jueves, 18 de junio de 2009

A NOVA PONTE D´AS CORRENTES

Fotografía xa presentada neste blog, do espacio que o BNG está a agredir coa construcción dunha nova e innecesaria ponte en dominio público marítimo terrestre.
Cercado do espacio no que se está a obrare en traballos de cimentación, que Costas ordea paralizar. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 18.06.2009
-
Entrada n. 983 do blog
-
A NOVA PONTE D´AS CORRENTES,
por Xesús López Fernández
-
A orde de paralización, por imperativo legal, dada pola Delegación de Costas debe ter que ver coa demanda do PP do pertinente estudio de impacto ambiental. O coherente sería tamén, desta volta, qu´o PSOE se sumase á denuncia do PP, dado que son eles os que levan a xestión da Xunqueira d´Alba, calificada como ENIL, espacio natural de importancia local, e como responsables de Medio Ambienta Natural, unha coña, porque a actuación de rexeneración da citada xunqueira foi moi somera e hoxe está cruzada, en non poucos sitios por tuberías de fecales que colocou o BNG, tamén en contra do establecido na Lei de Costas, porque a Xunqueira d´Alba, aínda degradada como está e perdendo a xúa vexetación orixinal, sigue sendo mar. Aínda non está lonxe a intención dalgús grupos de faceren alí o novo Pasarón. Vergonza.
-
Sería bo que PSOE e PP buscaran unha vía d´entendemento no tema medioambiental, a tope. Resulta triste que cando entran nalgún asunto as asociaciós ecoloxistas non se dea a resposta pronta que desta vez obtivo a denuncia do PP, e case todo teña que acabar xudicializado, estudiado por unha Xusticia que non ten o Medio Ambiente como a súa gran especialización, prá que farían falta xueces e fiscales máis preparados.
-
Aínda así, hai varias sentencias to TS de Madrid e do TSXGalicia, firmes que, pasados varios anos, permanecen sen executaren. ¿Por qué o PSOE e mai-lo PP non se poñen d´acordo?. ¿Teremos que ver cómo crece aínda máis o polígono industrial ou porto seco [xa non sei] dos recheos de Estribela-Marín, e como alternan na presidencia do monstruo da Autoridade Portuaria PP e PSOE, nun claro consenso pra destruíren a ría?.
-
Enlace:

2 comentarios:

Sísar dijo...

Esa foto é perfecta Xesús. Teñamos en conta que a parte da Ponte falta todavía o diseño da conexión cá A-9 e esa vía tan só pode circular por ese verde que se ve na foto.

Recordo un debate no me blogue do pasado mes de Agosto no que varios anónimos afirmaban que como xa estaba no PLan Xeral se podía facer e tí respondeches que Medioambiente tiña que decir algo. Así son as cousas nesta cidade.

Unha aperta

xesús lópez fernández dijo...

Gracias.
Coido que máis que garantiza-lo pago da obra si se axusta á Lei, o que procede desta volta é a paralización inmediata das obras.
A estes individuos non se lle debeu deixa-lo urbanismo nas mans, nen o tema medioambiental.
¿Cánto non haberá que lle devolvere á UE, cando se defina que a aplicación dos fondos recibidos foi unha auténtica estafa, un delito participado polas tres Administraciós en temas como a edar d´Os Praceres, ou na do Lagares, en Vigo?
Saúdos.