sábado, 20 de febrero de 2010

A dinamización que non foi

A praza da Verdura, hoxe costa ladeada, o día do estreo dos novos bancos, anti-Peprica.
-
Pontevedra, 21.02.2010
-
Entrada n. 1176 do blog
-
Artículo semanal
-
A dinamización que non foi,
por Xesús López Fernández

A zona vella de Pontevedra sigue apagada. A aplicación do proiecto Urban na nosa cidade non sirveu de reactivo prá devolución ó barrio vello do seu tono vital, pra acada-la sustentabilidade que o Urban establece como obxetivo. Sí, renováronse as fachadas de diversos edificios, pero faltou a reforma en profundidade pra face-la zona máis habitable, sendo esa asignatura, a de conseguiren fixar poboación, unha cuestión pendente, porque coas actuaciós levadas a cabo liquidouse en gran parte o modelo de cidade aquí existente, residencial e comercial, ó non haber unha verdadeira sociedade civil forte defensora dos seus dereitos, capaz de se encarar co cerco das grandes superficies que poden cuestionar incluso o futuro do Mercado de Abastos. A creación dun Centro Comercial Urbán, herdeiro da ACZM, que por medio do seu portavoz declaraba no 1997 que se oporían a unha peatonalización salvaxe, pasa completamente desapercibida.

Non se consigueu dinamiza-la zona. A receta europea non funcionou. A excesiva peatonalización trouxo a seca vendedora, negocios en regresión, evidentes tamén fóra do barrio histórico ó seren engulidos pola “mancha“ peatonalizadora en expansión. Resultaron proféticas as palabras do arquitecto Álvaro Siza, de renome mundial, no sentido de que unha coidada circulación sería beneficiosa pró comercio local. Ademais que, por medio das obras dun Peprica discutible, desnaturalizaron non poucos espacios do conxunto histórico artístico e acabaron co tipismo dalgunha das súas prazas por teren usado material pouco noble á hora de face-las obras de “renovación”. O chan de adoquíns que resistía eternamente, foi sustituído por un tipo de pedra [ou por terrazos e baldosas], que esgazan con facilidade, particulamente as tapas-trampa das arquetas.

Teresa Casal, a concellala de Urbanismo da zona vella, que no seu día posicionárase en contra da reforma da praza da Verdura, hoxe desalmada, falou estes pasados días en relación cunha posible reducción de cargas e descargas na zona. ¿Qué acontece, que o novo material non resiste como o vello? ¡Será por teren utilizado unha pedra pouco noble ou que foi mal asentada; que fallou a dirección técnica da obra ou foi desacertada a decisión política! ¡Pero que non culpe ás cargas e descargas!. ¿A quén se lle ocurre pavimentar con baldosas, como se fosen patios de luces, rúas polas que necesariamente terá de pasar algún que outro vehículo?. ¡E ignoráronse os obrigados servicios pra manter viva a cidade!

Nesta última parte do artículo quero inclui-la noticia de que se xubila Luís Paisa Gil, un histórico da zona vella. Como lección. O outro día fixo unhas declaraciós sobre a súa vida laboral. Traballador dende os 12 anos, estableceuse na rúa Sierra no ano 1964. Comezos difíciles, pero vagariñamente iríase facendo con clientela. Nos 45 anos que mantivo aberto o negocio pasou por trances duros [un roubo e un atraco], pero logrou remonta-las dificultades. Según el, a mellor época foi a dos setenta, fantástica, na que non cambiaría o emprazamento da súa xoiería nen prá Oliva ou Benito Corbal. “Polas mañás viña moita xente a mercare e pola tarde había menos movemento, polo que podía traballar no obradoiro”. Logo, con altibaixos, foi baixando o negocio, especialmente dende hai dez anos. I el coida que se debeu á “reforma urbáa”. “Quitaron os aparcamentos e todo son prohibiciós; a praza de abastos estivo prácticamente cerrada cinco anos e perdeuse todo o movemento”. Calquer negocio con clientela do rural notou o duro golpe. E Urban e Peprica non funcionaron como revulsivo. Total que, quebrado o modelo de cidade existente, non se actuou na debida dirección. Con parodias de malabares ou facedores de burbullas nas diversas prazas, non se recupera o pulso económico. A lección de Luís Paisa é de manual. Pasou o que pasou. E o problema non se resolve con menos cargas e descargas.

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Esa es una moda que se ha extendido en casi todas las ciudades españolas, donde el coche es considerado un objeto insidioso y por lo tanto,digno de exterminar.
Han reducido las plazas de aparcamiento al mínimo,acudir al centro es uan odisea y además han hundido,-aún más- ,el comercio que ve como se resienten sus ya paupérrimas ventas.

xesús lópez fernández dijo...

No caso de Pontevedra parece que ademais houbo un entreguismo a Continente/Carrefour, centro ó que se pode acceder dende a autopista e que ten, ademais, parking gratis total.
Non parece casual esa permisividade sendo ministro de Fomento Rafael Arias Salgado, actualmente presidente de Carrefour España. É decir: primeiro expropíáronse terras cunha finalidade social; despois puxéronse a disposición da Europa dos mercaderes, os restos desas expropiaciós. Sobre esto podería contar cousas moi graves, como que a miña muller lle roubaron un mato [por medio dunha falsa venta] polo que pasa actualmente o bucle de saída do centro comercial pontevedrés [CArrefour].
Co Bloque as cousas non cambiaron. Secaron a cidade, configurada agora como un gueto no que xa non parece posible unha franca aventura comercial, incluso temos dificultades pró recibo do suministro de butano, que agora a "luminaria" da concellala de Urbanismo quere limitar aínda máis. Bótalle a culpa das roturas do chan novo, o que levan poñendo dende hai dez anos malgastando o diñeiro do Plan Urban que habería que lle devolvera a Europa.
En fin, non se dinamizou, non se modernizou, non se conservou: arrasouse coa cidade vella, sumida agora no umbral da miseria.
A conversión, despois de desnaturalizalas, das prazas á "nova economía estalinista" [bares que malviven e non son exempros de boa xestión, nos que mesmo se pode, nalgún caso, practicare algún tipo de trapicheo; o rastro dominical no que se poden atopar cousas roubadas, etc.].
Estos estalinistas tiñan un "modelo de cidade" [tascas]; a súa humanización, premiada en función de intereses urbanísticos pola propia Once, acabou coa cidade.
En fin, etc. etc. Esquecereon que o coche é un amigo necesario do home.