martes, 30 de septiembre de 2008

A PONTE NOS SALÓNS DO LÉREZ



Pontevedra, 30.09.2008

Entrada n. 607 do blog

A PONTE NOS SALÓNS DO LÉREZ,
por Xesús López Fernández

A fotografía mostra o "pacto de estado" local, ós agresores do capital natural pontevedrés dispostos a se cargar un espacio natural que ten reconocida a protección máxima. [Aquí nin se respeta a memoria do Padre Sarmiento].

Lembremos que, aínda que non se lle pode tocar ó lugar, abondou un encontro, con nocturnidade e aleivosía antre Louzán e Mosquera, pra chegaren ó acordo de pasa-la ponte por onde non se debe facer.

Como estos landrús hai tempo que se cargaron a cidade e a súa infraestructura viaria e xa poucas esperanzas quedan alén do aldeanismo do grupo de goberno e adláteres [todos] pra que Pontevedra dispoña dun verdadeiro servicio de bus urbán ou pra que as ambulancias poidan chegare a Montecelo sen atrancos de bádenes.

Os da foto, metidos no pasteleo do "Ence, sí; Ence non, pero sí", avalan a nova agresión, nunca a recuperación do capital natural como recomenda a Axenda21Local, que deixaron aparcada pra que non lles atrique as outras agresiós previstas ó noso entorno, a consolidación da morte da ría, a gran chafuldra que eles queren. 

E nesa lotería están todos, xa pensen en praias fluviales inviables, xa en macronudos pra definiren solares e consolidar agresiós, incapaces ó tempo de pensar nun futuro distinto prá ría que o de gran sentina pra navegaren cos seus barcos, porque no fondo nunca quixeron o mar. Diríase que pra eles o lema é "¡barcos sen mar!", no canto do de "¡queremos un mar vivo, rico en peixes i en dornas!". Algús han ter que levar, en poucos anos, o seu barco prá terraza da casa. Tempo ó tempo.    
No mercurio, nas toxinas, xa non pensan. Os mexilós, de Chile; as ameixas, de Inglaterra ou Escocia, etc.    

No hay comentarios: