lunes, 15 de junio de 2009

A MARCHA SOBRE LOURIZÁN

Deámoslle algo de color a este entrada cun dibuxo informático do autor, de hai dez anos.
Ence sigue a envenenare a ría e a atmósfera, a ser presunto factor desencadeante de diversas enfermedades. O pasado 13.06.2009, a APDR celebrou unha nova marcha que foi participada, según algún medio, por unhas dúas mil persoas.
-
Pontevedra, 15.06.2009
-
Entrada n. 980 do blog
-
A MARCHA SOBRE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Cando foi da primeira manifestación contra Ence, por circuíto urbán, fun a persoa encargada da lectura do comunicado final, redactado por César Mosquera. Tamén fun lector do comunicado da segunda, e autor do mesmo, que foi revisado, censurado, previamente. Non digo máis. Nen sobre as maniobras levadas a cabo pra desbancare ó primeiro presidente, Fernando Martínez Sarandeses, ecoloxista, pra ver de asumi-la conducción da asociación, hoxe convertida nunha simple correa de transmisión do BNG.
-
Certo que no cerre da marcha deste ano tivo Antón Masa unhas palabras críticas coa actuación dos pringados do Bipartito, que nada máis tocar poder propuxeran o traslado de Ence a Barro-Meis, algo xa comentado neste blog. Aquelas luminarias convertirían o encoro da traída d´augas pontevedresa en depósito de suministro prá fábrica. E convertirían tamén en solar as marismas de Lourizán. Se os deixaran, negando ós demáis a capacidade de pensare.
-
Que se deixen, polo tanto, de poñe-lo acento máis forte da súa censura na posible política de Núñez Feijóo, que sí prometeu a recuperación do litoral de Lourizán, o único que realmente o dixo. Quero pensar que foron palabras pensadas e non froito da quentura electoral. Porque todo está moi claro: Ence xa non ten concesión. Ademais que non cabe a reconducción do espacio como solar urbán ou industrial, pola súa condición de dominio público marítimo terrestre e, como tal, "inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación", situación así definida por Cristina Narbona ante a denuncia administrativa promovida por Salvemos Pontvevedra cando Ence solicitou a declaración de innecesariedade como tal d.p.m.t.
-
En relación con este tema teremos que definir, unha vez máis, como impresentable, a actitude e política do alcalde pontevedrés, desautorizado xa moralmente pra abandeirar nengunha cruzada ecolóxica.
-
Lores, un tanto marcado polas declaraciós de Masa, manifestou tamén que a actuación do bipartito non foi clara. ¿Que non foi clara? ¡Se nos querían deixare sen Lourizán, a tentaren convertilo en solar!.
-
A Lores, anxeliño, non lle van crece-las alas [áas ou azas] porque a súa política ó respecto está caracterizada pola inacción, incapaz de definir un plan de emerxencia ante os peligros existentes en Lourizán, e as enfermedades derivadas da presencia do complexo clorocelulósico.
-
Houbo un momento no que quixeron celebra-lo recordatorio de Cristina Narbona, a permanencia dos catro "in" citados. ¡Pero, inmorales, se non se moveron nesa dirección nun só momento, xa pensando no solar, xa nos recheos de Marín, xa en relación coa construcción da edar d´Os Praceres, asunto no que delinquen as tres administraciós!. E Lores fala agora de praia, vaia, vaia. ¡Moito ten que cambiar!.
-
Pra sere máis orixinal no seu "discurso" Lores puido decilo en forma de "aria", cantando, un aria dramática, especie de confesión xeral do mal que, coa súa falacia do "saneamento integral" ou "pantalla d´antroido ecoloxista", leva dez anos promovendo, incapaz de traballare pola rexeneración ambiental do río-ría, nen co PXOM en fase de elaboración nas mans.

No hay comentarios: