martes, 30 de septiembre de 2008

MARISQUEO NA RÍA DE NOIA



Pontevedra, 30.09.2008

Entrada n. 608 do blog.

MARISQUEO NA RÍA DE NOIA,
por Xesús López Fernández

A ría de Noia, aínda hai pouco tempo, era unha das que mellor se conservaban a efectos do marisqueo. A degradación daquel espacio, por influencia da contaminación urbáa crecente, faise evidente cada día que pasa.

Cando son recentes as noticias sobre o marisqueo furtivo de vieiras e ameixas, sobre todo n´O Ferrol, con acusaciós a certos restauradores por comercializa-los mariscos procedentes da captura furtiva, sería cousa de perguntar, só perguntare, se a gran culpa, máis que ó marisqueo ás escondidas ou en zonas calificadas como C, non corrresponde realmente ás autoridades que non vixían a situación ambiental das augas.

Eso é así. E o que non sería posible con homes como aquel comandante de Mariña de Vigo, o señor Ozámiz, home incorruptible que controlaba as vedas incluso valéndose dos helicópteras da Escola Naval; o home que presuntamente estorbaba en Pontevedra e que impediría a situación sobrevida na súa ría co enclave da Empresa Nacional de Celulosas, con concesión nula "ab-initio"; como digo, Ozámiz sería destinado ó Ferrol, onde tamén descobriría cousas. Un mal día, aparecería morto, no seu despacho, suicidado. ¿Investigouse ben o tal "suicidio" no que moitos non creemos?

Lembremos aquí novamente que xa no 1978 estaban avisádo-los franceses de que o mexilón da ría de Pontevedra non era apto pró consumo humán.... ¿O mercurio, as dioxinas, os bifenilos policlorados? ¿E quen os tería avisado pra que nas operaciós de importación estableceran como condición "sine qua non" a esixencia dun certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de que a mercancía non procedía da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e mái-lo Grove, na ría d´Arousa, obviamente pola contaminación das empresas de enclave colonialista?. Teño proba documental.

¿Ata cándo se ha poder seguir mariscando na ría de Noia? ¿E non sería asignatura de obrigatorio comprimento prós políticos a do coidado do medio ambiente, fonte de riqueza, solución pró condumio das xentes todas da ría, que actualmente ven ronda-lo espectro, como en Minamatta, da parálisis cerebral? ¿Culpables? Os gobernantes.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Entrei aquí traída por unha ligazón q un amigo meu puxo nun foro q compartimos.
Gratamente sorprendida polo teu blog, q ten espacio para os furados negros, pero nin un só oco baleiro...aquí todo está cheo de contido.
Un saúdo dende o contaminado -e xa verás cando nos poñan aló arriba o parque sectorial proxectado, xa- Barbanza.

xesús lópez fernández dijo...

Nela:
Agradécese o comentario.
Desgraciadamente imos cara un Apocalipsis que os deseñadores estalinistas da nosa terra, e os neocon, quérennos persentare de color verde.
Están encirrados, empeñados en acabar con Galcia, coa súa paisaxe e natureza, co seu idioma, co seu nome. Etc.
Un saúdo.