domingo, 28 de septiembre de 2008

OS NEOCON, [29.09.2008]

McCain, candidato republicán con claro discurso en economía, que parece non ser do gusto de Zapatero. Os neocon, no sentido que se lles dá no traballo semanal, semellan estar en todas partes. Donos da Administración, diríase que non lles preocupa outra cousa que mantela como empresa privada, caixa rexistradora, cazo, pra eles ben vivir.
-
Pontevedra, 29.09.2008
-
Entrada n. 604 do blog
-
Artículo semanal remitido a diversos medios.
-
Os neocón,
por Xesús López Fernández
-
Os neocon, os neoconservadores. A definición, sen embargo, non é tan simple aínda que a Zapatero llo pareza e contra eles arremeta afoutadamente coa súa dialéctica pra lle bota-la culpa dos problemas españoles, da recesión finalmente acaída despois de teren negado a crisis que, in crescendo, vai mallando no tecido económico e social do país. E aínda está recén a afirmación do señor Solbes no sentido de que “nunca hemos negado la crisis” e a conseguinte risotada parlamentaria, porque os síntomos eran evidentes dende facía máis de ano e medio, como tamén resulta evidente que non se están a adoutare as medidas precisas pra mendala. ¿De cántos altos cargos, da Administración central ou das autonómicas, non se podería prescindir nestos momentos?.Son xentes que están sobrepagadas nas súas funciós, incluídos concelleiros de non poucos axuntamentos. Aferrados ó conservadurismo das súas prebendas e sinecuras resultan incluso máis ultraconservadores que os neocon dos que fala Zapatero.
-
Aínda o 21.9, no discurso de clausura do congreso do PSOE en Castilla-León, o presidente, novamente ignorante da crisis, ousou botarlle a culpa das dificultades que están a viviren os traballadores i empresarios españoles a José María Aznar e ós “neocons”, como “responsables ideolóxicos do maior fracaso dende hai moitas décadas”. Incluso resumeu o modelo económico dos neocons do seguinte xeito: “Deixemos que as cousas flúan mentres gañamos moito, pero que interveña o sector público, o diñeiro de tódo-los contribuíntes, si é que temos grandes perdas”. Non descartou tampouco que Mariano Rajoy fose tamén responsable do colapso financieiro dos EEUU. “Despois de nos ter culpado da actual situación económica en España, só falta que culpe tamén ó Goberno da crisis norteamericáa. Tampouco o descarto”. Chegaría a informar que “os bancos e outras entidades españolas resisten gracias ó control e vixía do Banco de España”, cando a fin do modelo económico do país pola excesiva inversión no ladrillo estivo financiada, en gran parte, con fondos procedentes de bancos extranxeiros, según lembraba Esperanza Aguirre hai escasos días. Volvamos ó movemento neocon, realmente fundado por Irving Kristol, un xudeo americán que fora en tempos militante trostkista, e aínda que as súas ideas arrimaban á socialdemocracia, foi no 1979 cando cristalizou o seu programa neoconservador. Outro teórico neocon foi Podhoretz. Editor da revista Comentario ó longo de 35 anos, do 1960 ó 1995, denominaríase “neoconservador” cara ó 1982 nun artículo publicado no New York Magazine.
-
Aseguran algunhas crónicas que os neocon agrupados en torno a Bush foron, con certeza, os impulsores da guerra de Irak, circunstancia ésta que non lle pon as cousas fáciles a McCain que no primeiro debate con Obama saeu airoso, na medida na que este último non entrou decididamente no tema dos progresos de Irán en materia nuclear. ¿Un tic islamista da súa educación xuvenil?. Durante a súa estancia en Nova York, Zapatero mantivo diversos encontros. O celebrado co empresariado americán non pareceu estar ben “deseñado” e non abondou co seu optimismo antropolóxico e defensa do sistema financieiro español, cando as relaciós antre La Moncloa e a Casa Blanca ó longo destos últimos catro anos decantaron nun real desastre de incomunicación.
-
A política de Zapatero cara a Presidencia de Bush non é un aval certo pra atraer inversiós de empresarios norteamericáns ó noso país, maiormente cando informes de carácter internacional sobre a corrupción ou o do Banco Mundial sobre os países máis interesantes pra invertire están a penalizaren fortemente a España, salvada polo magnífico papel de diversas empresas. Outra penalización do país son as nóminas e dietas dos nosos políticos, que non queren que nada cambie. Convertida a Administración nunha empresa, a actuación desa xente defíneos como “neocóns”. No peor dos sentidos.

No hay comentarios: