Juan Vidal Fraga, xa na Eternidade. Amigo, avogado, filósofo, político, mestre pra moitas xeneraciós, ó que dedico o meu artículo semanal. (Foto do Diario de Pontevedra).
-
Pontevedra, 21.06.2009
-
Entrada n. 987 do blog
-
Juan Vidal, in memorian,
por Xesús López Fernández
Benquerido amigo: Cando me dispoñía a arrancar co meu traballo semanal entereime de que xa non estabas, que xa tiñas vez pra descansar na Eternidade da que non se volve, na paz do Señor. Hai xa un mes que me deran aviso de que estabas mal: “O noso amigo Juan está moi mal…. Hai poucas esperanzas”. No teu entorno, sen embargo, mantiñan a arelanza dunha nova recuperación, que xa non era posible. Comentáronmo as túas irmás con aceptación resignada, no sentido de que aínda que poidas estar máis alá das estrelas, co simbolismo que a esto se lle queira dar, o teu relembro vai quedar vivo en tódo-los teus. Eu agardaba tamén, como moitos dos teus parentes e amigos, que regresaras á túa “tribuna” no Diario, onde nos últimos tempos compartiamos páxina. Finalmente, non foi así. Acabouse o tempo e, sen embargo, atópaste xa nunha dimensión na que non se acaba o Tempo.
Polas veces que temos falado dende a nosa primeira amistade nos últimos 50, sei da túa constante preocupación á procura dunha formación humanística firme. En certa ocasión me mostraches, na vosa casa de Marcón, varios libros. Non sei si foi esta unha das túas constantes, pero tiñas coidadosamente estudiada unha obra de Jacques Maritain, realzadas con diversas colores algunhas das súas afirmaciós. ¿Qué libro era, Juan, Xohan? ¿”Cristianismo e Democracia”, “O home e o Estado”? Porque Maritain foi o gran interpretador do noso tempo en clave cristiáa. Tí, Juan, mantiveches no teu discurso o seu discurso en debates e tertulias, na túa presencia política, unha mensaxe inequívoca a favor da democracia e da libertade, a favor da Vida i en contra da corrupción, claramente definida nos teus artículos. Leo un texto teu sobre a necesidade de orienta-las nosas conductas dende a ternura que “con mercaderes i egoístas fuxe, non acepta permanecer nunha chousa de mesquindade. Non-a busquedes en tendas ou supermercados, que non se deixa mercar nen vender, non ten precio, é gratis….”. I ése pode ser un dos dramas da nosa sociedade, das víctimas da súa ausencia. Malo, Juan, [era o teu discurso], se non-a acollemos na alma.
Sinalaba o teu “mestre” Maritain que a causa principal no fracaso da democracia estaba “nos antagonismos irreductibles inherentes a unha economía fundada sobre a fecundidade do diñeiro”. Esa era tamén a túa apreciación da política, porque todo eso ten impedido que as afirmaciós democráticas pasen á vida social; e a impotencia das sociedades modernas ante a miseria e a deshumanización do traballo, a súa imposibilidade de sobrepasa-la explotación do home polo home foron, prás democracias, as claves dunha amarga derrota; pero a causa principal é de orde espiritual…. xa que o principio esencial da democracia moderna ven da inspiración evanxélica e non pode subsistire sen ela, ou sen a ternura por ti sinalada. As clases dirixentes renegaron do Cristianismo no nome da libertade humáa. Esa é a causa de tantas derrotas e males da nosa sociedade, que ti denunciabas sen medo.
Vouche botar de menos. Existía unha sintonía certa antre as nosas formas de ve-las cousas, especialmente dende a túa descoberta, dende a democracia cristiáa, do ecoloxismo, da necesaria defensa da opción verde. Pouco faltou daquela pra que a vosa candidatura entrase no Concello, o que representaría, talvez, a osixenación da política municipal. Comentaba Jabois no Diario, o sábado, a vosa escenificación na praza da Verdura, a reclamación da súa restauración, algo que eu definín daquela como “O márketing dos homildes”. Tempos tamén de intenso traballo na definición da Axenda21Local como instrumento democrático ó servicio da recuperación ambiental. Acabóuseche o tempo. E ti, como diría o Poeta da Raza, xa te foches da sereidade da vida. Repousas dos teus afáns e debates na Eternidade. Ti, que foches xedrecista, has ser agora testigo das claves da gran partida que está a libra-la Creación contra o Mal, ese que ti denunciabas con valentía aquí, na Terra. Descansa en paz, amigo.

Blog de César Abal: Murió Juan Vidal Fraga, por Manuel Jabois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario