martes, 23 de febrero de 2010

ITINERARIO CULTURAL DE MONTERO RÍOS

O monumento a Colón tivo como asento orixinal o pazo de Montero Ríos, en Lourizán. Agora leva máis de medio século nos xardíns de Vincenti, notablemente deteriorado.
Esta verxa cerra o Centro Forestal de Lourizán na súa parte máis baixa. Mide douscentos metros e, prá súa construcción, Montero Ríos solicitara un préstamo.
-
Pontevedra, 23.02.2010
-
Entrada n. 1179 do blog
-
ITINERARIO CULTURAL DE MONTERO RÍOS,
por Xesús López Fernández
-
Catro colectivos sociales de Lourizán-Praceres [Asociación Estriceres, Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, Comunidade de Montes de Lourizán e Asociación San Andrés de Estribela] están solicitando a reposición da memoria histórica do lugar, especialmente o bo facer de Montereo Ríos.
-
Restaauración do pazo de Lourizán, do arboreto, da verxa que lle dá cerre pola parte baixa ó Centro Forestal de Lourizán, recuperación do monumento de Cristóbal Colón, hoxe en Pontevedra, e integración, no Itinerario que propoñen da igrexa de San Andrés de Lourizán, o edificio da punta d´Os Praceres, [hospedeería prás visitas que recibía Montero Ríos], e tamén a illa de Tambo, antigua propiedade do noso político.
-
Están traballando ben as xentes de Lourizán-Praceres. Pero difícilmente han consegui-los seus propósitos nen por mediación de sentencias do TS, que parecen inútiles ante o tremedal de corrupción, a gran chafuldra na que se convirteu o noso patio político. Acaso sexa o momento pra estas xentes de pensaren nunha segregación territorial, na creación dun novo Concello.
-
(As fotos son de La Voz de Galicia)
-

5 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Es una pena que se encuentre en ese estado de abandono tan lamentable,algo que sin duda es un patrimonio a conservar.

xesús lópez fernández dijo...

Colón está manco y además le han roto la nariz.
Veo inviable que las gentes de Lourizán-Placeres puedan iniciar un proceso de segregación del Ayuntamiento de Pontevedra, que sería el camino lógico a una situación social y de deterioro histórico y paisajístico que parecen irreversibles de la mano de los actuales administradores de la cosa, tanto locales como autonómicos.
Y también de la Administración Central, igualmente delincuente en la construcción de la EDAR d´Os Praceres, en dominio público marítimo terrestre.

DonFiliberto dijo...

A min paréceme unha proposta interesante.Unha vez máis ten que sair dos veciños e non do ente "Terras de Pontevedra" que se inventou para promocionar o turismo da bisbarra. Tamén teñen que incluir o do deterioro da paisaxe.

xesús lópez fernández dijo...

Algo pode estar a se mover en Lourizán, porque desta volta son catro as asociaciós que van xuntas.

o blog de xesús lópez dijo...

Insistamos no tema e tamén no tremedal de corrupción política que impide a recuperación do noso litoral.