jueves, 18 de febrero de 2010

NOVA ETAPA [16.06.2003]

A partida que non vai. Alguén creeuse en Pontevedra como o persoaxe de Stefan Zweig que chegara memorizar 150 partidas e partía coa moral do gañador. Finalmente, non foi así, a cidade, o taboeiro das súas partidas infernales, é difícilmente reconocible. Pódese poñer, se cabe, unha nota de maior dolor: unidireccionalismo, peatonalización salvaxe, ruína comercial, a cidade como gran cerrada, primeiro cos mosquerós como remedo do muro de Berlín, agora sustituídos por bolardos. Xa só falta a cerca de alamio de espiño. Cidade derrotada.
-
Pontevedra, 18.02.2010
-
Entrada n. 1174 do blog
-
Artículo recuperado do 2003, que visto agora parece profético. Tódo-los disparates estaban calendados.
-
Nova etapa, [16.06.2003]
Por Xesús López Fernández


Con pacto ou sen pacto comezan a nova andaina os distintos concellos. Nalgús acabaron con certa forma de facer política, como en Ponteareas, onde catro concelleiros do PP votaron polo candidato do PSOE, por un dos dous concelleiros do PSOE. Mentres, en Vigo foi finalmente posible o pacto PSOE-BNG, coa renuncia dos nacionalistas a Urbanismo, área onde estaban a traballaren mellor que en Pontevedra. Aquí temos máis noticias do que pasou despois da rotura das negociacións, o 12.6. Cada unha das partes [Lores, Casal], a conta-las cousas ó seu xeito. Pero como os contactos seguiron no curso da fin de semáa, a xente xa non sabe a quén facer caso, porque máis alá das conversas posibles está o pacto global a nivel de Galicia, e ó mellor tócalle a Pontevedra perder de novo se os socialistas van finalmente pactar como no 1999, cando o PP foi a lista máis votada. ¿Por qué o PSOE non insiste en quedar pra sí a área de Urbanismo, tal vez outras, se poden incluso negocia-la alcaldía? Porque aquí, como en Ponteareas, pode haber outras opcións.

¿Qué foi da campaña do PSOE? Porque foron diversos os colectivos que demandaron soluciós ou compromiso formal en que, pola vía da participación no goberno local ou pola de exerceren unha oposición implacable, serían revisadas certas cuestiós no tema circulatorio, nos atrancos e ameas agora dispostas como trampas, no exceso peatonalizador forxador de ruínas e ausencias, etc. etc. Pero arrancado o novo periodo, a moita xente se lle encolle o corazón, temerosa de que nos atopemos ante unha reedición da etapa anterior, de perda de libertades, de cidade en estado de sitio, cando aínda non se finou coa situación anterior: a indefinición como permanente enroque, na que as ameas afloraron no último momento como forma sintética do que ven funcionando como unha especie de férrea muralla ou de despótico “muro de Berlín”, fin dun cúmulo de ecuaciós finalmente despexadas, entendibles dende unha linguaxe matemática, pero non no día a día das relaciós antre cidadáns e comerciantes; nen polos turistas que nos queren visitar e non poden.

Non sabemos se aquí [despois de tanto ter xogado con plaquetas, terrazos e paralepípedos] non terá acontecido algo similar ó que lle pasou a un persoaxe de Stefan Zweig, un xogador de xedrez, home que estivera detido pola Gestapo e sen outro contacto co mundo que un libro con 150 partidas de xedrez, que o home chegaría a memorizar. Eso permitiríalle gañar incluso a un campeón porque o seu cerebro traballaba como unha máquina, procesadas todas e cada unha das partidas célebres aprendidas no libro: cadro branco, cadro negro, branco, negro, branco....Pró home perdérase o sentido da realidade e non había outras colores que as dos circuítos do taboeiro de xedrez, todos eles con esquinas, montados en base ós sesenta e catro cadrados do espacio de xogo. Cando paseo polas rúas da nosa vila, lémbrome do persoaxe de Stefan Zweig; pergúntome se aquí non terá acontecido algo así co redeseño de certas avenidas i espacios, porque somos moitos os que vemos que esto non funciona, imposible xa un plan de emerxencia. E parece haber unha certa megalomanía nas palmeiras integradas nos alcorques-muralla, como se fosen realmente damas de xedrez, convertida en taboeiro a propia cidade.

Moita xente agarda do PSOE unha actitude firme na defensa dos valores democráticos e do noso patrimonio histórico, artístico e ambiental; tamén que non van consenti-la degradación da Ferrería, e que van traballar pola recuperación de certos lugares. Ese colectivo de cidadáns agarda que, se van exercer como oposición, en nengún momento se atopen atados como no mandato anterior á hora de suscribiren a moción de censura que poida ser necesaria nun momento dado. Ó longo dos pasados catro anos houbo mostras dunha clara ingobernabilidade, algo que Teresa Casal defineu como “sistema de áreas autistas”, do que dixo que, naturalmente, non é bo. E de autistas viaxaron os socialistas no pasado mandato, reféns dun equipo de goberno que perdeu as claves democráticas. Coido que así o entenden moitos cidadáns que queren ver en todo momento a un PSOE non cautivo de nadie. Parece que, nese sentido, hai descontento incluso nas bases do partido.

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Al final siempre es lo mismo,Xesús,palabrería vana y hueca.
Les importa una higa el patrimonio histórico, artístico y ambiental,salvo si sirve hacer uso de él, para sus intereses.

xesús lópez fernández dijo...

Xa están de novo en campaña. Pero despois de ter acabado coa cidade, a TEresa Casal, concellala de Urbanismo na zona vella, onde todo escacha, non se lle ocurre mellor cousa que propoñe-la minoración de carga e descarga.
Según ela, son os vehículos de servicio os que esgazan as pedras do chan, de mal material, ou simples baldosas.
Á fin, pode que os que vivimos na zona vella nos quedemos sen o servicio do butano, cando realmente non houbo outros culpables do acontecido coa cidade que os integrantes do goberno local, estalinistas.