martes, 9 de junio de 2009

IMPACTO AMBIENTAL

A gran charca que se forma ond´a antigua ponte d´As Correntes, hoxe xubiladas coa práctica desecación da Xunqueira d´Alba. Por actuaciós así morre a ría, como pola desecación das outras xunqueiras ou pola instalación de Ence nas marismas de Lourizán. E pola construcción da edar n´Os Praceres, actuación participada por tres Administraciós delincuentes a tenor do art. 44.6 da Lei de Costas. E tamén polo bestialismo dos recheos portuarios pra xerare chan industrial.
-
Pontevedra, 9.06.2009
-
Entrada n. 975 do blog
-
IMPACTO AMBIENTAL,
por Xesús López Fernández
-
Unha das asignaturas qu´os partidos que están no Parlamento europeo teñen que ter moi en conta é a do Medio Ambiente e poñer en práctica, como caderno de bitácora a demanda dos oportunos estudios de impacto ambiental se queremos salva-lo medio natural.
-
Se aquí parece que Adriano, o emperador román, fixo os seus deberes, é algo que debería servir de exempro prós que se autotitulan ou autoproclaman concelleiros de Ordeación Territorial pero que, sí, moita sustentabilidade, moita Carta de Aalborg, pero, narices, queren facer unha nova e innecesaria ponte prá que xa lle teñen nome: a nova Ponte de As Correntes.
-
Fai ben o PP en lembra-los deberes do presunto e necesario estudio de impacto ambiental. César Mosquera, o home que quixo un día presidi-la Asociación pola Defensa da Ría non chegaría acada-lo seu obxetivo daquela. Pero o que parecía un ecoloxismo sincero non se dá desta volta nada máis que en piruetas como a da praia fluvial, que verémo-lo que dura, nun espacio que foi sempre un verdadeiro fangal e sigue degradado.
-
E sería bo que o PP levase este tema ante Europa, como tamén o da recuperación das Marismas de Lourizán, onde Ence xa carece de concesión.
-
Que mire tamén o PP polo tema da Axenda21Local, totalmente esquecida nesta hora dos deberes do PXOM polo concellal "ecoloxista".
-

No hay comentarios: