domingo, 7 de febrero de 2010

O humedal sustentable

Agullas colipintas, n´A Lanzada, que forma parte do conxunto intermareal Umia- O Grove, Convenio Ramsar, zona de protección de aves, ¡tantas veces agredido!
-
Pontevedra, 7.02.2010
-
Entrada n. 1152 do blog
-
Artículo semanal
-
O humedal sustentable,
por xesús López Fernández
-

Xa quedou atrás o Día Mundial das zonas húmedas, o 2.02, o día no que tamén emparellan os paxaros, e xa carecen de sentido os discursos políticos tirados do caixón pra lembrare que foi outro dous de febreiro, no ano 1971, cando se asinou o Convenio Ramsar de protección de marismas, lagoas, brañas, xunqueiras e zonas húmedas en xeral, especialmente como Hábitat de Aves Acuáticas, conocido abreviadamente como Convenio Ramsar que é, como se sabe, unha cidade iraní costeira do mar Caspio. O seu obxetivo é a conservación e uso racional das zonas húmedas por medio de acciós de carácter local, rexional ou nacional e gracias á cooperación internacional, como aportación ó utópico desenvolvemento sustentable en todo o mundo, porque son un indicador da súa saúde. No ano 2007 eran 154 os estados que se tiñan sumado ó dito acordo, protexendo 1401 marismas, brañas, xunqueiras, conxuntos intermareales, lagoas, etc., cunha superficie de 146,4 millós de hectáreas, designadas pra seren incluídas en espacios de rango internacional.

España ten catalogados como espacios Ramsar 63, cunha superficie de 221.392 hectáreas, algús de importancia relevante como Doñana ou as Táboas de Daimiel. Este último pasa por malos momentos. En Galicia, o país dos mil ríos e con amplia costa, dispoñemos soamente de seis acollidos ó Convenio Ramsar: Complexo Intermareal Umia-O Grove, Corrubedo, Lagoa do Areal e Valdoviño, río Eo e rías de Ortigueira e Ladrido. O país con maior número de sitios Ramsar é o Reino Unido, con 169. Non obstante, estes datos, que parecen demostrare unha actitude de verdadeira vixía na conservación do medio ambiente, non se corresponden coa realidade. Non importan avisos como o dado polo Colexio de Biólogos de Galicia en demanda dunha maior atención sobre o estado de conservación das marismas, brañas, turbeiras e lagoas prás que piden un uso sustentable, maior atención na súa conservación e non o seu uso como simple noticia.

Ecoloxistas en Acción considera que, efectivamente, a situación de moitos destes sitios é preocupante, porque ó longo de séculos foron tratados como ermos e sitios insalubres, lugares a desecar, tanto que nas últimas décadas desapareceron o 60 por cen das zonas húmedas do Estado español por algunha das seguintes causas: a agricultura e mái-lo seu uso de augas de río ou soterrañas; os vertidos de augas contaminantes e residuos e a construcción de infraestructuras de transportes e urbanizaciós nas súas marxes. A maioría das zonas protexidas Ramsar contan con algunha que outra figura de protección: parque natural, ZEPA [Zona especial de protección de aves], o que non evita que sofran graves problemas de contaminación, considerándose que a mitade deles están gravemene alteradas, especialmente as situadas na costa, pola agresión urbanística e a contaminación ambiental.

Acabemos coa consideración final do discurso político pró momento xusto do pasado día dous. E así, en Vigo, o departamento de Medio Ambiente fixo pública a súa decisión de rescatar da degradación a catro zonas húmedas: A Bouza, en Coia, dúas en Comesaña (Goberna e San Andrés, calificada polos redactores do plan como de alto valor ecolóxico), e finalmente a d´O Vao, todo a favor da sustentabilidade. Son espacios importantes prá ecoloxía local, se as cousas se fan conforme ó discurso prometedor da rexeneración deses espacios, pero curiosamente nada dixeron en relación coas marismas d´O Lagares, ocupadas ilegalmente pola edar que afecta ás praias de Samil e Canido, humedal protexido contaminado e degradado polas industrias e vertidos, tamén urbáns, sen depurar, situación de presunta ilegalidade sobre a que foi incoado procedemento xudicial n. 4239/2008 ante o TSXGalicia. Esa referencia, que presentaron os afectados de Coruxo ante Bruselas o pasado 28.01, faltou no discurso político da sustentabilidade, o pronunciado o día da Candelaria.
-

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Reintroduzo esta entrada. No enlace que vai incluído coméntase que as dez depuradoras da ría de Vigo son deficientes, a do Lagares presuntamente ilegal, como a de Pontevedra, a edar d´Os Praceres, na que se meteu diñeiro da UE, supostamente engañada por ter sido construída en dominio público marítimo terrestre.
A deriva dos fondos da UE debería estar sempre rigorosamente controlada.