viernes, 26 de febrero de 2010

POL E PXOM, REGUEIFA

Tramo Pontevedra-Marín da autovía asentada en dominio público marítimo terrestre e que ampara un complexo presuntamente fóra da Lei.
-
addenda. 27.02.2010. Pérez-Reverte acaba de facer unhas novas declaraciós, esta vez en relación cunha novela que vai ser presentada este próximo mércores: El Asedio.
-
No curso da conversa o home analiza a situación actual do país e chega decir algo que ten unha especial aplicación no fondo do que aquí se comenta: "España es un país gozosamente inculto, que incluso alardea de ser inculto, y con gente así, hacer esa ley de memoria histórica es ponerle una pistola en la mano".
-
Con pistola ou sen ela, a situación de incuria da nosa caste política no tema medioambiental é pra se botar a chorar.
-
Pontevedra, 26.02.2010
-
Entrada n. 1187 do blog
-
POL E PXOM, REGUEIFA,
por Xesús López Fernández
-
Os partidos poden ter ante sí dúas armas dialécticas nas que non trascende, necesariamente, a democracia que debería estar presente en ambos casos:
O Plan de Ordeación do Litoral, que non está debidamente explicado e no que o BNG pode ter un arma demagóxica pra comezare a súa campaña electoral e a recolleren asignaturas contra o mesmo, aínda que suspendan en PXOM. Firmas son votos.
-
O PP podería ter gañada a partida do PXOM se denunciara o que nel pode haber de ilegal e mostrarse, de paso, máis ecoloxista que os estalinistas do BNG, que os meteron na Carta de Aalborg das Cidades Europeas con Susantabilidade, cando resulta que agora nos furtan a Axenda21Local, algo que neste blog tense dito moitas veces. A influencia dos clústers parece certa porque non se aprecia en nengún dos grupos unha transparencia clara cara a sustentabilidade ambiental. ¿Será capaz o PP de capitalizare unha oferta real de salvación da ría?. Firmas serían votos, porque o BNG xa non está pola recuperación das marismas de Lourizán, algo máis amplio que Ence, discurso distinto.
-
Pero é que ademais o ministero de Fomento non quere retira-lo proiectado macronudo da punta de Mollavao, a que se aprecia na fotografía de La Voz que ilustra este post, a mesma á que o BNG non lle fixo ascos, que mesmo comezaran a deseñaren unha nova ribeira.
-
Telmo Martín insiste en que hai que recupera-la praia de Pontevedra e retira-la autovía Pontevedra-Marín, a mesma á que eu accedía de pequeno en tranvía, idea que tamén Telmo quere recuperar; a edar tamén, por suposto. Ideas non lle faltan.
-
Noticias relacionadas:
-
-
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Cada uno juega sus cartas motivadas exclusivamente por intereses políticos.
Es unq falacia absoluta y en cuanto se rasca salen a relucir las auténticas motivaciones que habitan tanto en el BNG, como en el PP o en el PSOE a través del Gobierno de Don José Blanco y sus "concetos",tan peculiares ellos...

xesús lópez fernández dijo...

Volvo tocar este tema no meu artículo do luns, en clave un tanto humorística.
Saúdos,