domingo, 21 de septiembre de 2008

MADRID COMO DESLOCALIZADOR [22.09.2008]

Perséntase, ademáis, pola súa brillante xestión, como alternativa ó Goberno sectario de Zapatero.
Ático de Pepiño Blanco, en VillaPSOE, na Illa d´Arousa, valorado en €.360000.
En España están abandonados 2800 pobos, a maioría en Galicia e Asturias. A supresión do imposto sucesorio podería favorece-lo retorno da riqueza a algús desos lugares. Son 1200 os que quedaron deshabitados en Galicia.

Pontevedra, 22.09.2008
-
Entrada n. 599 do blog
-
Sigue o artículo correspondente a esta semáa, enviado a diversos medios.
-
Madrid como deslocalizador [22.09.2008],
por Xesús López Fernández
-
Acaba de se celebra-lo congreso do PP en Madrid. Esperanza Aguirre foi elexida de novo presidenta do mesmo. Según as crónicas, a muller arrasou e o partido, a nivel nacional, pode ter nela unha firme esperanza de triunfo, dona dun discurso claro, directo, didáctico. Enténdese moi ben o que dí, tamén algús dos seus movementos na configuración do equipo do que agora forma xa parte Manuel Pizarro, que pode ser un dos verdadeiros activos do PP madrileño, reclamado con fervor polos asistentes ó congreso. Tamén, por ser un exemplo de política integradora, o feito de que incluíra no seu equipo a tres inmigrantes: Washington Tobar Padilla, do Ecuador, no Comité Executivo, ademáis de contar tamén coa rumáa Anka Moldovan e o cubano Toni Guedes. Do ecuatorián dirémo-lo que recollen as crónicas: que emigrou a Madrid no 2001 pra se reunir coa dona e un fillo chegados un ano antes. Xa aquí, traballou na construcción e noutras actividades. Actualmente é presidente da Asociación de Pobos do Ecuador en Madrid. No seu país, fora auditor; tamén xogador de fútbol profesional.
-
No congreso valorouse o triunfo de Aguirre contra a crisis, acertada nas súas medidas de tipo fiscal: a supresión do Imposto de Patrimonio, pero tamén, sobre todo, a reducción nun 99% da cuota a pagar no de Sucesiós, dende o 1 de Xaneiro do 2007. A presidenta do PP de Madrid non lle tivo nunca medo a esa exención, porque as cantidades a percibir polo imposto representarían un 2% dos ingresos orzamentarios; pero os beneficios da renuncia a esa cobranza [e outras medidas liberalizadoras] traerían como efecto a deslocalización de patrimonios doutras autonomías nas que se mantén vivo o poder confiscatorio do imposto, a tal punto que esa deslocalización multiplicouse por sete nestos dous últimos anos, xerando unha acumulación de riqueza na autonomía madrileña que compensa dabondo a renuncia a ingresa-las cuotas do imposto “da morte”, ó que nos temos referido en máis dunha ocasión.
-
Poderiamos traer aquí argumentos diversos: Imposto anticonstitucional que, en certo sentido, mutila ou anula o dereito á herdanza previsto na Carta Magna; a serie de agravios comparativos coas xentes doutras autonomías que están exentas; a recomendación colexiada da supresión do imposto feita polos asesores fiscales, incluso polos Notarios. E nun artículo de Félix Bornstein publicado en El Mundo do 28.01.2007, titulado “El tirón del Impuesto sucesorio”, o autor afirmaba que a exención inaugurada nese ano podería equivaler a un terremoto fiscal “que na escada de Richter acadaría un grado superior a 7”, porque o imposto corresponde ás autonomías nas que resida o causante, nas transmisiós “mortis causa”. E un exemplo pode mellor aclara-las cousas, porque se no caso da transmisión dun patrimonio de €.2196950,-, en Madrid, os herdeiros terían que pagar unha cuota de €.2165,- [aplicada a minoración do dito 99%], no caso de Barcelona a cuota a ingresar ascendería a €207251,-. Son datos dun suplemento de La Vanguardia, TOGAS, de data 25.10.2007.

En Galicia e do I. Sucesorio estannos a decir que, en adiante, quedarán exentos o 90% dos galegos, sobre a base da non tributación dos patrimonios inferiores a €.125000,-, cifra que non precisa de máis comentarios. No caso de Cataluña e polo efecto da deslocalización comentada, polo tirón de Madrid, entenden o Imposto Sucesorio como discriminatorio, [que vulnera o principio de igualdade contido no artículo 14 da Constitución], que debería ser causa dunhas mesmas consecuencias xurídicas en todo o país. Digamos, si acaso, que foi Mariano Rajoy no 2002/3 o que comezou coa campaña da reducción autonómica nas cuotas a ingresaren, algo que algunhas das autonomías gobernadas polo PP souberon facer. Pero faltou convicción á hora de promover, a nivel estatal i en campaña electoral, a supresión do imposto. Pero Madrid pode ser un destino bo, como deslocalización, pra evitar que coa morte dos causantes se inauguren ruínas familiares. En non poucos fogares.

No hay comentarios: