Touriñán, altar ante o oceano Atlántico, un dos lugares sagrados da nosa Terra que os profetas dos "clústers da abundancia", fabricantes de miseria ambiental, queren de novo atacar co seu programa de arraso litoral.
-
Pontevedra, 22.06.2009
-
Entrada n. 988 do blog
-
ARRASO LITORAL,
por Xesús López Fernández
-
Pescanova acaba de inaugura-la súa pranta acuícola de Portugal, en Mira, a máis grande do mundo que xa van ampliar. E volven coa súa teima redoblada por se cargaren Touriñán coa complacencia da Xunta.
-
Por favor, que sofree a lingua Núñez Feijóo, que ese tema estaba xa case visto pra sentencia polo TSXGalicia, cando Touriño desactivou, xa no estertor da súa gobernación o Plan Acuícola do PP pra nos servi-lo mesmo plan modificado.
-
Certo que se salvaba Touriñán, pero non outros enclaves da Rede Natura. E bébedos polo triunfo de Pescanova en Portugal, alabarados, non contan a realidade da pranta lusa da empresa, que está a 500 metros da costa, ou que toma e lanza a auga por medio de tubos que penetran no oceano tres kilómetros. E pasan soterrados por baixo do sistema dunar.
-
Non era unha granxa así a que querían instalar en Touriñán, senón algo como o desastre consentido en cabo Vilán a Stolt Sea Farm. Consentido e subvencionado, definido por un Fraga que xa está fóra do sentido común como a nova fachada marítima de Galicia.
-
Enlaces:
-
Atlántico Diario: Pescanova e Xunta recuperan o proiecto de Touriñán.
La Voz de Galicia: Feijóo dará a Pescanova todo su apoyo..
El Correo Gallego: Pescanova non descarta Touriñán e outros enlaces.
Vieiros. Adega considera a "teima" con Touriñán un insulto á cidadanía.
Merexo non se vende: PSOE preocupado polo cabo Touriñán.
Merexo non se vende: PSOE preocupado polo cabo Touriñán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario