jueves, 11 de febrero de 2010

Anti-Cristos

Miliciáns fusilan ó Cristo do Cerro dos Ánxeles nun xesto simbólico de matar a Deus. Van alá máis de noventa anos. Pero os odios volven, aínda que disfrazados.

Un letrado acóllese á Lei do Crucifixo pra derruba-lo Cristo máis emblemático de Murcia, o Cristo de Monteagudo.
-
Pontevedra, 11.02.2010
-
Entrada n. 1159 do blog
-
ANTI-CRISTOS,
por Xesús López Fernández-

Non se trata de traer aquí o inventario de mortes e incendios ou de falar das outras fosas, das que non quere investigar Garzón, nas que foron enterradas, mortas ou vivas, xentes que tiñan como principal sinal de identidade o de seren católicos. Xa nos ocuparenos algún día da fosa de Camuñas, en Herencia de la Mancha. Ou de Paracuellos.
-
Ó mes de proclamada a Segunda República eran xa cen os templos incendiados, ano 1931. A escalada de violencia anticristiáa xa non cesaría podendo calificala, cecais, como a maior persecución relixiosa de tódo-los tempos.
-
Agora estamos na arrancada dunha pretendida erradicación da memoria dos que fixeron posible a salvación do horror republicán e tamén da simboloxía cristiáa, como se ésta non fose parte da nosa cultura, como se non fose aval, igualmente, da cultura europea.
-
Agora é un letrado o que quer retira-lo Cristo de Monteagudo, en Murcia, so pretexto, ademáis de se acollere á Lei do Crucifixo, de que esa imaxe, que goza de gran devoción en Murcia, afea o castelo mouro sobre o que está situada. Parece que se produce unha reacción salvífica e que o letrado non se vai sair coa súa porque alí existe unha sociedade civil viva, que protesta pola actuación que pretende o letrado.
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Vivimos tiempos,querido Xesús, de un odio e inquina contra la Iglesia católica realmente peligroso.
Se ha resucitado por parte de Zapatero el atávico anticlericalismo decimonónico de la izquierda más garbancera y radical, de esa extrema izquierda revanchista y guerracivilista que es el caldo de cultivo del electorado socialista.

Atizar odios,mover y sacudir las vísceras es un ejercicio de irresponsabilidad más del nefasto legado que dejará Zapatero.

xesús lópez fernández dijo...

Estoy totalmente de acuerdo con vuestra afirmación.
Lo peor puede estar por llegar, porque no existe una sociedad civil capaz, aquí por lo menos, y la oposición no está armada moralmente.
Saludos.