sábado, 13 de febrero de 2010

A INVOLUCIÓN DA RIBEIRA

No edificio do Museo, no que están presentadas dúas estatuas na parte alta, estivo albergada a antigua escola de Maxisterio pontevedresa, nos primeiros anos do século XX. (Clicade sobre a foto pra vela en tamaño grande e percibir, ó mesmo tempo, o escudo da fachada).
Vista lateral, esquina a Pasantería, da antigua Escola de Maxisterio, polos anos 1920, hoxe integrada no Museo.
-
Pontevedra, 13.02.2010
-
Entrada n.1162 do blog
--
Artículo semanal.

A involución da ribeira,
por Xesús López Fernández


Levamos uns quince días con noticias en relación co noso litoral, que parecen certamente preocupantes, como se a liquidación do noso mar estivese xa en fase terminal, pactado incluso o deseño final antre as diversas partes políticas, que xa non conciben, ou eso parece, unha Pontevedra con praia. Chamoume a atención a afirmación de que o mar se internaba pola antigua Escola de Maxisterio e o que hoxe é Estadio da Xuventude. Vellas imaxes da cidade dan conta daquela época. Pero é que antes da aludida Escola de Maxisterio, antes incluso que a situada na Gran Vía, cando o centro de estudio dos futuros mestres estaba ubicado nun dos edificios do Museo Provincial, o que dá fachada á rúa Sarmiento [esquina con Pasantería], sei de certa broma que os alumnos lle gastaban a un profesor… Na clase oíase unha especie de zoar, a un e outro lado da aula. O profesor, un santo varón, perguntaba: ¿Pero qué pasa?, Debe ser algún barco no Borrón, contestaban os alumnos.

É decir, estamos a nos referir a unha época, alá polo 1920, na que aínda entraban pequenos barcos á zona do Borrón [ou Verrón según outras versiós], que así se chamaba xa no século XIX a actual rúa Sierra. ¡E claro que había calado!. Aínda lembro parte da escalada da senrazón que aquí veu cercando as xunqueiras, convertido en vertedeiro o espacio onde agora se sitúa o edificio da Cruz Roxa/Vermella; o espacio do actual estadio da Xuventude era un humedal vivo, no que os cazadores cobraban algunha que outra peza. Pero non foi “o Continente o que invadeu a ría”, foron os homes os autores da agresión. E agora dan a nova, [traída de Madrid polo actual xefe de Costas do Estado, Cristóbal Fernández] de que ese departamento, dependente do ministerio de Medio Ambiente, está a considera-la posibilidade de renunciar ó dominio da área conformada polos centros Vidal Portela-Maxisterio-Centro de Adultos e mái-lo Estadio da Xuventude, algo que parece estar en contradicción coa afirmación de que o dominio público marítimo terrestre é “inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación”.

Se a viabilidade dunha restauración deses espacios pode parecer imposible, todo sería cuestión de vontade política; que mesmo outra administración local [con outras xentes, quero decir] podería tomarse en serio a recuperación do capital natural, a tenor da Axenda21Local, instrumento cunhas posibilidades inmensas, pero do que parece se esqueceron na redacción do PXOM, como xa temos dito, mentres andan con “picos” [que sí a nova ponte d´As Correntes, que si o macronudo de Mollavao a tres niveles ou o deseño dunha nova ribeira ó longo da “avenida” de Marín], co que demostran que nunca tiveron “in mente” unha verdadeira restauración do litoral, a permanencia de Pontevedra como porto de mar. E así van enredando ó persoal. E xa non poden, naturalmente, adoutar nengún típo de prédica ecoloxista, tendo en conta, ademais, que siguen mirando cara outra parte en asuntos sentenciados polo T.S.; vamos, que non lles interesa a reposición da legalidade.

Se lles entregan como desafectados os espacios citados, estes poderían ser incluso enaxenados. Preocupante. Pero, en fin, que haxa unha certa vontade de se facer co botín non quer decir que se vaia producir, realmente, a desafección. A Lei de Costas pode ter, tamén, a lectura de que non é posible, como por exemplo di no art. 5, [pertencen asimesmo ó dpmt estatal]:….”2, Os terreos gañados ó mar como consecuencia directa ou indirecta de obras e os desecados na súa ribeira”. Pero aínda parece máis preocupante a afirmación do novo delegado de Costas de que se o concello quer “xogar” coa autovía de Marín é necesario que solicite a oportuna concesión [certo], que el ve viable [¡qué horror!]. ¿Pra cándo a fin da involución da ribeira e da ría, prá que non parece quedar outro destino que a de se convertir nun enorme pozo negro?

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Como bien dices,Xesús,la rehabilitación es exclusiva de que exista esa voluntad política o no.
En sus manos,(como tantas cosas...),queda.

xesús lópez fernández dijo...

No hay voluntad. Lo he dicho muchas veces. Y lo vergonzoso es que anden a vueltas con el PXOM y se les haya olvidado la Agenda21Local.
Mucha Carta de Aalborg, mucha sustentabilidad y, si los dejan, aumentarán la bolsa de solares a costa de las marismas que habría que recuperar.