lunes, 1 de septiembre de 2008

A BURBULLA INMOBILIARIA [24.10.2003]

Urbanización de Seseña, un dos fitos na inchazón da burbulla, ata o seu estoupido. O traballo hoxe recuperado, do ano 2003, dibuxaba xa o futuro previsible no panorama da corrupción urbanística. As cousas están agora como están, coa crisis afogando á sociedade porque os políticos visionarios [tamén os políticos locales] pensaron que co desenvolvemento ladrillista todo estaba resolto: o desenvolvemento "sostible" do que tanto falan, pero sobre todo as finanzas da tribu política e a dos capos interpostos.

Pontevedra, 1.09.2008

Entrada n. 586 do blog.

A burbulla inmobiliaria [24.10.2003],
por Xesús López Fernández

Así como no seu día existeu unha burbulla bursátil [que durante tempo foi negada dende certos foros], que mesmo representou a ruína de xentes que se puxeron a xogaren á compraventa de acciós e doutros valores mobiliarios, nestos momentos estáse a falar con certo arrrebato da existencia dunha burbulla inmobiliaria [certo que sí que a hai], porque os precios das vivendas levan anos en alza contínua como todos sabemos, sobre todo os matrimonios novos que, ilusionados, deciden asumi-lo reto dun endebedamento hipotecario a longo prazo sen outro amparo ó mellor que dous precarios empregos, fillos ademais do posible reventón, non desa burbulla inmobiliaria da que falamos, senon do propio estoupido da familia que están a estrear, porque á volta de poucos anos é probable que a vivenda non sexa deles, hipotecada por incomprimento nos pagos. Xa se sabe, a precariedade económica e ambiental na que se vive trae como consecuencia viaxes ou enfermedades, gastos extraordinarios e, finalmente, a subhasta do piso tanto tempo arelado no que un parruliño ou dous poden estar a dá-los primeiros pasos, alleos ó feito de que lles tocou vivir no peor dos mundos.

Pero, ¿existe unha burbulla inmobiliaria?. E, máis alá da sectarización do discurso, de que o tema se teña convertido en arma ideolóxica que os partidos usan como lles parece, o feito é que una institución que debemos entender neutral, como é o Banco de España, acaba de facer sona-las campáas das alarmas: Existe o risco dun axuste súpeto dos precios dos pisos e de que o dato oficial dun incremento do 17,50 por cen no primeiro trimestre do ano demostra que non “hai signos” de que se estea moderando, a pesar da desaceleración cíclica da economía, e avisa do risco que podería supór un “axuste” brusco dos precios, ó parecer unha clara contradicción co afirmado por Montoro días antes, no sentido de que se terían de estabilizaren. Mais ou menos literalmente, o dito axústase á afirmación do Banco de España no seu Boletín Económico do mes de setembro, no que analiza dous dos modelos que se usan pra conoce-la evolución do precio. Reitera no texto que a “vivenda constitúe o principal activo da maioría das familias” e asegura que “a evolución do seu precio ten implicaciós de carácter potencial prá estabilidade macroeconómica e financieira da nosa economía”.

O Banco de España insiste na necesidade dun reaxuste soave, dun reaxuste á baixa que canto máis demore máis brusco vai ser, e que eso vai incidir tanto na posición financieira das familias como na das propias entidades financiadoras. O informe avisa de que o precio medio das vivendas sobeu, antre 1997 e 2003, un 78 por cen en términos acumulados. E non se trata de seguir co citado informe, senón de afirmar que o mesmo non-os sorprende, que somos moitos os que vemos como un auténtico escándalo a sobida imparable dos precios [doutros precios tamén, á marxe do IPC cada ano declarado], preaviso dunha quiebra xeneralizada que nos tememos máis alá da chamada á calma do Goberno e dos sectores inmobiliarios, que xa pra evitaren chascos están a invertir en mercados en recesión ou a ensaia-la aventura internacional, despois de anos de grandes lucros, de se beneficiaren da situación existente no país, dunha euforia que é máis cuestión de mercadotecnia que doutra cousa e que esa receta non vale xa pra unha sociedade na que cada vez son máis os cidadáns que subsisten a base de contratos vasura, sen esperanza de mellorar.

Así as cousas, a Administración e os constructores negan a existencia da burbulla, pero o informe do Banco de España parece máis serio que o que nos poidan decir Rato ou Álvarez Cascos, e o señor Botín polo BSCH. O ministro de Fomento chegou decir na inauguración dun simposio organizado en Barcelona polo Meeting Point que a construcción tivo aquí unha evolución “anticíclica”, ó contrario do acontecido noutros países europeos que hoxe rozan a recesión. Cascos culpou tamén ás autonomías e municipios de frea-la oferta do chan con longas tramitaciós. En fin, que aínda tendo en conta a mensaxe “benéfica” dos poderosos [políticos ou constructores], creemos que sí hai unha verdadeira burbulla e que a propia sobida catastral dos valores inmobiliarios é unha rúbrica de que estamos nunha situación de claro estoupido, alén da capacidade económica dos cidadáns que xa por compraren ou por ser donos van ter que pagar máis, escravos do “sistema”. Á Administración conviralle ese “crecemento contínuo”, aínda que eso nada teña que ver co “desenvolvemento sostible” que abrangue outros aspectos [agricultura, inflación, harmonía social], despreciados dende o propio Goberno que parece ir da man dos especuladores sen patria, dos reventadores, que xa nalgús casos están a poñeren os ovos noutros países, antes que a burbulla estoure.

No hay comentarios: