Vista lateral da Peregrina coa nova luminaria noitarega. Os reflectores encastrados no chan son pouco prácticos á hora de enaltece-la silueta do templo. A ese tipo de luz, fundamentalmente, e ós carolinos de Fole é ó que se refire o traballo que sigue, do ano 2003. Non se precisan outros comentarios.
Pontevedra, 4.09.2008
Entrada n. 589 do blog
No anuncio dunha casa de turismo rural fan oferta de varios tipos de “contaminación”: A acústica, que promete sonidos e músicas diversas, voces da natureza como poden se-lo canto dalgús paxaros: reiseñor, xílgaro [pintasilgo], bufo, o bulir da auga a correr nun regato ou as follas que move o vento; a atmosférica, osíxeno que arrecende a romeu [romeuciño] ou a tomillo [tomiño, tomelo, tomentelo] como estos pasados días no campo ó que me achego cada ano pra prepara-las herbas de San Xohán. E por último a contaminación lumínica, protagonizada na casa do anuncio por milleiros e milleiros de estrelas. Ben. Entendo queda descrito o que é natureza en estado puro, da que o home quer seguir disfrutando. Outra cousa é a contaminación real que non ten cancelas políticas, a degradación multiforme que se refire tanto ó medio natural como ó urbán, mesmo ó noso patrimonio idiomático, privado novamente de numerosos rexistros i estructuras vivas na fala popular, outravolta desgarrada [novamente o Diktatt parafascista]. Pero, en fin, imos ocuparnos hoxe do tema da contaminación lumínica, unha preocupación cada vez máis sentida nas grandes urbes, por exemplo en Barcelona.
Se cito o caso de Barcelona é porque, hai uns días i en relación coas lámparas de novo deseño que colocaron na zona vella, sonou o rumor de que “as estaban eliminando en Barcelona”. Á marxe da crítica que as mesmas teñan recibido, hai algús aspectos das mesmas que non foron, talvez, debidamente comentados, como por exemplo o do seu enorme protagonismo que deixa empequenecidas non poucas fachadas, agora meros soportes da nova luminaria que pode facilita-lo acceso dos “spidermen” ás casas. E coido que incluso pode existir un certo achanamento de morada, de rotura da intimidade individual, porque o farol supositorio-xeringa-cisterna, está en moitos casos adosado ás ventáas dos primeiros pisos que únicamente no caso do lector nocturno pode representar unha certa avantaxe e aforro. Nada, que as farolas foron impostas de xeito completamente dictatorial e que non parece que vaian coa normativa Urban, que prevé farolas de forxa, nunca de aluminio ou de color semellante. E que representan un exceso de potencia lumínica.
O privilexio de ve-las estrelas está cada vez limitado a menos xente porque as luces das urbes sobardan en intensidade á dos astros. Esa situación, sen embargo, non é inevitable, como saben os habitantes de Tenerife e A Palma, xa que nesas illas están as instalacións astronómicas do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), antre elas os observatorios do Teide e mai-lo do Roque de los Muchachos i é imprescindible unha visión óptima do ceo. Pra conseguilo, o Parlamento aprobou unánimemente no 1988 a Lei de Protección da Calidade Astronómica dos Observatorios do IAC, normativa pola que se regulan, ademais da iluminación de exteriores, a potencia radioeléctrica, a contaminación industrial e o tráfego aéreo sobre os observatorios. E así, os canarios dispoñen dende 1992 dunha Oficina prá Protección da Calidade do Ceo. [Información de www.iac.es...]. A contaminación lumínica repercute non só na observación do firmamento; implica un sobregasto de enerxía, menor confort visual.... Insisten en que as leis que regulan este tipo de contaminación comportan un aforro real e máis eficacia no obxetivo da iluminación; que benefician á economía, seguridade, e medio ambiente.
O meu informante de que a luminaria recentemente estreada en Pontevedra podería ter chegado rebotada de Barcelona non leva razón. O que sí é certo é que os cataláns, como os navarros e outras xentes, están preocupados neste momento en recupera-las estrelas. E co modelo canario á vista, os barceloneses puxéronse a traballar unha normativa na que se establece unha serie de definiciós e consellos, porque o exceso lumínico nos está a afectar económica i ecolóxicamente [agresión ó fráxil ecosistema nocturno e ás súas cadeas tróficas, agresión ás aves migratorias, á vida mariña, insectos e fauna nocturna e crepuscular, etc. etc.] Os catalánsinclúen na súa páxina web o deseño de varias farolas e non son correctas as que alumean cara ó ceo ou lateralmente. A luz debe ir sempre cara ó chan ou unha parede, sen emigrar nen rebotar nunca pró ceo. Hai que evita-lo criterio, din, de que “canta máis luz mellor”, xa que eso non implica nen máis seguridade nen máis visibilidade. Aquí, de momento, non se pensou no dano que se está a causar. É unha de tantas cousas nas que non se entende a inhibición de Patrimonio, parece que permanente nos últimos catro anos de guetificación do centro histórico, a deixaren facer ós que se mostran como nemigos das árbores e dos bancos, nemigos agora tamén das estrelas ou das fachadas cando non-as poden mostrar como pancarta electoral. [Praza Méndez Núñez].
Entrada n. 589 do blog
A contaminación lumínica [12.07.2003],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
No anuncio dunha casa de turismo rural fan oferta de varios tipos de “contaminación”: A acústica, que promete sonidos e músicas diversas, voces da natureza como poden se-lo canto dalgús paxaros: reiseñor, xílgaro [pintasilgo], bufo, o bulir da auga a correr nun regato ou as follas que move o vento; a atmosférica, osíxeno que arrecende a romeu [romeuciño] ou a tomillo [tomiño, tomelo, tomentelo] como estos pasados días no campo ó que me achego cada ano pra prepara-las herbas de San Xohán. E por último a contaminación lumínica, protagonizada na casa do anuncio por milleiros e milleiros de estrelas. Ben. Entendo queda descrito o que é natureza en estado puro, da que o home quer seguir disfrutando. Outra cousa é a contaminación real que non ten cancelas políticas, a degradación multiforme que se refire tanto ó medio natural como ó urbán, mesmo ó noso patrimonio idiomático, privado novamente de numerosos rexistros i estructuras vivas na fala popular, outravolta desgarrada [novamente o Diktatt parafascista]. Pero, en fin, imos ocuparnos hoxe do tema da contaminación lumínica, unha preocupación cada vez máis sentida nas grandes urbes, por exemplo en Barcelona.
Se cito o caso de Barcelona é porque, hai uns días i en relación coas lámparas de novo deseño que colocaron na zona vella, sonou o rumor de que “as estaban eliminando en Barcelona”. Á marxe da crítica que as mesmas teñan recibido, hai algús aspectos das mesmas que non foron, talvez, debidamente comentados, como por exemplo o do seu enorme protagonismo que deixa empequenecidas non poucas fachadas, agora meros soportes da nova luminaria que pode facilita-lo acceso dos “spidermen” ás casas. E coido que incluso pode existir un certo achanamento de morada, de rotura da intimidade individual, porque o farol supositorio-xeringa-cisterna, está en moitos casos adosado ás ventáas dos primeiros pisos que únicamente no caso do lector nocturno pode representar unha certa avantaxe e aforro. Nada, que as farolas foron impostas de xeito completamente dictatorial e que non parece que vaian coa normativa Urban, que prevé farolas de forxa, nunca de aluminio ou de color semellante. E que representan un exceso de potencia lumínica.
O privilexio de ve-las estrelas está cada vez limitado a menos xente porque as luces das urbes sobardan en intensidade á dos astros. Esa situación, sen embargo, non é inevitable, como saben os habitantes de Tenerife e A Palma, xa que nesas illas están as instalacións astronómicas do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), antre elas os observatorios do Teide e mai-lo do Roque de los Muchachos i é imprescindible unha visión óptima do ceo. Pra conseguilo, o Parlamento aprobou unánimemente no 1988 a Lei de Protección da Calidade Astronómica dos Observatorios do IAC, normativa pola que se regulan, ademais da iluminación de exteriores, a potencia radioeléctrica, a contaminación industrial e o tráfego aéreo sobre os observatorios. E así, os canarios dispoñen dende 1992 dunha Oficina prá Protección da Calidade do Ceo. [Información de www.iac.es...]. A contaminación lumínica repercute non só na observación do firmamento; implica un sobregasto de enerxía, menor confort visual.... Insisten en que as leis que regulan este tipo de contaminación comportan un aforro real e máis eficacia no obxetivo da iluminación; que benefician á economía, seguridade, e medio ambiente.
O meu informante de que a luminaria recentemente estreada en Pontevedra podería ter chegado rebotada de Barcelona non leva razón. O que sí é certo é que os cataláns, como os navarros e outras xentes, están preocupados neste momento en recupera-las estrelas. E co modelo canario á vista, os barceloneses puxéronse a traballar unha normativa na que se establece unha serie de definiciós e consellos, porque o exceso lumínico nos está a afectar económica i ecolóxicamente [agresión ó fráxil ecosistema nocturno e ás súas cadeas tróficas, agresión ás aves migratorias, á vida mariña, insectos e fauna nocturna e crepuscular, etc. etc.] Os cataláns
No hay comentarios:
Publicar un comentario