Esa actividade portuaria artesanal aínda era visible nos anos 30-40. Deso nada queda, como tamén desapareceu a casa-solar de Sarmiento de Gamboa, o primeiro navegante científico do século XVI, situada nesa mesma banda, pouco antes da ponte da Barca. Derrubada nos últimos 80. Horror.
Nesa zona coméuseulle ó río, na Moureira, un espacio que era porto de mar, que tiña os seus pequenos peiraos, onde non sería difícil maxinar unha praia fluvial. Repárese en Santa María, dona da paisaxe.
Río Gafos. Avístase o lazareto. Ó fondo, a fábrica da motores Pazó. Non existía o paseo de Domingo Fontán. Todo o espacio era entrada do mar á xunqueira d´Alba. Coesa mar viva pescabase sardiña no fondo da ría, incluso collíanse ostras pra riba da ponte de Burgo.
-
Pontevedra, 14.06.2009
-
Entrada n. 978 do blog
-
Artículo semanal
-
Sensibilidades ecoloxistas,
por Xesús López Fernández
-
O PP acaba de alega-la pasada semáa, ante o Servicio Provincial de Costas, contra a construcción da ponte d´As Correntes, na ría de Pontevedra. Demandan o necesario estudio de impacto ambiental. Leo as afirmaciós dalgús dos seus voceiros, de sentido común. A ponte vai na dirección equivocada, din, e parece que a súa construcción deriva da frustración do goberno local en materia de circulación, unha solución inmadura que pode traer aínda maiores problemas pra esta cidade colapsada. Agora o colapso está na Avenida Uruguai, con dous carriles cortados dende hai dous meses, cando o proiecto está en fase de tramitación. Esta información está tomada do blog do xefe da oposición local, no que tamén podemos leer unha afirmación puramente ecoloxista: a de que Pontevedra ten que recupera-lo río como eixo da vida cidadáa. Un ecoloxista diría, talvez, máis. Porque os males do noso ecosistema non se remedian sen o labor das xunqueiras, depuradoras concertadas co ciclo das mareas, que definían así co seu tiro o canal central da ría e a súa fondura.
A ría, como se sabe, está nunha fase de total deconstrucción, na banda do río ou na ribeira do mar, e xestos como o da construcción dunha praia fluvial artificial terán o mesmo efecto dunha “tirita” nun enfermo terminal. E agora que anda o goberno local co PXOM, se verdadeiramente se quixese facer algo en plan restaurador, sería o momento de redactar unha Axenta21Local, i explicala porta a porta como documento democrático esencial, ver de tracexar unha política cobizosa, devolvere ó noso medio o capital natural, tomar como referente fotografías do fondo da ría e do litoral: xunqueiras, as Moureiras, As Corbaceiras, actividade portuaria, Mollabao, Lourizán, Estribela…., lugares nos que as feridas doen e o enfermo morre. Algo a este respecto sinala tamén outro voceiro do PP, no blog PONTEVEDRA DESPERTA, do impacto negativo da ponte sobre a esquecida Xunqueira d´Alba, declarada ENIL, espacio natural de interese local que xestiona o PSOE, como se o conservacionismo do equipo de goberno, con esta disonancia, non fose máis alá do puro márketing ambientalista.
O responsable do blog está sorprendido de que as agrupaciós ecoloxistas non se tivesen adiantado ó PP na demanda do necesario e.i.a. Hai cousas que se pasan, de certo, pero as asociaciós ecoloxistas non terían por qué existir a pouco que os políticos comprisen cos seus deberes. O Concello de Pontevedra suscribeu no seu día o compromiso da Carta de Aalborg, de cidades sustentables. Pero todo parece, desta volta, unha pura macana, vocablo arxentino que recolle o diccionario de Eladio Rodríguez e que define moi ben o que de xangal ten o labor dos políticos. No informe Auken do 20.02.2009, [así chamado polo nome da diputada danesa que o presentou no Parlamento europeo, Margrete Auken, por certo que coa oposición do PP e do PSOE], fálase do impacto da urbanización extensiva en España nos dereitos particulares dos cidadáns europeos, do medio ambiente e a aplicación do Dereito comunitario, con fundamento en determinadas peticiós recibidas [2008/2248, INI].
España vive unha situación definida polo informe como de corrupción endémica. Pode incluso perder fondos europeos, no horizonte do 2013, por 32000 millós de euros, por ter feito mal os deberes. E ó mellor aínda ten que devolver cartos. A situación terminal da ría de Pontevedra é máis grave que as agresiós que o informe cita en relación co Parque natural de Gata-Nijar. Pra min que o Parlamento europeo precisa información do aquí acontecido: xunqueiras desecadas; Ence e outras, sen concesión; recheos no porto de Marín e outros; agresiós urbanísticas no litoral de Poio e Sanxenxo; a edar d´Os Praceres, construída en dominio público marítimo terrestre [véase art. 44.6 da Lei de Costas]; sentencias firmes do T.S. de Madrid e do TSXGalicia, pendentes de execución e non por culpa dos ecoloxistas. Que algún partido asuma agora os seus deberes, sería digno de mención. A ver.

No hay comentarios:
Publicar un comentario