lunes, 1 de junio de 2009

PORTO DE MARÍN

José Benito Suárez Costa foi nomeado novo presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra. (foto do Diario de Pontevedra)
-
Pontevedra, 1.06.2009
-
Entrada n. 966 do blog
-
PORTO DE MARÍN,
por Xesús López Fernández
-
O novo presidente da Autoridade Portuaria, nunhas declaraciós ó Diario de Pontevedra, dixo que "Hai que seguir potenciando o Porto, xa que xoga un papel económico decisivo na zona."
-
O seu currículum é conocido: capitán da Mariña Mercante, foi concelleiro en Pontevedra e Director Xeral de Interior e Protección Civil. Está casado con Ana Pastor, que no seu día apadriñou a construcción da pasarela d´Os Praceres, un dos últimos disparates aquí levados a cabo e que Mosquera e Lores queren continuar ata As Corbaceiras, coa idea, cecáis, de converti-las Marismas de Lourizán en gran solar.
-
O novo presidente fala da gran empresa que é a Autoridade Portuaria. Pra todo hai puntos de mira. E aquí non se quixo ter en conta o consello sabio de don Rafael Picó, que fora enxeñeiro xefe de Obras do Porto. Porque decía o home que sería un verdadeiro disparate pensar en Marín como gran porto e que pra eso habería que buscar outro calado e unha ría máis ancha, talvez na zona de Bueu. O home tiña razón e Marín, como porto, está hoxe sobredimensionado, o espacio reventado, mentres os recheos avanzan de forma ameazante.
-
Así, os recheos deshonestos que se levan feito, promocionados por certos políticos relevistas que aterrizaron na cousa do mar, están, sí, acabando coa ría, esa gran empresa productora de sardiñas, robalizas, rinchas, polbo e marisco, ata que foi declarada, polo menos en certas secretas instancias, como envenenada. [Os franceses ben qu´o saben dende hai tempo]: dioxinas, mercurio, endrín, etc., ante a impotencia ou entendemento de certos grupos políticos.
-
Lembremos que, dende que Isabel Tocino asinou a declaración de que é dominio público marítimo terrestre todo terreo que abranguen as Marismas de Lourizán, e que tamén, en contra da denuncia do ministerio de Medio Ambiente de Aznar tendeuse polo seu ministerio de Fomento o ferrocarril a Marín, ocupando 55000 metros cadrados de terreo demanial; lembremos, digo, qu´o PP non debería ter outro norte qu´o da recuperación de todo ese espacio e de urxi-la execución de sentencias do T.S. en relación coas presuntas ilegalidades cometidas no espacio. Aínda qu´o ferrocarril fose inaugurado, cabaleiros na locomotora Mikado, por Fraga, Cuíña, Tonecho e Miguel A. Fernández Lores, presunto ecoloxista.
-
Fálannos estos días d´Europa, pero esquecen esa gran asignatura da defensa do medio ambiente. Porque Europa lles queda aínda moi lonxe e prefiren, os tres partidos, move-las pezas como lles ordean os clústers que van contra natura, que ésa e non outra é a gran empresa económica da que fala o novo presidente. A ría, como gran riqueza socialmente participada, non entra no seu discurso, nen no dos outros, que aquí non se salva nadie.

No hay comentarios: