martes, 23 de septiembre de 2008

O DECRETO DA SUPRAMUNICIPALIDADE DE LOURIZÁN.


O espacio que está á vista, Santa María mirando á ría, merecería unha verdadeira praia antes que permanecer coa agresión viaria sobre o mar, á que Mosquera lle está a impoñer novas variantes, como  a nova ponte das Correntes que xa ten deseño. Levantaron o porto román do Burgo, pero permanecen as agresiós ó medio natural, que o emperador Adrián soubo evitar. 

Espacio roubado ó mar, en Lourizán, o solar que algús cobizan antes que lle devolve-la vida á ría, a idiosincrasia perdida, da que é testimonio a foto anterior. (Nota do 26.02.2013:¡E pensar que Fraga, a cambio de monte Gaiás, dictou o decreto de supramunicipalidade en favor de Ence/José Luís Méndez, pra asentare aí unha papeleira, Tisú de Lourizán!)

Pontevedra, 23.09.2008

Entrada n. 600 do blog.

O decreto da supramunicipalidade de Lourizán,
por Xesús López Fernández

O recurso da APDR en relación co decreto Fraga de supramunicipalización pra lle achanza-lo terreo a Georgia Pacific, Tissú de Lourizán, a empresa que se chegou constituir sen dispoñer de terreo, foi desestimado.

Xa que logo, abriríase, parece que xa fóra de lugar, a posibilidade pra completa-lo ciclo do papel en Lourizán, pra dunha vez por todas rubrica-lo holocausto da ría. Malo cando os políticos xogan a empresarios ou a recibiren favores dos mesmo

Naturalmente, APDR vai recurrir ante o Supremo porque a decisión do TSXG parece pouco argumentada. Teñamos en conta o fracaso da pretensión de Ence de declarar como innecesario o espacio todo que fora declarado como dominio público marítimo terrestre por decreto do ministerio de Medio Ambiente de dona Isabel Tocino, con data 14.11.1996. Non está lonxe o recordatorio do ministerio de Medio Ambiente, sendo desta volta ministra dona Cristina Narbona, antes de ser dinamitado o ministerio polo goberno socialista. Pero a definición, conforme á Lei de Costas, quedou 
clara: os dominios públicos marítimo terrestres teñen o carácter de "inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación".

Así as cousas, fan mal os partidos en no se pronunciar radicalmente pola salvación da ría. Xa se sabe, o PSOE minteu en campaña; o BNG sigue coa súa especialización de vendedores de bolas de neve, abandeirando un ecoloxismo de mentira, que si eles quixeran e levando oito anos como levan coa súa propaganda de cornetín e malabares, Lourizán estaría liberado. Pero, difícil, porque parece estar tamén o grupo pola conversión en solar do dito espacio, como xa temos apuntado neste blog.

E finalmente, o PP volve carecer de mensaxe cun Alberto Núñez Feixóo ó que habería que informar ampliamente dos disparates que aquí se levan feito. E a mensaxe de Telmo Martín, por cambiante, tampouco vale. 

Teñamos presente que o TSXG dictou recentemente outra sentencia, instando do ministerio de Medio Ambiente a cancelación da concesión, en Mollavao, dunha bolsa de terreo comprendida no espacio deslindado por medio do decreto citado, de Isabel Tocino, do 14.11.1996.

No hay comentarios: