Sarah Palin, intervindo na Convención de St. Paul, Minnesota.
Pontevedra, 8.09.2008
Entrada n. 591 do blog
Traballo semanal remitido a diversos medios.
O FURACÁN SARAH [8.09.2008],
por Xesús López Fernández
Según as enquisas poden pasar do 80 por cen os norteamericáns que ven ó seu país a marchare con paso incerto, incapaz de endereita-lo rumbo cun Bush que se diría amortizado, daí que a candidatura do Partido Republicán aparecese como inorde, cangada ante a popularidade acadada por Barack Obama, o predicador do cambio que logrou encher auditorios na xeografía do seu país, que tamén despertou interese en Europa, especialmente co seu discurso de Berlín. ¿Qué podían facere os republicáns, cun candidato, Mc. Cain, de 72 anos, home vedraño, antiguo soldado na guerra de Vietnam?... A convención do partido puido acabar mal, ameazada polo furacán que chegaba de Luisiana, o Gustav. Pero a gran sorpresa foi outro ciclón que, como din os medios, estaba no seo do partido: Sarah Palin, a gobernadora de Alaska que, proposta prá vicepresidencia coa candidatura de Mc. Cain, muller de discurso fácil e brillante, abreu de novo a esperanza pró seu partido. É máis, apoucado o efecto Obama, do seu segundo xa non se fala.
Diremos de Sarah Palin que, muller de 44 anos, e de fortes sentimentos cristiáns, é unha defensora firme da vida. Nai de cinco fillos, o último, Trig, é unha criatura con síndrome de Down, circunstancia ésta sabida pola gobernadora, que non quixo interrumpi-lo embarazo, aínda sendo moi fácil abortar nos Estados Unidos, prácticamente ata as vísperas do parto. Que unha filla de 16 anos, Bristol, estea embarazada do seu novio, serviría de argumento á gobernadora pra decir que non vai haber aborto no seu caso e que está previsto o casamento da parella. Así as cousas, Sarah Palin, que está casada cun home de sangue esquimal, presentouse na convención coa súa familia, incluso co mozo da filla, Levi. Pode que a presencia do fillo con síndrome de Down tamén a axudara a se presentar como unha defensora real da vida, como triunfadora, como a candidata do sector conservador do partido na Convención Nacional concluída o xoves 4 en St. Paul, Minnesota.
O éxito de Sarah Palin foi tal que mesmo puido facerlle sombra ó propio Mc. Cain, ata o punto de que os medios que a tiñan censurado polas citadas circunstancias familiares reconoceron o éxito do seu discurso combativo, renarte i elegante, co que se encarou ós críticos da noite do mércores. “Palin barre a Obama e ós seus detractores”, titulou The Washington Post, mentres CNN e o liberal The New York Times destacaron que tiña “electrificado” a un partido moribundo. Nada mal pra quen hai dez días era unha perfecta desconocida. Se Obama a tiña censurado como inexperta, ela soubo busca-los puntos débiles do senador, “un elitista con pouco ou nada que mostrar salvo retórica; escritor dunha autobiografía, sí, pero incapaz de ter aprobado unha soa lei. Un home capaz de construir longos discursos sobre as guerras nas que EEUU é parte; que nunca usa a palabra “victoria”, só cando fala da súa propia campaña”. E según Times, Palin dou sempre no branco. Como un francotirador.
Parece que o país enteiro fala agora de Palin. E todo porque ela deixou lastrada, posiblemente, a campaña dos que botaron man da crítica zafia, do insulto fácil. “Algús usan o cambio pra promove-las súas carreiras; outros usan as súas carreiras pra promoveren o cambio”. E, como en política nada está escrito, non se sabe cómo vai acaba-la campaña o 4 de Novembro. Polo pronto, ela, que pode molestar a certos lobbies, acabou a súa andanada do mércores cunha aplaudida mensaxe ós seus críticos: “Non son membro da clase política dirixente permanente, nen da elite de Washington, por eso algús medios din que non estou capacitada. Pero aquí vai un pequeno flash noticioso pra todos esos reporteros e comentaristas: non vou a Washington á procura da súa boa opinión. Vou a Washington pra servir ó pobo deste país”. Aínda non se sabe qué vai pasar, sí que Mc. Cain está agora enfortecido na súa campaña. Sarah Palin, ¿a vicepresidenta antiabortista que moitos piden xa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario