoría. Algunha xente chegaba mesmamente a golsar de forma real. O xuez reconoce que ENCE emite sustancias tóxicas. Mai-lo tema do mercurio, das dioxinas, dos bifenilos, ¿non teñen importancia?. Sí, pero hai un vacío legal que impide actuar en certa dirección....Son as trampas da democracia, que o lexislativo –ou a Xunta— non poñen en marcha certas leis presuntamente porque habería que cerra-lo complexo. O éxito corrompe, tamén en política, como Lourizán está corrompido. E sóo así se explica que esta democracia siga a ser menor de edade, como se estivera freada polos grupos de presión. Fan falta listas abertas, está claro.
O tema ENCE é unha historia interminable. Non ter comprido co condicionado establecido no momento da concesión, ano 1958, conlevaba a caducidade ab initio da mesma. Abonda con eso pró cerre da factoría. Os responsables da cousa pública están asumindo as actuaciós do complexo, a humilla-la terra e o mar, como diría o Papa. As súas soluciós non van máis alá do papel, como aconteceu co Boletín Epidemiolóxico de Galicia, que no 1987 reflexaba a existencia de máis de 25.000 casos de enfermedades respiratorias agudas na área de saúde de Pontevedra. Agora xa non hai, “porque non se recollen no boletín”, algo así como a desaparición da morte pola simple prohibición das esquelas. Aquí nunca se compriron as promesas. E se ENCE ten beneficios é polo dumping ecolóxico e malestar que estamos a soportar: a perda dun valor ambiental maior porque hai trampas en democracia. E tramposos.
1 comentario:
Hola Xesús, tan só unha cousa. Ten por seguro que Telmo dirá a ubicación da fábrica e esa frase que mencionas sacouse fóra de contexto. Dí que un goberno serio non pode saltarse a Lei, pero esa concesión ambiental é parte da negociación.
Eu tan só podo dicirte unha cousa, a xente só se fixa en que ENCE-Elnosa ocupa 300.000 metros cuadrados pero non saben que os novos inversores (os Albertos con Koplowitch) queren duplicar a producción e para iso necesitan renovar maquinaria para o cal a nova fábrica só necesita 150.000 metros cuadrados. Por ahí van os tiros. Eu creo en Telmo neste asunto e convídote a falar da ubicación cando o anuncie.
Un saúdo.
Publicar un comentario