Cruceiro de Hío. Unha foto del ilustra o libro de John Dominic Crossan, "O nacemento do Cristianismo". A edición española está prologada por Torres Queiruga, e a este texto achégome de vez en cando. O libro é moi denso e de difícil lectura pra min, que xa teño a vista mazada, cansa. Pero hoxe retomeino porque o noso teólogo é noticia.
-
Pontevedra, 17.06.2009
-
Entrada n. 981 do blog
-
Pontevedra, 17.06.2009
-
Entrada n. 981 do blog
-
ANDRÉS TORRES QUEIRUGA,
por Xesús López Fernández
-
Quixeron cuestiona-lo traballo, a teoloxía do noso home. Afortunadamente, todo vai quedar en nada, protestada a actuación por algús arzobispos, denunciada incluso dende Roma. Torres Queiruga mostrouse tranquilo en todo momento. El sabía, claro que sí, que disparaban con pólvora mollada.
-
Na edición española do libro citado Torres Queiruga avísanos de que a ilustración do cruceiro de Hío non é cousa particular desta edición; que a obra xenial de Cerviño, un canteiro galego de 30 anos que traballaba pola comida e o albergue, está xa retratada na edición orixinal inglesa. Di tamén o noso teólogo que sospeita que o autor, ó se decidire pola imaxe do decendemento que representa o cruceiro de Hío prá ilustración da súa obra, carecía de datos reales da biografía do noso artista canteiro, que aínda nos seus últimos tempos, case cego, seguiría esculpindo en pedra, palpando coas mans a realización de cada obra nova.
-
Paréceme que o prólogo que Torres Queiruga fai de "O nacemento do Cristianismo" non é unha obra menor. Nel cóntanos cómo o autor investigou sobre as raíces da nosa fe, sobre o Cristianismo "antes de Pablo, sen Pablo, incluso se Pablo non tivese existido".
-
Deixo aquí este pequeno apunte e recomendo a lectura do libro editado por Sal Terrae. O que quero salientar, con esta corta cita, é a categoría universal do noso teólogo, prologuista dunha obra que pode ser capital pra conocere os primeiros tempos do Cristianismo, a interacción existente antre os apóstoles que acompañaron a Xesús, cando aínda Pablo, un xudeo de Tarso, de cultura grega, non acodira á súa cita coa Historia e coa fe. E inclúo seguidamente algús enlaces en relación coas noticias dadas estos pasados días, coido que preocupantes pra tódo-los cristiáns galegos.
-
Enlaces:
ReligiónDigital.com, El Barón Rampante: Los obispos frenan la condena a Torres Queiruga.
El Blog de X. Pikaza: Servet y Queiruga. Dos casos distintos, un mismo miedo.
El Blog de X. Pikaza: Sobra Queiruga, cristiano, pensador, amigo.
La Voz de Galicia. Xosé Luís Barreiro: A Torres Queiruga lo persiguen los burócratas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario