miércoles, 17 de febrero de 2010

A XUBILACIÓN COMO SALVACIÓN E PREMIO

Luís Paisa Gil xubílase o próximo 25.02.2010. Industrial conocido da zona do Mercado, contou un relato que resulta emotivo, máis aínda dend´a intrahistoria que se lle pode engadir.
-
Pontevedra, 17.02.2010
-
Entrada n. 1168 do blog
-
A XUBILACIÓN COMO SALVACIÓN E PREMIO,
por Xesús López Fernández
-
Luís Paisa xubílase. No seu relato, aínda que non-o diga con estas palabras, fala da ruína da zona a consecuencia da reforma practicada polo goberno local estalinista.
-
Permanecere na profesión máis tempo implicaría unha mordida na pensión que lle queda. Coido que unha mordida dun 10 por cen según o novo plan xubilatorio de ZP. É decir, a humanización [léase ruína] da zona vella promovida polo BNG coa peatonalización salvaxe alí imposta tería como rúbrica final, nos plans de ZP, a mordida apuntada.
-
Non vou engadir máis nada. Inclúo un enlace de La Voz, do que recomendo lectura completa, xa que na parte final, como detalle de "humanización", dáse noticia dunha centenaria de Campañó, á que Lores visitou e levou un ramo de flores, cando sería máis orixinal que se achegase a visitar a Luís Paisa e, de paso, a lle pedir perdón a el e a tantísimo comerciante da zona vella que levou á ruína.
-

2 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Que indecencia non contar con esta xente á hora de facer as "reformas urbanas".

xesús lópez fernández dijo...

Contaron con algún subvencionado e con certas asociaciós.
I eu insisto en que habería que lle devolve-los cartos a Europa, os fondos Urban, porque non revitalizaron o barrio, arruinárono por completo.