jueves, 4 de junio de 2009

ENCE E LOURIZÁN

Icono reiterado. Arriba: o Lourizán da miña infancia; abaixo: o Lourizán de Ence, a gran asesina do ecosistema co apoio dunha falta total de política ambiental.
Hai só un par de noites, con vento ábrego, Pontevedra cobreuse de brétema poallenta, co alcatreo clorocelulósico que sigue a causar problemas na saúde e convivencia humáas, especialmente enfermedades broncorrespiratorias.
O complexo de Ence, do que Verdegaia di, según informa hoxe El Correo Gallego, que antes ou despois vai cerrar. En Salvemos Pontevedra sabemos que a empresa carece de concesión e que, polo tanto, non debería permanecer aberta un día máis.
-
Pontevedra, 4.06.2009
-
Entrada n. 969 do blog
-
ENCE E LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Liquidado xa o bipartito con máis pena que gloria, caracterizado polo incumprimento da súa promesa ecoloxista; caracterizado tamén o Bloque pola súa oferta de traslado a Barro-Meis da factoría Ence, o que financiarían coas plusvalías que se xerasen coa reconversión en solar das Marismas de Lourizán e construcción de vivendas de protección social que faría a Autoridade Portuaria pra dese xeito lava-la cara dos concellos de Marín e Pontevedra. ¡Qué bós son estes políticos que non nos merecemos!
-
Volven os peligros e xa o sindicato independente pide máis do mesmo, un Lourizán integrado no ente irracional da Autoridade Portuaria que, pouco a pouco, vai complementando o traballo de morte da ría que no 1960 comezara a fábrica de celulosas.
-
Relembremos que temos un goberno local que tampouco ten en conta a Axenda21Local na elaboración do PXOM, porque queren convertir en solar as marismas. E lembremos de paso, que se negaron a considera-la posibilidade de cerra-las industrias que xa carecen de concesión, según o escrito que Salvemos Ponteveda apresentou por rexistro municipal o 14.01.2004, en exercicio da acción pública que recomendan a Constitución e tamén a Lei de Costas, e novamente no mes de Maio daquel ano. Celebrado o pleno do 18.06.2004 sen tere contestado á asociación, chegaría un escrito antedatado varios días despois.
-
Agora parece que, un pouco na mesma filosofía, un colectivo ecoloxista, Verdegaia, pide o cerre de Ence. Desconozo se ese colectivo sabe da documentación manexada por Salvemos Pontevedra ou de que sobre parte do espacio declarado dominio público marítimo terrestre por Isabel Tocino no 1996 existe xa unha sentencia firme do TSXdeGalicia en relación co terreo/mar ocupado por José Malvar, ordeando o posicionamento ó respecto do ministerio de Medio Ambiente. É sentencia dictada ante denuncia de Salvemos Pontevedra. Que conste.
-

No hay comentarios: