Edificio Pirsa, na Ferrería de Pontevedra, que ilustra a noticia que hoxe dá La Voz de Galicia en relación coa continuación dos concertos, nese espacio, a pesar do recurso contencioso inerposto polos propietarios do mesmo, pola demasía decibélica que impide o descanso no lugar.
Primeiro de Maio na Ferrería. Pola dereita da foto asoma o emblemático edificio, edificio intelixente, edificio 10. ¿Cómo pode ser se non ten garaxe?
Nesta outra foto do mesmo día apréciase máis campo da fachada do Pirsa. Clicade sobre a foto pra vela en tamaño maior e poder apreciar que dous pisos están á venta.
-
Pontevedra, 15.06.2009
-
Entrada n. 979 do blog
-
A GUERRA CONTRA OS RUÍDOS,
por Xesús López Fernández
-
O aldeanismo rampante na gobernación local fixo de sempre esquecemento no tema dos ruídos. Calquer pretexto vale pr´armare bullanga nun ou noutro lugar da zona vella. Contrátanse zancudos ou malabares, gaitas grileiras ou tocadores de bongo, pra así traeren xente de fóra a pasa-la tarde na praza de Curros Enríquez, convertida en circo ante o monumento descafeinado de Alexandro Bóveda [que nunca se chamou Alexandre].
-
Ese espacio ou ben a Méndez Núñez, a propia Pasantería ante o Museo, ou a praza da Verdura convertida en Praza Roxa pra certas demostraciós, resultan especialmente agredidos, ademais de por outras presencias derivadas do modelo de cidade aquí instaurado, sobre o gran solar de miseria que hoxe é a zona vella.
-
Pero todo o que queda dito, con fanfarrias e feiras francas engadidas, nada ten que ver co insulto da demasía decibélica que se instala durante as festas ou con algún pretexto puramente ocasional na dita praza da Ferrería, reventada nesas ocasiós, escachifado o seu chan pola presencia de vehículos longos que difícilmente poden arribar á zona.
-
¿Cómo pode alguén mercar un piso "intelixente sen praza de garaxe", e pagar por el en torno ós 100 millós de pesetas? ¡E un xamón! Eso que decían os portavoces do goberno local, cando se comezaba a restauración do edificio, que había lista de espera a ver se alguén se dependuraba da relación de compradores, porque todo estaba vendidiño. Hoxe percíbese un certo perfil d´estafa na obra realizada, víctimas os compradores, víctimas os promotores.
-
Claro, ter un piso intelixente, calidade 10, non pode implica-lo mesmo que representaría instalarse nunha tenda de campaña, nos xardíns de San Francisco, pra dormire alí nunha noite de tronada decibélica. Ésa é a razón pola que os propietarios prantexaron a correspondente denuncia contra o Concello, que de momento, nada, sigue cos decibelios e a bullanga. Terá esta denuncia que acabar, posiblemente, no Tribunal de Dereitos Humáns, de Estrasburgo, pero o asunto debe estar gañado de antemán. Seguro. Un goberno non pode ser depredador eternamente, aínda que Pontevedra parece un caso tipo. Pero xa se conocen sanciós firmes, incluso polos ruídos producidos polos camiós da vasura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario