martes, 30 de septiembre de 2008

NOTICIA CELULÓSICA DO URUGUAI

Ence, en Lourizán. Madeira astillada posiblemente de orixe uruguaia.
-
Fray Bentos: "No se sabe de dónde viene el mal olor" [El País, Montevideo,Uruguay]
-
Pontevedra, 30.09.2008
-
Entrada n. 609 do blog
-
NOTICIA CELULÓSICA DO URUGUAI,
por Xesús López Fernández
-
A noticia que encabeza esta entrada foime remitida dende o Uruguai por medio dun e-mail de Horacio Álvarez, nesta mesma data. Agradecido. Malas noticias. Nada que non estivese na axenda de Ence-Eufores ou de Botnia, que están cambiando a forestación daquel país a base de conformar máis e máis hectáreas de deserto verde, de colonización eucalipteira, esas árbores que, como dí Eduardo Galeano, avanzan como soldaditos ou, como teño dito eu nalgún artículo de hai moitos anos, avanzan como un exército de ocupación sobre a paisaxe que van desnaturalizando.
-
Diversos grupos do país ou da veciña Arxentina manteñen a súa resistencia, pero o aviso que agora chega do Uruguai do pestazo ambiental apoderándose das súas vidas, significa que as industrias de enclave están a gañaren a partida.
-
¿Lémbranse da visita do anterior presidente uruguaio, Batllé, a Lourizán, da man do señor Fraga? Don Manuel, situados ambos na fábrica dixéralle d´aquela: ¿Cómo diría que huele?, Yo diría que como a marisquería, foi a resposta de Batllé, ¡Pues allá aún va a oler mejor!. Xa cheira a drama.-
-
Seguro que tanto no Grupo Guayubirá [cuia web figura relacionada á dereita deste blog], como nas xentes de Gualeguaychú, Arxentina, aínda deben estar vivas as palabras dunha carta remitida dende España, que comezaba así: "¡Menuda maldición os ha caído!". Era un preaviso. A maldición xa está concretada gracias a Batllé e a Taberá Vázquez.
-
Nas poboaciós próximas xa deben ser evidénte-los casos de enfermedades do tracto respiratorio, bronquitis asmatiforme fundamentalmente; talvez tamén conxuntivitis; pode chegar, dentro duns anos a hora dos cánceres de colon e do mal de Krohn; tamén a da morte das augas.
-
Consumada a traición política, o clúster celulósico ha seguir traballando as conciencias das xentes pra que vexan o negro branco. E, tristemente, pode que de pouco valan as protestas dos citados grupos ou a pedagoxía de Carrere.
-
Que lles quede como constancia que aquí, Ence, coa concesión presuntamente caducada, aínda está. E as forzas da sinrazón empresarial queren mantela. Como se non existise outra forma de agradece-la producción da natureza que a de dar morte a unha ría ubérrima, parece que acochambádo-los políticos de diversa etnia. Todos.

No hay comentarios: