viernes, 12 de septiembre de 2008

DAVID CAL E ÁNXELA BUGALLO


David Cal, na proba de C1-500, nos Xogos Olímpicos. 

Pontevedra, 12.09.2008

Entrada n. 595 do blog

DAVID CAL E ÁNXELA BUGALLO,
por Xesús López Fernández.


David Cal facilita o número da súa conta a Ánxela Bugallo, ó tempo que lle solicita o ingreso dos 106000 euros que ela dí ter abonado. Tamén lle roga qu´o deixen tranquilo. 

Esta é unha información dada polos medios d´hoxe. Sabido é que David Cal, por non atopar aquí os apoios que un deportista de élite como el precisaba tivo incluso que se entrenar fóra de Galicia, coido que en Asturias i en Salamanca. É un lugar común informativo o dato de que non existía sintonía antre o deportista e mai-la consellería de Cultura e Deporte, de cuio sobregasto en Cuba debe ter noticia o pública galego.


Como a muller chegou afirmar no Parlamento do acto de ter subvencionado ó deportista con 106000 euros, David Cal dou a corresponde resposta, según informan os medios d´hoxe, como se di a continuación: 

 O piragüista galego David Cal, dúas medallas de prata nas Olimpiadas de Pekín, ofreceu á conselleira de Cultura e Deporte o número da súa conta, á fin de que "lle poida ingresare" os 106000 euros que, según explicou a sra. Bugallo o pasado mércores no Parlamento galego, a Xunta entregou ó deportista e que David Cal nega ter recibido. 

Deste xeito, Cal pideulle á conselleira que demostre as afirmaciós feitas no pleno parlamentario, nas que asegurou que o palista é o deportista que "máis apoio económico" ten recibido da actual Xunta, con 106000 euros en concepto de subvenciós e patrocinio, dos algo máis de 700000 que destinou ó total de deportistas.

Asimesmo, o dobre medallista nos recentes Xogos Olímpicos de Pekín reclamou a Bugallo qu´o deixe "tranquilo" pra "descansare e disfrutare" das súas merecidas vacaciós tra-lo último ano "especialmente duro" e que deixe de citalo en cuestiós nas que asegurou non ter nada que ver.

Certamente, o Bloque non soubo calcular, ser elegante, e agora non pode capitaliza-lo éxito de David Cal.

No hay comentarios: