viernes, 12 de septiembre de 2008

MINISTRA DE FOMENTO, Ó DESCOBERTO

A Magdalena Álvarez non lle gusta que a chamen Maleni. Tamén hai vídeo de YouTube con declaraciós da "elocuente" ministra ó respecto. 

Pontevedra, 12.09.2008

Entrada n. 596

MINISTRA DE FOMENTO, Ó DESCOBERTO,
por Xesús López Fernández

Nos enlaces da dereita do blog, os interesados poderán encontrar un vídeo de YOUTUBE / MINISTRA DE FOMENTO Ó DESCOBERTO, que nos mostra claramente cómo o Goberno é incapaz de gobernar. É o momento de lembrar que contra esta ministra fora promovido un voto de censura, que non cristalizou porque o BNG vendeu daquela  a súa intervención parlamentaria, cobrou un precio.  E unha muller que non sabe falar forma parte do Goberno de España e, incapaz de respetare ós mortos do accidente de Spanair, comparece pra facer unhas declaraciós sen leva-los apuntes axeitadamente ordeados. De vergonza. Conócese que non fixo Educación prá Cidadanía, que non lle interesan as formas, vamos, e confesa públicamente a súa ignorancia. 

Si os do Bloque lle botan un vistazo ó video, seguro han sentir vergonza, pero xa é tarde pra recuar e non valen sinapismos, como tampouco poden falar de ecoloxismo cando acaban de poñe-la súa conciencia ó servicio do novo Plan Acuícola.

Temos un mal gobernoa nivel estatal; temos tamén, posiblemente, o peor dos gobernos de Galicia dende que comezou a Transición.

En YouTube hai outras dúas perlas, dous videos de Teresa Fernández de la Vega, de datas 5 e 7.3.2008, nos que a muller se contradí, cae nunha flagrante mentira.  

No hay comentarios: